11 de set. de 2022

DEPORTES

 PIRAGÜISMO

6 MEDALLAS PARA O DEPORTIVO MIÑO-TEIXUGOS 

NO CAMPIONATO GALEGO DE SLÁLOM







Informa (fotografías e redacción): Rosa Fernández Carrera     

 Este sábado, na localidade de Arbo, celebrouse o Campionato Galego de Slálom. Nas augas do río Miño, piragüistas das categorías sénior e júnior, mediron as súas forzas.  

 O Club Deportivo Miño - Teixugos acudiu con cinco deportistas, e todos eles conseguiron subir ao podio.  

 Laura Alonso gañou en K1 muller sénior. Emilio Rodríguez tamén foi o gañador en K1 veterano. Sergio Rodríguez, en K1 júnior, conseguiu a medalla de prata. Ainhoa Barreiro, en K1 júnior, tamén foi segunda. Alba Soutelo participou en K1 júnior, onde obtivo a medalla de prata e en C1, onde resultou gañadora.  

 Tres medallas de ouro, dúas de prata e unha de bronce é un impresionante balance para os Teixugos na máis importante das competicións da Liga Galega de Slálom.  


Padexeiras/o do Club Deportivo Miño - Teixugos

 Na clasificación por equipos, o Club Deportivo Miño - Teixugos, rematou cuarto.  

 Tamén se celebrou a competición por equipos ou patrullas. Laura, Ainhoa e Alba formaron equipo en K1 sénior, sendo o único que baixou na categoría, o que denota o grave problema que atravesa este deporte na categoría sénior feminina, reflexo dunha sociedade na que as mulleres, chegada unha idade, deixan de practicar deporte, fronte a unha maioría de homes que si continúan. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario