12 de maio de 2022

A GUARDA

A Federación Galega de Dano Cerebral impartiu formación sobre atención a persoas con dano cerebral adquirido  

Puideron participar as traballadoras do servizo de axuda no fogar do Concello, así como alumnas do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VII


Momento no que o alcalde de A Guarda da á benvida as persoas que asistiron á xornada de formación
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Na formación, organizada pola Federación Galega de Dano Cerebral  (FEGADACE e o Concello de A Guarda, puideron participar as traballadoras que realizan o servizo de axuda no fogar do Concello, así como 8 alumnas do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VII. 

 A experiencia resultou máis que positiva para o grupo de 23 persoas que participaron na mesma, polo que agradecemos á Federación que nos permitira formar parte dela. 

 FEGADACE é unha organización cuxo principal obxectivo é contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido (DCA) e as súas familias, o cal se persegue a través de programas asistenciais de rehabilitación multidisciplinar, información e apoio a familias e servizos de atención terapéutica, pero tamén a través doutras accións promovidas dende a federación, como son a promoción da investigación epidemiolóxica e social; a xeración e divulgación de coñecemento científico no eido do DCA; a incidencia política e a sensibilización e información da sociedade no que respecta a esta discapacidade, así como formación en materia de dano cerebral con diferentes enfoques e para diferentes colectivos profesionais e sociais. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario