O Concello do Rosal instala catro puntos para a recollida de cápsulas de café usadas
Na súa aposta pola sostibilidade, o Concello rosaleiro facilita á veciñanza a reciclaxe de cápsulas de café
Infogauda / O Rosal
O
Concello do Rosal, cada vez máis comprometido co Medio Ambiente instalará catro
recolectores de cápsulas de café usadas tanto de plástico coma de aluminio. Únese
así, á rede de ARECafé, un proxecto de recollida e reciclaxe deste tipo de
materiais recentemente lanzado por 24 compañías fabricantes de cápsulas de
café.
Os recolectores
instalaranse, á maior brevidade, nas seguintes ubicacións:
- Concello
do Rosal. Praza O Calvario, 1. O Calvario.
- Auditorio
Municipal. Rúa do Couso, 21. O Couso.
- Centro
social polivalente. Rúa Cabaqueiros, 2. O Calvario.
- Punto limpio. Valdemiñotos, s/nº.
Unha vez recollidas e transportadas á planta correspondente, as cápsulas recibirán o seguinte tratamento: chegarán á planta de reciclaxe, onde se extraerán os pousos de café, que se separán para tratarlos adecuadamente e, posteriormente, poder utilizalos como abono de uso agrícola, debido ao seu alto contido de nutrientes. As cápsulas, xa abertas e baleiras, serán separadas segundo o seu material. As de aluminio fundiranse para poder reutilizar o metal. E as cápsulas de plástico serán tratadas para seren utilizadas na fabricación doutros productos, como macetas, mobiliario urbano, ou ratos de ordenador, por exemplo.
Con esta iniciativa, O Rosal súmase a un sistema que conta xa cun total de 89 enclaves de recollida na provincia de Pontevedra e, na totalidade da Comunidade Autónoma, a cifra ascende a 274. Ademais, o obxectivo a medio e longo prazo é ampliar o número de puntos de recollida para dar unha maior cobertura e acceso á reciclaxe de cápsulas de café usadas e garantir, deste xeito, á tan necesaria sostibilidade ambiental.
Ningún comentario:
Publicar un comentario