15K do Atlántico Banco Mediolanum
• Xa está aberta a inscrición para gozar da IX edición
Infogauda / Deportes
A terceira e última proba pertencente ás Series 15K terá lugar o domingo 2 de outubro de 2022 e disputarase nun percorrido polos concellos de Oia, O Rosal e A Guarda.
Todos os participantes terán por diante 15 quilómetros pola costa galega, que ofrecerá encargados unhas vistas únicas do evento.
Ás 11:00 horas soará o sinal de saída no campo de fútbol de Oia e a meta estará situada no porto de A Guarda, onde se entregarán os diferentes premios unha vez rematada a proba.
Ademais, previamente á proba realizaremos unha andaina a partir das 10:00 horas, onde cada un dos participantes terá a oportunidade de gozar desta ruta dun xeito algo máis relaxado.
Da man do proxecto Aproxima, do Banco Mediolanum, esta IX edición da proba saca a relucir o seu lado máis solidario doando 1€ de cada inscrición á Asociación Down Vigo en apoio á súa loita por lograr a plena integración das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual. Ademais, habilitouse unha fila 0 para todas aquelas persoas que queiran facer a súa achega.
Toda a información sobre a proba pódese atopar na súa web oficial: https://bancomediolanum15kseries.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario