4 de out. de 2022

A GUARDA

TRANS MIÑO LGTBIQ+ SACA A SÚA PRIMEIRA ACCION FORMATIVA CONTRA O ACOSO LGTBIFÓBICO 




Asociación Trans Miño / A Guarda

 O departamento de Educación a Diversidade, pertencente á Asociación Trans Miño vén impartindo charlas formativas nos centros educativos, co programa Eduquemos a Diversidade. Este programa xa estivo no IES A Sangriña (A Guarda), IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), IES San Paio e Indalecio Pérez Tizón (Tui), e no CPI Cova Terreña, de Baiona. Tras as avaliacións feitas tanto ao alumnado como ao profesorado do programa impartido, unha das observacions que se encontrou por parte do profesorado é que lles falta formación para facer fronte a unha diversidade de alumnado cada vez maior. Por parte do alumnado recoñecían haber casos de agresións e de acoso LGTBIfóbico. 

 Tras analizar os casos durante estes tres anos detectan unha necesidade a cal se lles da resposta desde o departamento de Educación e Diversidade sacando un novo programa, que leva por título Acción Formativa. Os obxectivos deste programa son facilitar as ferramentas necesarias para que teñan os coñecementos e as habilidades así como as capacidades, para corrixir esta deficiencia que se detectou. Para iso o departamento de educación na diversidade xunto con Trans Miño LGTBIQ+ elaboran a primeira Acción Formativa. Este logro  formativo leva por título Prevención, Detección e Intervención Bullying LGTBIfóbico, que se celebra na Guarda, para o cal xa están abertas as preinscricións. Os obxectivos desta formación capacitará ao alumnado para prevención, detección, intervención sobre o acoso LGTBIfóbico, coñecer con intervir en unha situación de acoso LGTBIfóbico e promover a diversidade afectiva sexual. Sendo os destinatarios todo aquel persoal relacionado con ámbito socioeducativo, procesionais da a educación tanto formal como non formal e monitores das actividades de lecer e tempo libre. 

 A inscrición está aberta do 5 ao 22 de outubro, podendo solicitar máis información e mesmo solicitar a súa preinscrición no correo electrónico transminho.lgtbi@gmail.com ou ben por teléfono ou WhatsApp 626 420 874 ou acudindo a oficina comarcal LGTBIQ+ do Baixo Miño situada nas antigas aulas do colexio Sinde vello (A Guarda). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario