FÚTBOL
Rexional Preferente - 2ª Fase de Permanencia del Campeonato de Regional Preferente, Grupo D 3 Sur
O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO CÉLTIGA, F. C.
O domingo 15 de maio, ás 5:30 da tarde, no Estadio Municipal A Sangriña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Logo do magnífico encontro do pasado día 8 de maio, no que o Sporting Guardés anotouse unha merecida victoria (6-1) sobre o Polígono San Ciprián; o domingo día 15 deste mes, o equipo - 3º clasificado - que adestra Víctor López, volverá a ser o anfitrión no Estadio Municipal A Sangriña. Nesta ocasión, para xogar co Céltiga, F. C. - 2º clasificado na táboa -, que na xornada precedente venceu no seu feudo, por un incontestábel 2-0 ao líder C. D. Valladares.
O equipo de A Illa de Arousa, con 6 encontros xogados, fronte aos 5 do Sporting Guardés, tén no seu haber 16 puntos, mentres que o conxunto de A Guarda, ten 12. Como é natural o conxunto visitante vai vir disposto a levarse os puntos en xogo, e dese xeito consolidar súa posición.
A misión do equipo guardesista, como non pode ser doutro xeito, é facerlle fronte a un rival que non está,por casualidade, de segundo na clasificación. E non soio iso, senón buscar a portería defendida por Samuel Alonso ou por Sergio Rodríguez, e procurar que o marcador electrónico rexistre unha nova e incuestionábel victoria do Sporting Guardés.
Non vai ser un labor doado, nin moito menos, máis a recompensa de afianzarse na 3ª praza da clasificación e por engadido permanecer na categoría, na tempada 2022/2023, ben merecen que os seareiros miñotos acudan a apoiar ao Sporting Guardés.
A presenza da afección nas bancadas aportará un plus de ánimo ao conxunto guardesista, fundamental para que o equipo síntase vivo e competente para acadar os obxectivos propostos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario