O Concello de A Guarda organiza o Obradoiro de Canto “Con voz propia”
Esta actividade para mulleres, que será impartida por Cristal Méndez
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, organiza no mes de abril o Obradoiro de Canto “Con voz propia”.
Esta actividade, que será impartida por Cristal Méndez Queizán, de Maga de Voz, realizarase todos os xoves, de 10:00 a 12:30h dende o 21 de abril ata o 23 de xuño, cun total de 25h.
Trátase dun obradoiro de canto para mulleres no que se busca o empoderamento das participantes a través da voz e do canto.
As inscricións están xa abertas no Centro de Información á Muller (CIM) de A Guarda, na praza de San Marcos (ao lado do Xulgado de Paz), no teléfono 986 614 648 e no enderezo electrónico muller@aguarda.es
Esta actividade conta co financiamento e apoio do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario