Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará O Rosal no vindeiro mes
Estará situada diante da Cámara Agraria, o luns día 4 de abril, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h.
Pódese pedir cita previa no teléfono gratuíto 900 100 828
O Rosal recibirá unha nova visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que estará no concello o vindeiro luns 4 de abril para todas aquelas persoas que desexen achegar a súa solidariedade. O autobús estará situado diante da Cámara Agraria e os rosaleiros e rosaleiras poderán doar sangue de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.
Para
ADOS a máxima prioridade é a seguridade das persoas doantes e receptoras dos
compoñentes sanguíneos, polo que continúa extremando os protocolos de
prevención para garantir a continuidade dun servizo esencial, que permite cada
día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais galegos. Por este
motivo, todas as persoas que desexen doar sangue poderán pedir cita previa
chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828 para garantir unha afluencia
gradual e ordenada de doantes.
Aínda
que o persoal da unidade móbil fai unha revisión a todas as persoas que se
achegan a doar para garantir a seguridade dos compoñentes da sangue,
recoméndase non acudir se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas
respiratorios. Poderán doar as persoas con máis de 18 anos e máis de 50 kg e
deberán ir despois de almorzar se acoden pola mañá ou dúas horas despois de
xantar ao mediodía se acoden pola tarde. É importante levar a tarxeta de
doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao médico en caso de
estar tomando algún medicamento.
Cada
día ADOS despraza 10 unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de
doazón nos principais hospitais galegos na procura de doazóns de sangue que
despois son procesadas e preparadas para atender as necesidades diarias. Os
hospitais galegos precisan ente 400 e 500 doazóns de sangue cada día, arredor
de 10.000 ao mes, para garantir a asistencia a moitas persoas que son sometidas
a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que
padecen anemias, hemorraxias, cancros, leucemia, transplantes de órganos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario