14 de ago. de 2022

DEPORTES

PIRAGÜISMO  

CATRO MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA 5ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM EN DUMBRÍA 




O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento con dez deportistas

Informa (fotografías e redacción): Rosa Fernández Carrera

 Onte  sábado disputouse no Campo de Slálom de O Couquiño, en Olveira, Dumbría, a 5ª Copa Galega de Promoción de Slálom. A promoción acolle a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos, que comezan o seu camiño no marabilloso mundo das augas bravas. Cada deportista baixa o circuíto dúas veces, contando a mellor das dúas baixadas para a clasificación final. 

 O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento con dez deportistas. 

 Rita Oliveira, en K1 muller benxamín, rematou en  cuarto lugar. Leila Álvarez, en K1 muller alevín, acadou a medalla de bronce; na mesma categoría, Nerea Álvarez foi cuarta. En K1 home pre-benxamín, Nicolás Piñeiro conseguiu a medalla de prata e Roque Oliveira o bronce. Outra prata máis para Lois Montenegro en K1 benxamín, e, na mesma categoría, Tiago Rey foi sétimo e Martín Vicente oitavo. En k1 home alevín, Iván Cruz acabou en novena posición. Pedro Lomba, en K1 infantil, foi quinto. 

 Catro medallas para os pequenos teixuguiños nesta 5ª Copa Galega, aínda que o máis importante destas competicións e facer deporte e amizades.

Na clasificación final por equipos, o club Deportivo Miño rematou en cuarto lugar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario