A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA GUARDA CHAMA A PARTICIPAR NA CONCENTRACIÓN DO DÍA 24 EN VIGO
A concentración convocada por todas as Plataformas da área sanitaria realizarase diante do edificio da Xunta en Vigo ás 11:30 da mañá e saírán autobuses gratuítos desde a comarca
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda chama a veciñanza a participar na concentración en defensa da Sanidade Pública convocada por todas as Plataformas en Defensa da Sanidade da Área Sanitaria de Vigo o próximo xoves día 24 de marzo ás 11.30 da mañá diante do edificio da Xunta de Galiza en Vigo. Sairán autobuses gratuítos desde a comarca e calquera persoa que queira participar pode anotarse chamando ao 986 610 465.
Desde a Plataforma Guardesa manifestamos que o nível de deterioro da Sanidade Pública requere respostas conxuntas da cidadanía para premer a Xunta de Galiza diante do deterioro progresivo ao que levan sometendo este servizo público esencial.
A Plataforma está convencida que só coa mobilización da cidadanía imos ser capaces de frear o deterioro da sanidade e afianzar certos logros como o que acabamos de conseguir despois de moita presión e moitas mobilizacións. Transitoriamente o PAC da Guarda ven de ser dotado cun nov@ médic@ para urxencias. Considerámolo un logro importante e felicitámonos por telo conseguido, pero é unha medida incompleta porque tería que vir acompañado por un/unha enfermeir@ adicional que complete este segundo equipo de urxencias e debemos manternos vixilantes para que non se revirta esta decisión.
Continuamos esixindo, asimesmo, a cobertura completa das ausencias do Centro de Saúde e a dotación dunha ambulancia medicalizada para o Baixo Miño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario