7 de xul. de 2022

A GUARDA

Arranca unha nova edición do campamento urbano na Guarda   

Que se desenvolve na Fortaleza de Santa Cruz


O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez Marcos, acompañaron as nenas e nenos participantes no inicio do campamento urbano

Fotos: C.A.G.



Infogauda / A Guarda

 O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez Marcos, acompañaron aos nenas e nenos participantes no inicio do campamento urbano que se desenvolve este verán no recinto da Fortaleza de Santa Cruz, un entorno privilexiado para a realización de actividades deste tipo.  

 Un ano máis o Equipo de goberno de A Guarda apostou por "priorizar as necesidades das familias guardesas para poder conciliar a vida familiar e laboral  durante a  época de verán.   

 Por este motivo tomouse a decisión de manter o número de prazas do campamento urbano, que xa se aumentara de 40 no ano 2019 a 60 no 2021, sendo un incremento do 50% respecto de anos anteriores, que se mantén no mesmo número nesta edición de 2022.  

 Ademais do número de prazas mantense tamén o período en que os nenos e nenas poden permanecer no campamento, permitindo cubrir os meses de xullo e agosto en horario de mañá, de 9:00 a 14:00h." 

Ningún comentario:

Publicar un comentario