ATLETISMO
ÁLEX SIERPES PEREIRA, MEDALLA DE BRONCE
No campionato de España Sub16, na proba dos 3.000 metros de pista cuberta
Álex Sierpes Pereira coa súa medalla de bronce que logrou no campionato de España Sub-16, na proba dos 3.000 metros de pista cuberta
Informa: Sociedade Atlética do Trega
Esta pasada fin de semana, a pista baixo teito de Sabadell (Barcelona) acolleu o campionato nacional indoor da categoría cadete, onde o noso atleta Álex Sierpes Pereira, de A Guarda, fixo o seu debut individual, na categoría Sub16, nun campionato nacional de pista cuberta. Dese xeito, enfrontouse por vez primeira aos 21 mellores especialistas do país por orde de marcas da clasificación nacional, chegados de diferentes puntos de toda a xeografía española.
Álex Sierpes afrontou toda a carreira nos primeiros postos, cedendo tan só na parte final da proba, a pesar de que leva máis dun mes con molestias físicas por mor dun fallo biomecánico da pisada, o cal non lle deixou afrontar con garantías este último tramo da súa preparación. Ainda así, logrou facer un rexistro de 9´01´38" quedando a tan só 21 centésimas da prata e a 1 segundo e pico do ouro.
Desde o club, tanto a súa participación como o seu resultado, considerámola de 10.
Resaltar con maiúsculas, que sendo atleta novel de primeiro ano na categoría e a pesar das dificultades non está nada mal o resultado final.
Moitas felicidades Álex!
Toca seguir aprendendo, mellorando e desexámosche unha pronta recuperación total, para afrontar o último tramo da tempada nas probas de aire libre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario