O Concello mellora os camiños rosaleiros en colaboración coa Mancomunidade do Baixo Miño
Foron dous meses de intenso traballo no que se asfaltaron máis de 7.300 m2. Operarios do Concello traballaron man a man cos da Mancomunidade, que tamén achegou a maquinaria necesaria
Infogauda / O Rosal
O Concello
do Rosal vén de rematar dous intensos meses de colaboración coa Mancomunidade
Intermunicipal do Baixo Miño para a posta a punto dos camiños rosaleiros. Unha
mellora das sendas de acceso ao río Miño dende As Eiras ata Pías, así como dunha
decena de camiños asfaltados coa que o Goberno municipal busca “unha
recuperación destas zonas ao abeiro da estratexia de mellora progresiva dos
camiños do Rosal, garantindo o seu mantemento e recuperación empezando por
aquelas zonas que presentan un maior estado de deterioro e que son empregados
con maior frecuencia e por un maior número de veciños e veciñas”, explica a
alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
A
través desta colaboración, a Mancomunidade achega a maquinaria necesaria para
os labores de preparación e asfaltado en frío, así como tres operarios que
traballaron man a man durante este tempo con operarios municipais para abordar
máis de 7.300 metros cadrados de camiños. A contorna do Camiño da Lomba e a
ponte de Pau foron as zonas onde se arranxou unha maior superficie de camiños,
con case 2.250 metros cadrados asfaltados, seguida das Eiras (case 1.700 m2),
San Miguel (1.570 m2), Tabagón (case 1.000 m2), a contorna do Carrascal (900
m2) ou algún tramo en Portecelo.
Como
salienta a rexedora, “dende o Concello queremos que todos os espazos de lecer sexan
accesibles para a veciñanza, por iso traballamos na mellora progresiva dos
camiños secundarios do Rosal”. Unhas melloras polas que seguirá apostando o
Goberno municipal, que sacará en breve a licitación pública o asfaltado de máis
camiños e estradas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario