21 de mar. de 2022

A GUARDA

A SITUACIÓN DO PEIRAO DE ATRAQUE DO TRANSBORDADOR, NA PASAXE, E A  COMUNICACIÓN A GUARDA - CAMINHA 

Serán - entre outros - asuntos a debater pola Corporación Municipal de A Guarda 

Na sesión plenaria do vindeiro venres día 25 de marzo de 2022, ás 20:00 horas, na Casa do Concello


O transbordador "Santa Rita de Cássia", nunha imaxe retrospectiva, cando estaba en servizo
Foto: Santiago Baz Lomba


Infogauda / A Guarda 

 No día de hoxe, luns 21 de marzo, o alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, fixo pública a convocatoria dunha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal, que terá lugar na Casa do Concello, o venres día 25 de marzo, ás 20:00 horas. 

 Na orde do día da devandita sesión figuran os seguintes asuntos da convocatoria: 

1. Aprobación das actas das sesións extraordinarias (27.11.2021, 11.01.2022, 19.01.2022, 11.02.2022 e 11.03.2022) e da sesión ordinaria de data 28.01.2022. 

2. Expediente 789/2022. DAR CONTA DOS DECRETOS DESDE O 16.01.2022 ATA O 15.03.2022. 

3. Expediente 790/2022. DAR CONTA DOS REPAROS DE INTERVENCIÓN. 

4. Expediente 2336/2017. DAR CONTA DO INFORME DE MOROSIDADE E PERÍODO MEDIO DE PAGO DO CUARTO TRIMESTRE 2021. 

5. Expediente 359/2022. RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS 3/2022. 

6. Expediente 431/2022. Declaración de interese público ou utilidade municipal da obra consistente na reforma da Fase 5ª de renovación do centro da Asociación San Xerome Emiliani. 

7. Expediente 346/2022. PROPOSTA DA FEMP PARA A ADHESIÓN Á “DECLARACIÓN DE VALLADOLID: EL COMPROMISO DE LAS CIUDADES POR LA ECONOMÍA CIRCULAR”

8. Expediente 83/2022. ELECCIÓN XUÍZ DE PAZ. 

9. Expediente 632/2022. Moción presentada polo grupo municipal Socialista para a adhesión do concello da Guarda á declaración conxunta sobre o programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2021-2027 e a priorización dos territorios reais de fronteira.

10.Expediente 640/2022. Moción presentada polo grupo municipal do BNG sobre o apoio ás mobilizacións feministas do 8 de Marzo e a demanda dos compromisos pendentes. 

11.Expediente 642/2022. Moción presentada polo grupo municipal do PSOE sobre o 8M. 

12.Expediente 726/2022. Moción presentada polo grupo municipal do PSOE sobre a reparación do peirao do ferri da Pasaxe. 

13.Expediente 753/2022. Moción presentada polo grupo municipal do BNG sobre a comunicación A Guarda-Caminha. 

14.Expediente 781/2022. Moción presentada polo grupo municipal do BNG e relativa ás actuacións que deben impulsar os gobernos galego e central para mitigar o impacto do medre disparado da inflación na sociedade e economía galegas. 

15.ROGOS E PREGUNTAS. 

 Como vén sendo habitual, desde fai algún tempo, á cidadanía pode asistir persoalmente ao salón de plenos, ou seguilo en directo - ou en diferido, segundo as preferencias de cada persoa - pola canle de YouTube do Concello de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario