16 de ago. de 2022

A GUARDA

AS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2022 XA SON HISTORIA

O Desfile Folclórico Tradicional e das Bandas Mariñeiras. o Domingo do Monte e a tirada de fogos de lucería, puxeron o broche de ouro á edición máis agardada


Reportaxe fotográfica: Santiago Baz Lomba


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda 

 Dous anos - 2020 e 2021 - de resistencia, agardando tempos mellores, foron, entre outros, os principais motivos para que, por fín, neste 2022, á cidadanía poidese, pouco a pouco, ir recuperando espazos e eventos para reencontrarnos cos nosos semellantes (familiares, amigos, veciños/as,...). 

 Loga da edición de 2019 - e a posterior interrupción de dous anos consecutivos -, había moitas ganas de voltar á Terra, celebrar e compartir á ledicia de estarmos vivos, de gozar coa amizade da nosa xente, da saborosa gastronomía e das nosas tradicións. 

 As Festas do Monte Santa Trega voltaron nesta edición a ser todo un referente no calendario festivo de Galicia. 




 Ao longo de toda unha semana de eventos e verbenas, chegou o Desfile Folclórico Tradicional e das Bandas Mariñeiras, do sábado, no que imos salientar algúns dos aspectos que consideramos moi importantes: O acertado adianto de 30 minutos, sobre á que viña sendo á hora de saída do desfile. Sair ás 11:30 horas e non ás 12:00, como viña sendo constume en edicións precedentes, foi un éxito, segundo puidemos constatar na sondaxe que fixemos consultando esa cuestión con varias persoas da nosa vila. Do mesmo xeito, que o percorrido fose, nesta ocasión pola rúa de Galicia - desde á intersección coas rúas Brasil e Os Bechos -, e a continuación pola rúa Concepción Arenal ata o porto de A Guarda, permitiu que se gañase un tempo importante que posibilitou que moitas persoas puidesen presenciar o desfile na súa totalidade. Asemade, é digno de destacar á considerable participación de persoas (grupos familiares, de amigos, etc.) lucindo diversos traxes típicos galegos, tanto de cotío como de gala; e de xeito moi especial, valoramos moi positivamente o magnífico comportamento de todas ás persoas participantes no desfile, facendo deste evento un dos momentos altos das Festas do Monte Santa Trega, 2022, que ben merecen que vaiamos traballando para lograr á decraración de Festa de Interese Turístico Nacional, porque razóns para iso hainas abondo.




 
 No que respecta o Domingo do Monte, como adoitamos chamarlle a romería enxebre das nosas festas, todo transcorreu dentro do habitual. A xornada no cumio do Trega contou cunha boa climatoloxía e todas as persoas que subiron para celebrar esa data festiva tiveron ocasión de comprobar como os compoñentes das bandas mariñeiras realizaron cadansúa xura, e nalgúns casos, por motivos de forza maior, mesmo viviron momentos moi emotivos ao lembraren as persoas que xa non están físicamente connosco.






 
 Logo dun día de troula, de xantar coas familias e amizades, á baixada constituíu unha parte moi importante da xornada, na que os romeiros continuaban tocando ás gaitas e dándolle cos mazos e as baquetas nos coiros dos intrumentos de percusión (tamboriis, caixas, bombos,...), apurando cada minuto e gozando plenamente deses momentos que se prolongaron ata ben avanzada á noite.

 E chegados o último día das Festas do Monte Santa Trega, á xente de A Guarda e súa contorna - constatamos a presenza de persoas procedentes de varios concellos do Baixo Miño, A Louriña, Val Miñor e tamén do Alto Minho portugués -, que viñeron ata A Guarda para presenciar a tirada de fogos de lucería, evento que mália á presenza de algo de chuvia, non foi adiado, e comezou á hora prevista. 

 Unha diversidade de efectos, fixeron á ledicia do respectable e numeroso público que deuse cita na contorna do porto de A Guarda - e tamén noutras ubicacións -, para gozar coa sesión de fogos de lucería (en diferentes versións: baterías de luces, morteiros, tubería cargada, voadores,...; e tamén formando motivos - algúns mesmo inéditos na nosa localidade, representando facianas sorrintes - moi cooristas e heteroxéneos),  ofrecida desde a zona de disparo situada no contradique de Punta Xenete, polo persoal do Taller de Pirotecnia Argimiro Alborés, de  Camos (Nigrán), e que os espectadores, mália a chuvia, gozaron intensamente.

 Dese xeito, púxose broche de ouro as Festas do Monte Santa Trega, 2022, que xa forman parte da historia centenaria deses grandes festexos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario