13 de abr. de 2022

PONTEAREAS

O programa Mocidade Viva organiza unha xornada de patinaxe libre no pavillón municipal  

A actividade, para mozos e mozas maiores de 12 anos, será este venres 15 de abril ás 21.00 horas 


Foto: C.P.

Infogauda / Ponteareas

 O Concello de Ponteareas, a través do programa Mocidade Viva, convoca unha nova actividade coa que promover un lecer saudábel e alternativo para rapazas e rapaces maiores de 12 anos. Este venres 15 de abril a partir das 21.00 horas, mozos e mozas poderán participar nunha xornada de patinaxe libre, unha actividade coa que achegarse dun xeito ameno e divertido a este deporte.  

 A xornada terá lugar no pavillón municipal do complexo deportivo Álvaro Pino. A actividade será de balde e para participar será necesaria inscrición previa a través do correo electrónico mocidadeviva@ponteareas.gal, onde pode solicitarse tamén máis información. 

 O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, anima a toda a rapazada a participar nesta actividade deportiva así como en todas as organizadas ao abeiro do programa Mocidade Viva, un programa estábel de actividades lúdicas e formativas dirixidas á xente moza, ofrecéndolles espazos de lecer e socialización saudábeis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario