PETANCA
CLUB DE PETANCA O CALDEIRO: UN TRIENIO - POR AGORA - DE IMPARABLE ACTIVIDADE
Infogauda / Camposancos
A xunta directiva está composta polas seguintes persoas:
Grupo de xogadoras/es de Camposancos e da Guarda
En conversas que mantivemos con Julio Alfonso e Soro Lourido puidemos saber de primeira mán que “(...) o número de socios ao día de hoxe é de 39 dos cales 22 xa están federados (licenciados) para competir nos diferentes torneos tanto nacionais como internacionais e mesmo en categoría de segunda nacional.
De feito, o Club de Petanca O Caldeiro vai participar con tres equipos (A, B, e C), no XXXI Trofeo Reconquista, de Vigo, organizado polo Club Petanca Vigo. Ata á cidade olívica desprazaranse 15 xogadores (14 varóns e unha fémina), todos eles federados, do Club de Petanca O Caldeiro.
“Estamos moi orgullosos do que logramos, grazas sobre todo ao entusiasmo e crenza do que estaba a facer o noso actual presidente e mentor deste proxecto Andrés Mirás. Así e por todo iso non podemos obviar, que somos o primeiro club de Petanca de todo o Baixo Miño”, conclúen os devanditos directivos.
Dese xeito, quen queira practicar ese deporte sabe onde atopar persoas abertas, dispostas a informar sobor dos pasos a dar para, se o desexa, formar parte do Club de Petanca O Caldeiro e disfrutar desas instalacions nunha paraxe ben fermosa, e en boa hora recuperada para o deporte.
CLUB DE PETANCA O CALDEIRO: UN TRIENIO - POR AGORA - DE IMPARABLE ACTIVIDADE
Vista panorámica das seis pistas existentes a día de hoxe no antigo campo de fútbol do Codesal (Camposancos)
Foto: Club de Petanca O Caldeiro
Infogauda / Camposancos
Desde
fai uns anos asistimos, poderíamos decir, a chegada a comarca do Baixo
Miño, dunha nova actividade deportiva, que denomínase: petanca.
Tanto
en Camposancos (A Guarda) como en Marzán (O Rosal), temos visto a
varias persoas - algunhas delas naturais de Italia - practicando ese
deporte, que algúns coñecíamos pola súa presenza puntual nalgúns
filmes, e tamén de velo practicar nalgúns lugares do noso
país.
Segundo
nos indica a Wikipedia, “a petanca é un deporte no que o obxectivo é
lanzar bólas metálicas tan preto como sexa posible dunha pequena bóla de
madeira, lanzada anteriormente por un xogador, con ambos os pés no chan
e en posición estática desde unha determinada zona”.
A
devandita enciclopedia libre, dínos tamén que “o deporte na súa forma
actual xurdiu en 1907 na Ciotat, Provenza, no sur de Francia, aínda que
os antigos romanos xa xogaban unha versión primitiva con bólas de pedra,
que foi levada a Provenza por soldados e mariñeiros romanos. O seu nome
procede da expresión "pè (s) tancats" ("pés xuntos") en lingua
provenzal. Existen varias federacións que regulan as competicións
oficiais deste deporte”.
No
que respecta á orixe da práctica da petanca na nosa localidade, podemos
decir que témola en Camposancos. Non soio porque algúns xogadores
comezaron a xogar a ese deporte nesa parroquia guardesa, senón polo que nos veñen
de informar algúns dos compoñentes do Club de Petanca O Caldeiro. Unha
entidade deportiva - que toma seu nome do topónimo co que coñécese a praia que atópase a carón do antigo campo de fútbol do Codesal -, e que nace en marzo do 2016. E daquela o Concello de A Guarda, coa colaboura da Entidade Local Menor de Camposancos, levaría a bó termo 4 campos
regulamentarios, de 4×15 m.
O
7 de abril do 2018 solicítase a inscrición no Rexistro de Deportes da
Xunta de Galicia, presentando nesta data a Acta Fundacional e os
estatutos que rexerán a social deportiva.
O 22 de outubro do pasado ano ratifica este organismo os estatutos e inscribe o club no Rexistro de Asociacións Deportivas de Galicia co nº C-13399.
En data 18 de febreiro deste ano inauguraron 2 pistas máis na mesma zona (antigo campo fútbol en Codesal).
Membros da xunta directiva do Club de Petanca O Caldeiro
Foto: Club de Petanca O Caldeiro
A xunta directiva está composta polas seguintes persoas:
· Presidente: Andrés Mirás
· Vicepresidente: Julio Alfonso
· Secretariado: Eloy Carrero
· Tesoureiro: Soro Lourido
· Vogal: Javier Martínez.
Grupo de xogadoras/es de Camposancos e da Guarda
Fotos: Infogauda
Grupo de xogadores italianos, afincados no Rosal, xunto con xogadores da Guarda e do Rosal
En conversas que mantivemos con Julio Alfonso e Soro Lourido puidemos saber de primeira mán que “(...) o número de socios ao día de hoxe é de 39 dos cales 22 xa están federados (licenciados) para competir nos diferentes torneos tanto nacionais como internacionais e mesmo en categoría de segunda nacional.
De feito, o Club de Petanca O Caldeiro vai participar con tres equipos (A, B, e C), no XXXI Trofeo Reconquista, de Vigo, organizado polo Club Petanca Vigo. Ata á cidade olívica desprazaranse 15 xogadores (14 varóns e unha fémina), todos eles federados, do Club de Petanca O Caldeiro.
Unha fonte e unha mesa con bancos complementan ás instalacions deportivas situadas a carón da praia O Caldeiro (Camposancos), cunhas incomparables vistas o río Miño e o veciño Portugal
Fotos: Infogauda
Fotos: Infogauda
“Estamos moi orgullosos do que logramos, grazas sobre todo ao entusiasmo e crenza do que estaba a facer o noso actual presidente e mentor deste proxecto Andrés Mirás. Así e por todo iso non podemos obviar, que somos o primeiro club de Petanca de todo o Baixo Miño”, conclúen os devanditos directivos.
Dese xeito, quen queira practicar ese deporte sabe onde atopar persoas abertas, dispostas a informar sobor dos pasos a dar para, se o desexa, formar parte do Club de Petanca O Caldeiro e disfrutar desas instalacions nunha paraxe ben fermosa, e en boa hora recuperada para o deporte.
Matizar simplemente que a día de hoy 11/03/2019 ya somos 43 los socios del Club de Petanca O Caldeiro de los cuales 23 ya estan federados. Saludos. Soro Lourido
ResponderEliminar