6 de dec. de 2021

A GUARDA

CAMPAÑA DE VACINACIÓN: QUEIXAS POR PRESUNTA DISCRIMINACIÓN 

Motivada por non facilitar medios de transporte á veciñanza


Centro de Saúde de A Guarda
Foto: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Sen o máis mínimo interese de xerar unha crítica así porque sí, queremos deixar constancia do que varias persoas de A Guarda, con idades comprendidas entre os 55 e 79 anos, de diferentes barrios do termo municipal guardés, nos teñen referido respecto as instruccións das autoridades sanitarias galegas, no relativo aos desprazamentos aos chamados vacinódromos - neoloxismo creado para definir os lugares de vacinación masiva -, que no que respecta a Área Sanitaria de Vigo, a cal pertence o concello de A Guarda, está ubicado, como todo o mundo sabe, no IFEVI (Instituto Ferial de Vigo).

 O referido enclave, situado a 50 quilómetros de A Guarda, non é - en opinión de varias persoas da nosa localidade - o lugar máis accesible para quen non dispoña de medios de transporte propio. Por ese motivo, nosos comunicantes afirman que do mesmo xeito que se facilita o transporte colectivo para aquelas persoas que acuden a facerse ás mamografías, tamén deberían - por parte das autoridades correspondentes - haber pensando en facilitar eses traslados ás persoas que non dispoñen de automóbil para acudir ao lugar onde administran as vacinas contra o coronavirus SARS-CoV-2.

 Tamén refiren que do mesmo xeito que a determinados grupos de poboación se lles poñen as vacinas nos centros de saúde, non ten moita xustificación que a outras persoas de menos idade, se lles dirixa ao referido vacunódromo situado na Avenida do Aeroporto, 772 (Vigo), preto do aeroporto de Peinador.

 As queixas dos nosos comunicantes van dirixidas a diferentes autoridades, tanto locais como autonómicas, xa que consideran que debería haberse previsto os traslados en autobuses, microbuses,..., para aquelas persoas que o desexasen.

 Deixamos constancia deses feitos, co propósito de que se teñan en conta ás propostas dun sector da poboación, que probablemente sexa coincidente coas de persoas de idades semellantes doutras localidades. E se como se nos leva informando, o devandito coronavirus viu para quedarse, sería desexable que non se demorase a implementación do servizo de transporte colectivo para aquelas persoas que o demandan.

A GUARDA

Un Nadal con programación cultural e lúdica para toda á cidadanía

O venres 10 de decembro o Centro Cultural acollerá a peza de teatro musical “O Candil”. A reserva de entradas xa está dispoñible. 

Actividades na rúa, música, obradoiros, teatro,..., son algunhas das propostas para estas festas na vila guardesa  




Desde o noitiña do pasado venres, A Guarda loce o seu alumeado de Nadal
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Despois do acendido do alumeado de Nadal o pasado venres día 3 de decembro, a programación continuará este venres día 10 de decembro, ás 18:30h, na Casa dos Alonso, co obradoiro “Reutilizando envases”. Os obradoiros teñen prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na Oficina Municipal de Información Xovenil (OMIX) de A Guarda, a través do enderezo electrónico informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 610 000 extensión7.  



 Tamén na xornada do venres 10 de decembro ás 21:00h o Centro Cultural acollerá a peza de teatro musical “O Candil”, da Escola Galega de Teatro Musical, baixo a dirección de Sara Fandiño.  




 O Candil, é unha comedia musical interactiva, con música en directo. Como recreación do pasado xénero ínfimo, comunmente espectáculo de cuplé, centra a súa historia na crítica de la moralidade presente (1919). O conflito moral, político, ideolóxico e relixioso, condiciona a vida das tres mulleres protagonistas, que teñen pensamentos moi distintos e tratan de buscar un lugar puro e cordial que ocupar no mundo, cómpre dicir que sen ningún éxito. A temática central é así, a busca do propio ser ante os momentos de confusión e cambio da mentalidade global.

PROGRAMACIÓN COMPLETA DO NADAL 2021-2022 NA VILA DE A GUARDA

CULTURA

A lenda internacional Bonnie Tyler actúa mañá en Santiago dentro da programación da Xunta para o Xacobeo 21-22

O Festival Vilablues organiza este concerto coa axuda da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da convocatoria extraordinaria para contribuír á recuperación económica das promotoras musicais galega

 

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou no encontro que a cantante galesa mantivo cos medios na véspera do seu directo no Multiúsos Fontes do Sar

Foto. X.G.


Infogauda / Santiago de Compostela

 A lenda do pop-rock internacional Bonnie Tyler atópase xa en Santiago de Compostela para preparar o concerto que ofrecerá mañá no Multiúsos Fontes do Sar dentro da programación promovida pola Xunta de Galicia co gallo do Xacobeo 21-22. A súa actuación, organizada polo Festival Vilablues, conta co apoio económico da Xunta de Galicia a través da convocatoria extraordinaria de axudas para contribuír á recuperación económica das promotoras musicais independentes fronte ao impacto da crise sanitaria.

 A cantante galesa mantivo un encontro cos medios de comunicación este mediodía, no que estivo acompañada por Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e Gumer Meijón, responsable de Mulas Producións, promotora tanto do Festival Vilablues como do concerto de mañá.

 Esta empresa galega é unha das 17 adxudicatarias da devandita liña de subvencións para espectáculos musicais do Xacobeo 21-22. A través dela, distribuíronse 850.000 euros entre diferentes ciclos e shows que se desenvolven nas catro provincias ata finais de ano e suman arredor de 100 actuacións, tanto de artistas e grupos galegos como do panorama nacional e internacional.

Novos temas e grandes éxitos

 É o caso de Bonnie Tyler, quen presentará en directo os temas do seu oitavo álbum de estudio, The Best Is Yet to Come, un traballo de pop-rock con marcadas influencias dos anos 80 e que inclúe tanto temas orixinais como catro versións. A lendaria cantante, posuidora dunha das voces máis singulares do panorama internacional, repasará tamén os seus grandes éxitos, como It’s a Heartache, Total Eclipse of the Geart ou Holding Out for a Hero, entre outros.

O concerto de Bonnie Tyler, que dará comezo ás 22,15 h., estará precedido polas actuacións do dúo Blues do País, coa súa reinterpretación en clave galega dos clásicos deste xénero, e de Duendeneta Dilleis.

 As entradas dispoñibles poden adquirirse na web woutick.es e mañá no despacho de billetes do propio Multiúsos Fontes do Sar, que abrirá o acceso ao recinto do concerto ás 20,00 h.

MEDIO AMBIENTE

Un total de dez centros de ensino participan nunha nova edición de Escola Verde para fomentar actitudes responsables co medio ambiente 

Cada colexio escolle unha temática relacionada co medio ambiente sobre a que traballar, con propostas tan innovadoras como a do IES Valga sobre a arquitectura bioclimática

No curso 2021-2022 oito centros cooperan por primeira vez, mentres que o CEIP Refoxos (Oia) e CEIP Plurilingüe Nº1 (Tui) repiten experiencia


Foto: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 A Xunta desenvolve unha nova edición do programa educativo Escola Verde, impulsado por MeteoGalicia, que neste curso acollerá a participación dun total de dez centros de ensino. O programa arrancou cunha xornada formativa telemática dirixida aos 110 profesores que se encargarán desta iniciativa, que chegará a máis de 1.400 alumnos dos centros participantes.

 Trátase dun programa que ten por obxectivo acadar cambios de comportamento e fomentar actitudes responsables co medio ambiente en todos os aspectos do eido escolar. Así, cada centro escolle unha temática sobre a que traballar durante o curso escolar, para concienciar aos alumnos no respecto pola biodiversidade e a natureza desde as idades máis temperás. Entre as propostas destacan temas tan innovadores como a arquitectura bioclimática e a súa importancia como sumidoiro de CO2, presentada polo IES Valga.

 Na edición de 2021-2022 están inscritos centros de educación infantil, primaria e secundaria de todas as provincias, e destacan o CPR Plurilingüe Divina Pastora, de Ourense, que participa nas tres etapas educativas; así como o CEIP Refoxos, de Oia, e o CEIP Plurilingüe Nº1, de Tui, que repiten experiencia.

 Escola Verde —xunto con MeteoEscolas- é un dos programas recollidos no Plan Proxecta+, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidades na que colaboran diferentes organismos e está pensada para fomentar a innovación educativa nos centros, así como potenciar o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial.

PÓVOA DE VARZIM

CONCERTO DE NATAL DA ESCOLA DE MÚSICA DA PÓVOA DE VARZIM

No dia 20 de dezembro, às 21h30, na Igreja Matriz




Infogauda / Póvoa de Varzim

 No dia 20 de dezembro, às 21h30, a Igreja Matriz recebe o Concerto de Natal da Escola de Música da Póvoa de Varzim (EMPV).  

 Sob a direção musical de Rui Silva, o programa anuncia um canto de esperança e oração pelos mais desfavorecidos, com a entoação do Magnificat (Canto de Maria), como prece de louvor ao anúncio do anjo Gabriel à Virgem Maria – de que esta será a mãe do filho de Deus.  

 Este evento irá contar com a participação do Coro Juvenil Pró-Música, do Ensemble Instrumental Pró-Música e das solistas Maria João Matias e Leonor Eiras.