Serafín Zubiri e a Banda de Goián renden homenaxe a Nino Bravo
A Agrupación Musical de Goián actuará xunto a Serafín Zubiri este venres 19 de agosto na do Praza Pintor Antonio Fernández
Infogauda / Goián (Tomiño)
No marco do
ciclo “O Son da Prazas”, a Agrupación Musical de Goián, dirixida polo Mestre
Pedro Villarroel González, unirase á voz de Serafín Zubiri nun gran concerto
chamado “Lembrando a Nino Bravo”. Trátase da actuación estrela do verán no
Concello e terá lugar este venres 19 de agosto a partir das 22.30 horas, na do Praza
Pintor Antonio Fernández de Goián.
Durante o
concerto recrearanse os temas máis emblemáticos de Nino Bravo e crearase un
clima moi emocionante no que as persoas asistentes poderán escoitar de novo directo
cancións tan relevantes como "Noelia", "Un beso y una flor"
ou os himnos "América, América" ou "Libre", entre outras
moitas composicións que forman parte do legado do cantante valenciano.
A vida de
Serafín Zubiri é unha aventura cun rumbo constante e definido: a superación a
través da música e o deporte. A súa cegueira de nacemento non lle impediu sacar
adiante a súa carreira como artista na que editou 8 discos e fraguou un
extraordinario currículo deportivo, nos que destaca a súa participación nos
festivais de Eurovisión dos anos 1992 e 2000.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, convida “á veciñanza a desfrutar desta
xornada inesquecible na que escoitaremos de novo os temas máis emblemáticos dun
artista admiradísimo como é Nino Bravo, coa magnífica interpretación de Serafín
Zubiri e neste caso, ademáis, acompañado pola nosa Agrupación Musical de Goián”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario