9 de feb. de 2022

EMPREGO

O Concello do Rosal convoca tres bolsas de emprego municipal  

Será para peón de servizos varios, auxiliar no fogar e oficial de servizos varios

  

Casa do Concello do Rosal
Foto: C.O.R.


Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal acaba de convocar tres bolsas de emprego, unha de peón de servizos varios, unha de auxiliar no fogar e unha de oficial de servizo varios. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que con “elas poderemos garantir a estabilidade destes servizos e asegurar que sexa continuado nestas áreas tan importantes para o funcionamento diario do Concello”.  

 As persoas que desexen participar neste proceso selectivo deberán presentar unha instancia, cuxo modelo estará dispoñible no Rexistro Xeral do Concello e como trámite na Sede Electrónica, xunto ca documentación esixible de acordo cas Bases reguladoras do proceso selectivo. 

 O prazo de presentación de instancias rematará o vindeiro 21 de febreiro. 

 Máis información para peón de servizos varios.

 Máis información para auxiliar no fogar. 

 Máis información para oficial de servizos varios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario