A muralista Lidia Cao deixa a súa pegada na vila grazas ao Consello da Infancia e da Adolescencia de Tomiño
O mural é unha das propostas que o grupo de participación Voces Novas lle fixo ao Concello.
Infogauda / Tomiño
As nenas
e nenos de “Voces Novas” solicitaron ao Concello o pintado dun mural co
obxectivo de disimular unha das medianeiras que afean o entorno de Tomiño e o
Concello acolleu de bo grado esta iniciativa que busca acabar co “feísmo” na
vila.
O
Consello da Infancia realizou unha enquisa entre o alumnado do IES e das
escolas de Tomiño para decidir, democráticamente, a temática do mural. Por unha
ampla maioría, o ganador foi o medio ambiente ou a natureza, uns temas cos que
as novas xeracións tomiñesas están moi concienciadas.
No
proceso de selección, “Voces Novas” contactou con varias artistas para
explicarlles a súa proposta e, finalmente, foi Lidia Cao a persoa elixida, pois
entendeu á perfección o que estaban a pedirlle.
As nenas e nenos do Consello da Infancia e a Mocidade querían reflectir
no mural a súa implicación no coidado do medio ambiente e a súa relación de
respecto e admiración pola natureza.
O boceto,
transformado xa nun mural de 147 metros cadrados na parede dun edificio da rúa
República Arxentina, é a imaxe dunha rapaza cun paxaro na cabeza e o perfil dun
can, un deseño vangardista, bello, directo, que mellora o aspecto da zona á vez
que reinvindica a paixón polos animais e un profundo respecto pola natureza, a
mensaxe que “Voces Novas” pretendía enviar ao conxunto da sociedade.
Lidia Cao é técnica superior en Ilustración pola Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Pablo Picasso, de A Coruña. Ten participado cos seus traballos en festivais de arte urbano dentro e fóra de España, e a pesares da súa curta idade xa se ten posicionado como unha das máis importantes artistas nacionais dentro do seu campo.
A posta en marcha do órgano de
participación infantil e xuvenil “Voces Novas” de Tomiño é unha das acción
levadas a cabo polo concello de Tomiño para conseguir o selo de Cidade Amiga da
Infancia concedido por Unicef, que recoñece o labor dos municipios a prol de
mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes, a súa participación
activa na vida municipal e a promoción e implantación de políticas locais que
garantan o seu desenvolvemento integral cun enfoque de dereitos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario