21 de mar. de 2022

A GUARDA

Continúa a oferta de actividades da OMIX de A Guarda con obradoiros de Letras e Comunicación 

Seguen abertas as inscricións para o Obradoiro de Música e Canto Moderno ata este martes día 22. 



Infogauda / A Guarda

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de A Guarda informa da ampliación do prazo de inscricións do obradoiro de música e canto moderno para a mocidade. Unha alternativa que pretende ser unha oferta diferente, moi orientada á xente máis nova cun repertorio actual e moi diverso. 

 O obradoiro impartirase os martes dende as 19:00h ata as 21:00h e é de balde para as persoas participantes.

 "Con este obradoiro pretendemos crear unha canle de expresión que encaixe coa mocidade, que libere as súas emocións e que ademais non renuncien a unha formación musical de calidade. Traballarán técnica vocal, expresión e ritmos e escalas da música moderna", indican fontes da OMIX. 

DÚAS NOVAS ACTIVIDADES FORMATIVAS

 


 Para o próximo mes de abril, a OMIX de A Guarda organiza dúas novas actividades formativas. A primeira, un obradoiro de iniciación ao deseño de letras, en colaboración coa libraría Atlántica e que  impartirá Amasonia Tropical o día 1 de abril de 17:30 a 19:30.  



 A segunda acción será un obradoiro de comunicación e oratoria que leva por título Canta claro coma o galo! que se desenvolverá os martes de 16:30 a 18:30 horas a partir do día 5 de abril e que en total terá unha duración de 12 horas. 

 Neste obradoiro tratarase de introducir ás persoas participantes na vivencia da comunicación como unha experiencia agradable e de transformación persoal. Aclarar os puntos clave para dominar a comunicación en calquera contexto da vida. Conseguir que as persoas gañen en seguridade persoal.  

 Os obradoiros teñen prazas limitadas! 

Inscrición e información na OMIX de A Guarda, contactando vía correo electrónico informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 610 000 extensión 7.

Ningún comentario:

Publicar un comentario