9 de abr. de 2026

A GUARDA

VOLVE O CICLO CONCERTOS NAS PARROQUIAS

 Organizado pola Agrupación Musical de A Guarda



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A Agrupación Musical de A Guarda continúa seu labor de formación e difusión da música. Dese xeito, a xunta directiva desa entidade cultural vén de dar a coñecer o cartel dun novo ciclo de Concertos nas parroquias. 

 Nesta edición, o devandito ciclo - que conta coa colaboración do Concello de A Guarda, a Asociación Cultural e Deportiva A Guía, e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, respectivamente - comezará o sábado día 18 de abril, ás 19:30 horas, na praza da Guía, en Ribadavila.

 A segunda cita será o sábado día 2 de maio, ás 20:00 horas na praza de Salcidos.

 E a terceira, será o sábado día 12 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos.

 Todas as actuacións de Concertos nas parroquias, son abertas a todos os públicos. Unha boa razón para achegarnos nos días e nos lugares indicados para gozar co programa que a Agrupación Musical de A Guarda vai ofrecer e que con certeza vai ser do agrado do respectable público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario