9 de xan. de 2022

A GUARDA / CAMINHA

COVID - 19 VS. TRANSBORDADOR CAMINHA- A GUARDA

· O barco non presta servizo desde o día 8 de outubro de 2021


O transbordador "Santa Rita de Cássia" está amarrado a doca de Caminha
Foto: C.M.C.


Infogauda / A Guarda / Caminha

 Entre os bos desexos para este 2022 non son poucos os cidadáns de unha e outra beira do río Miño, que ademáis da saúde e prosperidade, inclúen a reanudación dos servizos do transbordador entre Caminha e A Guarda. Non é para menos, toda vez que o barco interrompeu seus servizos de transporte de viaxeiros e mercadorías, o pasado día 8 de outubro de 2021. A partires desa data estaba prevista a súa posta a punto e posterior inspección anual. 

 Con todo, o certo é que a día de hoxe, o "Santa Rita de Cássia", permanece amarrado a doca do porto de Caminha. Dese xeito, cando transcorreron tres meses desde que o presidente da Cámara Municipal de Caminha, Luís Miguel da Silva Alves, fixo pública a interrupción do servizo do transbordador, coidamos que é tempo suficiente para extraer algunhas reflexións.

 Sorprende que logo de tres meses de inactividade do transbordador, o silenzo semella ser á consigna. Senón escrita, sí de facto. Ninguén dí nada e todo continúa igual.

 Tres meses sen transbordador, e sen visos de que á situación mude nos vindeiros días, semanas ou meses, é algo inconcebible nos tempos actuais, cando tanto se fala de mobilidade transfronteiriza. 

 Son - polo de agora - tres meses sen aproveitar as sinerxías que o río Miño nos brinda, como camiño europeo rumbo a Compostela. Como ancestral vía para o encontro cos nosos semellantes dunha e doutra beira miñota. Como ruta para o movemento económico, cultural, lúdico,  turístico,...

 O presidente da Câmara Municipal de Caminha, determinou que o persoal do transbordador adicase súas xornadas de traballo a labores de apoio á cidadanía efectada pola pandemia da Covid-19. Non imos ser nós quen poñamos en cuestión esa decisión. Agora ben, cabe preguntarse se non sería máis axeitado que ese persoal continuase realizando seu traballo atendendo o servizo do transbordador Caminha - A Guarda. 

 Tendo en conta que o devandito servizo beneficia tanto á comunidade caminhense como a guardesa, en particular, e por extensión ao Alto Minho portugués e ao Baixo Miño galego, en xeral, entendemos que para o labor de atención á cidadanía caminhense afectada pola pandemia, á Câmara Municipal de Caminha pudo - e pode - mobilizar a outras persoas para esa loable actividade, para a cal non é preciso contar - por exemplo - coa titulación requerida para o desempeño do traballo de patrón do barco.

 Vistos os feitos, que non son novos, sorprende ese silenzo ao que antes nos referimos. As veces - é unha opinión persoal, obviamente - semella que non haiba axentes sociais e representantes públicos con opinión propia. E se a teñen, calan.

 Cando se trata dun barco que foi concebido para modernizar o servizo de transporte entre dúas localidades que teñen o río Miño como eixo de unión e ao mesmo tempo como fronteira natural, debera prevalecer o criterio de manter o servizo, salvo causa de forza maior. Unha pandemia como a que está afectando a toda á humanidade, podería, nun primeiro momento, ser cualificada de causa de forza maior, máis a día de hoxe, adoitando ás medidas que nos indican ás autoridades sanitarias, non debera impedir o restablecemento do servizo de transbordador entre Caminha e A Guarda, e viceversa.

 En calquer caso, correspóndelles aos representantes municipais de Caminha e de A Guarda, tratar o asunto e decidir ao respecto. E sobor de todo, ir pensando moi seriamente, se queremos continuar con ese servizo ou abandonalo, definitivamente.

 E xa non digamos respecto a unha vía de paso permanente, que sobor dese tema tanto se ten falado, máis nada se ten concretado.

 Desde este xornal dixital transfronteirizo exhortamos aos alcaldes de Caminha e de A Guarda a que tenten acadar unha solución que permita restablecer o servizo de transbordador entre ambas as dúas localidades, e dese xeito, aproveitar do mellor xeito posible o tirón turístico deste 2022 xubilar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario