13 de abr. de 2022

DEPORTES

Ponteareas regresa do III Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo con 13 medallas  

Unha vintena de mozos e mozas da vila representaron á vila por primeira vez nesta competición transfronteiriza disputada en Vila Nova de Gaia 


Representación deportiva de Ponteareas no III Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo 
Foto: C.P.

Infogauda / Ponteareas

 Grandes resultados para Ponteareas no III Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo celebrado esta fin de semana no Centro de Alto Rendemento de Vila Nova de Gaia.  

 Vinte mozos e mozas ponteareás estreábanse nesta competición transfronteiriza da que regresaron con 13 medallas, catro ouros, unha prata e oito bronces nas dez categorías de peso disputadas nas modalidades de cadete e júnior. Destacan os bos resultados obtidos en cadete feminino, no que as cinco representantes da vila obtiveron metal, quedando segundas clasificadas por equipos na categoría.  

 O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quere felicitar a todas e todos os deportistas participantes polo bo traballo e o alto nivel exhibido durante todo o campionato “e deixar o nome de Ponteareas en tan bo lugar”, así como pola boa convivencia co resto de deportistas galegos e portugueses participantes. O edil animounos a continuar por este camiño, “a seguir adestrando e gozando do deporte por riba de calquera competición”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario