17 de mar. de 2022

TOMIÑO

Chega "A Herdanza", a última longametraxe do Grupo San Roquiño   

A película poderá verse no auditorio de Goián, o sábado 19 e domingo 20 de marzo, en dous pases cada día  

 

Infogauda / Tomiño

 Chega a vindeira fin de semana "A Herdanza", última película do Grupo San Roquiño, de Goián. 

 A longametraxe, cuxa primeira proxección tivo que adiarse por mor da pandemia, está feita con moito humor e o argumento xira ao redor de tres irmáns cunha inmensa fortuna pero sen descendencia a quen deixala. Os veciños e veciñas tentan axudalos a resolver o problema. 

 Adiantan que haberá alfombra vermella, 40 personaxes en escena e chegada dos actores e actrices en varios tractores. 

 "A Herdanza", filmada nos anos 2019 e 2020, é a quinta película do Grupo San Roquiño, que xa está a preparar a sexta. 

Datas e horarios: Sábado 19 de marzo (primeiro pase ás 19h e segundo pase ás 21h) e Domingo 20 de marzo (primeiro pase ás 18h e segundo pase ás 20h). 

Idade: todos os públicos. 

Duración: 1.25h. 

Lugar: Auditorio de Goián. 

Prezo: GRATIS (para entrar deberá levarse 1 Kg. de comida non perecedoira, para entregar a asociacións asistenciais da zona). 

Uso obrigatorio de máscara. 

Colabora Concello de Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario