Celebrouse o II Torneo de Petanca Concello de A Guarda
Con grande éxito de participación
Infogauda / Camposancos
A paraxe do O Caldeiro, onde se atopa o Parque Deportivo O Codesal, a carón do río Miño, acolleu o pasado sábado día 20 de agosto a segunda edición do Torneo de Petanca Concello de A Guarda.
Foi unha xornada de deporte e lecer na que participaron máis dunha vintena de equipos de toda Galicia, oportunamente convidados pola xunta directiva do Club de Petanca O Caldeiro, que preside Andrés Mirás Bascoy.
O torneo, que contou cunha gran asistencia, tanto de participantes coma de público, rematou sobre ás 21:30h coa entrega por parte das autoridades locais, dos trofeos e medallas aos diferentes clubes participantes.
O deporte da petanca ten experimentado nos últimos anos un gran incremento de xogadores e de competicións, o que motivou a que o Concello de A Guarda apostase pola mellora das infraestruturas deportivas na zona do Codesal, onde o Club de Petanca O Caldeiro realiza os seus adestramentos e competicións, sendo unha das entidades con máis deportistas federados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario