19 de out. de 2022

A GUARDA

XXII CONCURSO INTERNACIONAL DE PESCA COSTA-MAR

Organizado por O Buxeiro, terá lugar o domingo 4 de decembro de 2022



Infogauda / A Guarda

 A Agrupación Guardesa "O Buxeiro", con autorización da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, organiza un campionato de pesca deportiva costa-mar, que levará a cabo o día 4 de decembro do 2022.

 Poderán participar nese concurso todos aqueles pescadores que estean en posesión da licenza de Pesca Marítima Recreativa en vigor, sendo esta imprescindible para que se permita a súa inscrición.

LUGAR DE INSCRICIÓN E PREZO  

 Cafetería do Club de Tenis Codesal -– Teléfono: 670 691 403. 

 O prezo da inscrición por participante fixarase en 10 euros para os non socios e 5 euros para os socios.

LUGAR DE CONCENTRACIÓN  

 Chaira do porto de A Guarda (zona aparcamentos) ás 07:30h. 

 No lugar de concentración a Organización proporcionará a cada un dos concursantes unha bolsa para entregar as capturas a pesada marcada cun número.

LUGAR DE CONCURSO  

 O concurso terá lugar no tramo de costa limitado ao norte polo dique de abrigo do porto deportivo de Baiona e ao sur coa desembocadura do rio Miño, Punta dos Picos. 

 O litoral onde se celebrará o concurso é accidentado e con suficiente mar, perigoso, por iso, rógase aos participantes que adopten as máximas precaucións posibles. 

 Por se tivese lugar un accidente que ocasionase unha lesión ou dano aos concursantes, a Organización subscribiu un seguro de responsabilidade civil. 

A COMIDA: PETISCOS VARIADOS, COCIDO GALEGO, SOBREMESA, CAFÉ, CHOPO, VIÑO E REFRESCOS  

PREZO 25 EUROS POR PERSOA.   

 A Organización non admitirá a participación de concursantes infantís a non ser que vaian acompañados dun adulto, responsabilizándose este dos mesmos, debido ao posible perigo do terreo en que se desenvolve o concurso.  

 Os concursantes, polo mero feito de inscribirse e participar, están obrigados a respectar as normas contidas neste documento, respectando en todo caso as decisións dos membros da organización. De non ser así, serán descualificados sen dereito á devolución do importe da inscrición.  

 Os concursantes deberán observar en todo momento a lexislación vixente en materia de Pesca Recreativa, excepto no que respecta á cota máxima de capturas, que poderá ser pasado.  

De xurdir algunha dúbida, os rexistrados poden poñerse en contacto con o teléfono 670 691 403 ou dirixirse a calquera membro da xunta  directiva.  

ENTREGA DE CAPTURAS  

 Ás (13:00 h) horas acabará o tempo destinado ao concurso. A partir dese momento, os pescadores entregarán as capturas no posto de pesada que será no Restaurante do Cámping Santa Tecla.

 As capturas entregaranse dentro da bolsa numerada, que lle foi entregada a cada un dos concursantes antes do inicio do mesmo. 

 Ás 13:30 h, terminarase o prazo e non se admitirá a entrega de máis capturas.

ENTREGA DE TROFEOS  

 A entrega de trofeos celebrarase no Restaurante do Cámping Santa Tecla ao terminar a comida que celebraremos ás 14:30h 

(Entrega de trofeos: Ás 17:00 h.).

Ningún comentario:

Publicar un comentario