12 de maio de 2022

A GUARDA

A Guarda continúa co ciclo medioambiental “Sostendo o Futuro”  

Obradoiros, actividades cos centros educativos, contacontos e unha xornada de actividade deportiva con retirada de refugallos da praia, son os principais atractivos desta proposta medioambiental.  


O alcalde Antonio Lomba Baz e a concelleira de Medio Ambiente, Mª Montserrat Magallanes, na praza de San Marcos, na presentación do ciclo medioambiental “Sostendo o Futuro”

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Dentro do ciclo medioambiental “Sostendo o Futuro”, a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), de A Guarda, en colaboración con Medio ambiente e o Consello Climático Xuvenil, programa diversas actividades nos meses de maio e xuño entre as que destacan os “Obradoiros Balcóns Verdes”. Tres propostas diferentes coa intención de aproveitar os balcóns ou terrazas para crear  micro espazos verdes para gozar, para espertar o interese en cultivar á propia saúde e acadar momentos de alegría tanto para nós como para a comunidade en xeral todo coa axuda do mundo vexetal e a súa diversidade.  

 Os obradoiros teñen unha duración de 10 horas cada un, repartidas entres os venres pola tarde e os sábados polas mañás e poderán realizarse todos ou cada un por separado. Os cursos van dirixidos a persoas con ou sen experiencia nos cultivos de plantas, só terán interese na creación de espazos verdes, na diversidade de colores, olores e colleitas.  

 Para información e inscrición todas as persoas interesadas deberán poñerse en contacto con OMIX A Guarda  no endereletrónico informacion@aguarda.es  




 Seguindo coa programación do Ciclo Medioambiental “Sostendo o Futuro” os centros educativos da vila participan ao longo deste mes de maio na actividade “O Bosque musical”,  un obradoiro medioambiental que consiste na creación de xoguetes sonoros con elementos naturais que podemos encontrar nun bosque. Trátase de reemprego de materiais e obxectos cotiás, procurando a musicalidade a través de recursos tanto naturais (canas, noces, avelás…) coma de refugallo (chapas, tubos, caixas,…) para transformalos en verdadeiros instrumentos musicais  

 Está dirixida a nenos de entre 5 e 12 anos, participando os centros educativos da Sangriña, Sinde e Solanas. 

 Ten como obxectivos a difusión dos valores do nosos patrimonio natural, o respecto a natureza, evitar o consumismo, desenrolar a imaxinación as habilidades musicais, infundir valores de respecto e convivencia co noso entorno…  




 Xa no mes de xuño, o domingo día 5,  coincidindo co Día Internacional do Medio Ambiente,  e co apoio do Consello Climático Xuvenil,  terá lugar unha “Xornada de plogging”. 

 Plogging é un barbarismo (que segundo o Dicionario da Real Academia Galega significa: Palabra, expresión ou uso estranxeiros considerados innecesarios ou non incorporados plenamente á lingua), cuxo significado ten súa orixe no movemento global recente e orixinario de Suecia, que aproveita as carreiras e outros deportes ao aire libre para retirar os residuos que ensucian as nosas cidades e espazos naturais. Esta actividade terá lugara partires das 10:30h con saída e chegada Museo do Mar, no porto de A Guarda, onde se une a actividade física coa recollida de refugallos, co obxectivo claro de promover un estilo de vida saudable e respectuoso co medio ambiente, concienciando sobre o problema da recollida de residuos a toda a comunidade.  

 Serán dous os percorridos entre os que se poderá escoller, dependendo do estado físico de cada participante: 

1. Carreira + trote: volta ao monte Santa Trega con aproximadamente 8 km de percorrido. 

2. Andaina polo Camiño Portugués da Costa.  

 A proba estará limitada a un máximo de 100 participantes por percorrido (200 personas en total) e poderán anotarse persoas de 16 anos en diante(carreira) e a partir de 8 anos de idade, sempre acompañados por un titor/a ou persoa responsable(andaina). As inscricións para esta actividade poden realizarse a través da seguinte ligazón:

 https://www.deporticket.com/web-evento/7007-plogging-sostendo-o-futuro   

 Xa para rematar este Ciclo, o día 23 de xuño celebrarase un “Contacontos na praia do Forte” dirixido os mais pequenos onde á organización ten dúas propostas:  Está baseado no libro “Os nosos bosques”, de temática medioambiental da editorial Miudiño, onde nos amosan a riqueza da vida que agochan os diversos bosques galegos, invitándonos a esculcalas e coñecermos as fragas atlánticas, as devesas luguesas, as carballeiras e soutos repartidos polo territorio,…, para descubrirmos a realidade que cubre boa parte do país. Falarase do respecto pola natureza, a posta en valor dos bosques como recurso,…  

 A segunda proposta é “Os nosos mares”, onde nos amosa a riqueza de vida que agocha o mar galego, invitándonos a esculcalas e coñecer os bosques somerxidos e os diferentes fondos mariños,…, para descubrirmos a realidade que temos nunha boa parte das augas salgadas do país. 

 Este contacontos se complementará con algún xogo que vaia na temática e co entorno da praia do Forte (Camposancos), onde se realizará esta actividade.  

 Para rematar daráselle de agasallo aos participantes, uns ramiños das flores de San Xoán, para fomentar as nosas tradicións, e que serán feitos en colaboración coa Asociación Cultural de Alfombras da Guarda. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario