BALONMÁN FEMININO
O Atlético Guardés non pode completar la remontada e perde por primeira vez na Sangriña (22-25)
• O equipo baixomiñoto volveu caer por segundo partido consecutivo ante o campión Rocasa Gran Canaria, sumando a súa primeira derrota da tempada na Sangriña
• Ao Atlético Guardés pesoulle unha primeira metade na que foi moi inferior, así como unha baixa efectividade que vén arrastrando xa en varios dos últimos partidos. A pesar dunha segunda parte mellor que la do insular, non foi suficiente para coroar la remontada
• Rosane Serrano volveu ser máxima anotadora con 10 goles e unha alta porcentaxe desde os sete metros, mentres Sabina Mínguez foi fundamental baixo paus para a recuperación despois do descanso
Redacción Deportes/A Guarda
O Atlético Guardés xa non está invicto na súa casa. As de José Ignacio Prades non puideron este xoves contra o vixente campión Rocasa Gran Canaria e, debido a unha primeira parte moi lastrada pola baixa efectividade, non puideron completar a remontada á volta do descanso a pesar da actuación de Sabina Mínguez baixo paus e aos 10 goles de Rosane Serrano, de novo máxima anotadora e case infalible desde os sete metros. O equipo segue sexto a pesar da derrota, cos postos de arriba moi apertados.
O Atlético Guardés saíu con intención, consciente de que o seu rival poñería moita atención no desenvolvemento dos primeiros minutos. E os primeiros instantes tiveron acento local, con dous goles de Rosane Serrano que podían ser tres de non ser por Ana Palomino fronte a outros dous intentos pola parte insular que se ían fose (2-0, min. 3).
Con todo, a reacción do campión non se fixo esperar. A primeira liña canaria asestou un 0-5 froito dunha desestabilización moi agresiva da barreira baixomiñota, que perdeu toda a confianza e afectou o seu desempeño na faceta de ataque, onde comezaron a verse os primeiros fallos locais que marcarían a tónica do resto do encontro. Antes de cumprirse os primeiros dez minutos, Prades paraba o tempo por primeira vez (2-5, min. 9).
Seguía a mesma dinámica, co Atlético Guardés pronto véndose apabullado por unha defensa rival extremadamente agresiva e que non se gardaba nada ante a permisividade dos colexiados por ambos os bandos. A renda aumentara para o ecuador do período (3-7, min. 15), e os erros non forzados empezaron a contarse de pao a pao. O Rocasa desaproveitou ata 11 balóns nesta primeira metade, entre perdas e lanzamentos erróneos, máis unha parada que foi o único que puido achegar Ana Marín baixo paus despois dunha semana de molestias físicas que a levou a ser dúbida ata o último minuto. Pero fronte ao desacerto rival, as 15 posesións desperdiciadas pola parte anfitrioa, moi desacertada especialmente desde os extremos, inclinaron a balanza cara a unha superioridade insular que levaba o partido ao descanso con cinco goles de diferenza (10-15, min. 30).
Ao regreso, a melloría local foi palpable. As palabras de Prades nos vestiarios afectaron nas súas, que seguían afectadas da mesma falta de confianza que viña minguando a súa efectividade en varios dos últimos partidos. Un 3-1 nada máis renovarse o tempo de xogo mostraba unha cara máis familiar para a bancada da Sangriña e facía saltar as alarmas no banco rival, obrigando a Dejan Ojeda a utilizar o seu primeiro tempo morto (13-16, min. 37).
Aínda que se seguían desaproveitando moitas ocasións pola banda galega, a cara do conxunto local era xa outra, coa remontada completamente en mente. Enchufouse ao encontro Sabina Mínguez, achegando tres paradas seguidas, claves para empezar a afundir a un Rocasa que foi perdendo progresivamente a paciencia. Rosane Serrano volveu ser protagonista, unha xornada máis, con aparicións sucesivas desde a liña de sete metros, para chegar a sumar 10 tantos en total e ser a máxima anotadora. A pesar da dobre exclusión de María Palomo primeiro e Noelia Solla despois, todo sumaba e había que seguir apertando para achegarse ao obxectivo (14-16, min. 40).
Non era sinxelo, pois ao Atlético Guardés lle estaba custando o risco por un ataque a sete que non sempre sacaba cara. Pero un único gol rival, e desde a liña de sete metros, neses dez minutos iniciais desde a saída aos vestiarios era claro sinal de que a estratexia podía dar os seus froitos. Pasado o ecuador, as idas e vindas mantiñan a renda idéntica (16-18, min. 46).
Serrano colocaba as súas a un desde a liña de penalti por primeira vez desde o comezo do duelo, e a bancada da Sangriña ruxía e apertaba para levantar as súas cara ao obxectivo. A arbitraxe era, de novo, cuestionado, concedendo os colexiados un gol ás canarias despois de indicar unha falta en ataque. Novos erros defensivos, un balón de Cris Cifuentes parado por Palomino e a brillantez da porteira para atopar a rede anfitrioa baleira volvían abrir oco (18-22, min. 52). Prades paraba o tempo, buscando calma.
Os minutos seguintes foron frenéticos, con ambos os equipos moi erráticos e precisos a partes case iguais. O Rocasa perdeu posesións que poderían selar o resultado de non ser por un Atlético Guardés que seguía errando moito e desaproveitaba roubos con tiros ao pau ou fóra da portería. O ataque a sete baixomiñoto case parecía desgastar máis do que podía achegar e non quedaba moito por facer cando o técnico local paraba o tempo por última vez para pedir as súas que o desen todo pola oportunidade decisiva do que sería unha remontada para os libros (19-24, min. 57).
Solla anotou por segunda vez e unha defensa avanzada e de moita presión a pesar dos minutos ás costas forzou unha perda canaria demoledora. Blazka Hauptman goleaba no momento clave despois de intentalo durante todo o encontro sen éxito e o Atlético Guardés parecía achegarse (21-24, min. 58). Pero o tempo terminábase e os erros apareceron mesmo nos momentos clave. Nerea Gil lanzaba fóra un dos últimos balóns e só o roubo de Ania Ramos, materializado na rede de Palomino por María Palomo, pechaba o marcador cunha desvantaxe menos grave, pero que privaba ao anfitrión dos dous puntos na Sangriña por primeira vez no que vai de tempada (22-24, final). O seguinte paso, un Derbi As Nosas no Porriño o vindeiro mércores ao que as do Baixo Miño acoden esperando saír da fochanca.
Balonmán Atlético Guardés (10+12): Sabina Mínguez (p.), África Sempere, Silvia Leiras, Blazka Hauptman (1), Aintzane García, Cecilia Cacheda, María Palomo (3), Rosane Serrano (10), Cristina Cifuentes, Carme Castro (1), Daniela García (2), Nerea Gil, María Cobo (1), Ania Ramos (2), Noelia Solla (2) e Ana Marín (p.).
Rocasa Gran Canaria (15+10): Iria Ranz (1), Almudena Rodríguez (4), Uxue Morentín, Victoria de Oliveira (2), Itahisa Castillo (1), Ana Belén Palomino (1) (p.), Irene Botella (2), Francieli Söthe (1), María Zaldua (4), Yassira Ramírez (3), Ana Medina (1), Eider Poles (1), Candelaria Cuadrado (p.) e Alba Tort (4).
Marcador cada cinco minutos: 2-2, 2-5, 3-7, 4-8, 7-12, 10-15, 12-16, 13-16, 14-17, 18-19, 19-22, 22-25.
Árbitros: Cristian Da Silva e Luis Colmenero. Amoestaron con tarxeta amarela a la local Noelia Solla e excluíron con dous minutos as locais María Palomo (2) e Noelia Solla e as visitantes Irene Botella, Iria Ranz, Ana Medina e María Zaldua.
Incidencias: Partido de novena xornada da liga Guerreiras Iberdrola 2026/2027, disputado no pavillón municipal da Sangriña.

Ningún comentario:
Publicar un comentario