Río Tollo, comprometido coa seguridade do seu persoal
A empresa incorporou dous desfibriladores para reaccionar con rapidez e precisión en caso de parada cardiorrespiratoria
Viveiros Río Tollo / Goián
Un dos piares fundamentais de Viveiros Río Tollo é o seu capital humano, por iso velar cada día pola seguridade de nosas e os nosos traballadores é de vital importancia. Con este obxectivo, colocamos dous desfibriladores nas nosas instalacións.
Desgraciadamente, a morte súbita ou parada cardíaca é un problema frecuente e que sucede, ademais, de forma inesperada. Por este motivo, a responsabilidade empuxounos a converter Río Tollo nunha empresa cardio segura e protexer aos nosos empregados e empregadas.
Dada a ampla extensión da empresa, colocamos dúas desfibriladores, un na zona de produción e o outro está situado na zona de pedidos. Ambos están xa instalados e listos para o seu uso aínda que o ideal sería non ter que facelo.
Unha parte do equipo conta con formación en primeiros auxilios e xa manexou este tipo de instrumentos salvavidas. Con todo, a previsión é seguir formando no uso dos desfibriladores a máis traballadoras e traballadores.
Ata entón, ante calquera sospeita de emerxencia cardíaca, o procedemento para seguir será telefonar ao 112 e seguir as instrucións dos técnicos.
Río Tollo latexa con forza e con seguridade. Este tipo de accións son as que permiten que sigamos cultivando futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario