30 de set. de 2021

A GUARDA

“Un home con lentes de pasta”, unha comedia negra para abrir a tempada teatral no Centro Cultural  

Un total de 5 propostas culturais entre outubro e decembro e que terán lugar no Centro Cultural con inscrición previa.  




Infogauda / A Guarda

 O equipo de goberno do Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe, que o vindeiro 9 de outubro chega ata a Guarda á peza teatral “Un home con lentes de pasta”, unha comedia negra que versa sobre as relacións humanas, a presión das conviccións sociais, da necesidade de contar historias, de escoitalas e de formar parte delas.  Todo iso da man de múltiples influencias e mestura de xéneros que xogan entre a comedia, o absurdo, o suspense,..., resultando ao fin un espectáculo xenuíno e divertido pero cunha segunda capa de profundidade sobre a constante necesidade de parecer, e non tan só de ser.  

 A peza orixinal, escrita por Jordi Casanovas, foi estreada en Barcelona no 2010, acadando o premio da crítica Serra D’or ao mellor texto teatral, o de mellor espectáculo nos premios Time Out no 2011, o premio Mi Butaquita de mellor obra no 2014 e estivo nomeada ao mellor texto catalán nos Premios Max do 2011. Tras este percorrido e 10 anos despois, Redrum Teatro adaptou a peza para iniciar unha xira polos teatros galegos, poñendo a Alex Sampaio na dirección e na escena a actores ben coñecidos polo público galego como Sheyla Fariña (Acacias 38 ou Serramoura), Fernando González (Valeria), Guillermo Carbajo (Noiteboa, Contos do Recreo, Pratos Combinados) e Laura Míguez (María Solinha)  

 A función representarase na Guarda o sábado 9 de outubro ás 20:00h. Como ven sendo habitual é obrigado formalizar a reserva previa a través da seguinte ligazón:  

https://www.eventbrite.es/e/181675585567.  


PROGRAMACIÓN CULTURAL DE OUTONO  




 Esta comedia - “Un home con lentes de pasta” -, é a primeira das propostas teatrais que compoñen a programación de Outono 2021 (para público adulto), que se caracteriza nesta ocasión pola variedade de xéneros e propostas. Así no mes de novembro, o día 19, a obra “Illas Desertas” da compañía tudense Artesa&Cía, romperá as conviccións do teatro cunha obra interactiva, moi contemporánea, con moito peso das novas tecnoloxías, que sen dúbida sorprenderá ao público guardés. E no mes de decembro, o venres 10, unha proposta de teatro musical que nos trasladará ao mundo das cupletistas, do cabaré e da Galicia urbana de 1921 coa obra “O Candil. Un musical galego”, da compañía coruñesa Escola Galega de Teatro Musical,  

 Mais non só o teatro  encherá o Centro Cultural, xa que tamén se unen propostas que nos achegan a poesía, a nosa literatura e a vangarda cultural. Tal é o caso do espectáculo “Entre o Caravel e a Rosa” que mañá venres, 1 de outubro, se representa no Salón de Actos do Centro Cultural e que indaga na figura e obra de Emilia Pardo Bazán. Ou a proposta “Algo que levar a boca” (22 de outubro), que resucita ao Colectivo Rompente que con Antón Reixa á cabeza buscaba nos anos 70 e 80 novos modos de vangarda cultural innovando coa poesía, a imaxe a música. Sen dúbida unha proposta interesante para rescatar cara o presente eses momentos de procura de novos formatos que se dera moitísimo no tempo da Transición.  

1/10: Entre o Caravel e a Rosa. Ás 20:30h no Centro Cultural. 

9/10: Un home con lentes de pasta. Ás 20:00h no Centro Cultural. 

22/10: Rompente: Algo que levar á boca. Ás 21:00h no Centro Cultural. 

19/11: Illas desertas. Ás 21:00h no Centro Cultural. 

10/12: O Candil. Ás 21:00h no Centro Cultural.

CAMINHA

Skate Park está a 'nascer' em Vila Praia de Âncora

Trata-se de um investimento que ultrapassa os 140 mil euros e é cofinanciado pelo Norte 2020 (FEDER)


Esta obra levada a cabo pelo Município de Caminha vai permitir a prática de skate, bem como modalidades de BMX e patins “In-line”

Foto: C.M. C.

 Infogauda / Caminha

 Está a “nascer” em Vila Praia de Âncora o primeiro Skate Park do concelho, uma nova estrutura desportiva preparada para receber provas regionais e nacionais. Esta obra levada a cabo pelo Município de Caminha vai permitir a prática de skate, bem como modalidades de BMX e patins “In-line”, com os objetivos de fomentar e incentivar o espírito desportivo, potenciar estilos de vida saudáveis e alargar a oferta de locais de lazer para os jovens do concelho. Trata-se de um investimento que ultrapassa os 140 mil euros e é cofinanciado pelo Norte 2020 (FEDER).  

 O Município de Caminha está a executar o Skate Park numa parcela do terreno existente no topo norte da zona de aprestos do porto de pesca de Vila Praia de Âncora. O Skate Park é composto por elementos moldados e construídos em betão armado in situ, contempla 7 obstáculos/rampas e está prevista uma lotação de 25 utilizadores em simultâneo. Esta infraestrutura é adequada à prática de skate, bem como modalidades de BMX e patins “In-line”. Para tal, estão a ser criados ao longo da área intervencionada diversos elementos que causam surpresa e diversidade aos praticantes, onde será possível desfrutar de linhas harmoniosas e executar manobras de dificuldade técnica moderada. O Skate Park reunirá todas as condições para receber provas regionais e nacionais.   

 Esta obra é mais uma aposta do Município em prol dos jovens do concelho. Pretende fomentar nos jovens a necessidade de adoção de estilos de vida saudáveis; possibilitar a prática de skate permitindo a evolução dos skaters concelhios, bem como impulsionar o gosto por esta modalidade, atraindo novos jovens. Para além de beneficiar os jovens, esta nova estrutura aumenta a oferta turística do concelho.

TOMIÑO

O xurado do programa ‘Vilas en Flor’ visita Tomiño para coñecer os avances en materia medioambiental   

Logo de seren recibidos no consistorio, amosáronselle intervencións realizadas en varios puntos do municipio como o núcleo de Goián ou a entrada a Estás, entre outros  


Os membros do xurado, acompañados polos concelleiros de Obras, Alexandre Pérez, e de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, ademais de polo técnico municipal da Eurocidade, Xabier Macías

Fotos: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño participa un ano máis no programa Vilas en Flor de Galicia, unha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos de menos de 50.000 habitantes. Organizado pola Fundación Juana de Vega, a Asociacion de Viveristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar), tres membros do xurado visitaron este mércores a vila tomiñesa para coñecer os avances do municipio en materia medioambiental e paisaxística.  

 Acompañados polos concelleiros de Obras, Alexandre Pérez, e de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, ademais de polo técnico municipal da Eurocidade, Xabier Macías, a visita comezou cunha reunión no consistorio municipal, onde se comentaron as intervencións e os cambios realizados no municipio durante o último ano. As zonas verdes dos núcleos urbanos de Tomiño e Goián ascenden a 56.576 m2 de superficie, un 28% de aumento con respecto ao ano anterior.  




 A primeira parada foi a plantación realizada no espazo anexo ao Centro de Servizos Sociais, unha área na que se levou a cabo a plantación de 15 novas árbores (3 carballos, 3 abeleiras, 3 loureiros, 3 érbedos e 3 nogueiras) no marco da participación no programa “Unha árbore por Europa”, e que contou coa participación do Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, “Voces Novas”. Nese mesmo espazo plantáranse tamén outros 48 carballos e 4 castiñeiros.  

 O seguinte espazo visitado foi a estrada de entrada á parroquia de Estás, unha área recentemente intervida na que se priorizou o uso peonil do espazo público, aumentando a seguridade viaria e establecendo un tramo de plataforma única nas inmediacións da escola infantil. Neste senso, destaca especialmente a creación dun espazo público de calidade no que a mellora paisaxística é un aspecto fundamental, coa plantación de case 40 novas árbores (17 Acer Japonicum, 20 Lagerstroemias e 2 Acer Globosum).  

 No traxecto tamén se aproveitou para apreciar as intervencións de ornamentación realizadas en algunhas das rotondas como a situada no inicio da Avenida República Arxentina, na estrada PO-552 á altura do coñecido como cruce do empalme ou na situada en Goián no inicio da vía de altas capacidades. O deseño paisaxístico das mesmas estivo a cargo da paisaxista Sinda Dávila e no que serán empregadas árbores e ornamentación provinte dos viveiros locais, procurando deste xeito poñer en valor este importante sector do municipio e contribuíndo á economía circular e de proximidade.  





 A última intervención visitada foi a realizada no núcleo urbano de Goián, un proxecto no que destacou especialmente o gran aumento do espazo público de preferencia peonil, que pasou de 7.150 a 43.800 metros cadrados, e no cal é fundamental a creación de zonas e espazos verdes, con 118 novas árbores introducidas e a recuperación dunha carballeira de 7.000 m2 para o desfrute da veciñanza. Asemade, na intervención tamén destaca a ampliación do recinto do colexio Pintor Antonio Fernández, con máis de 1.500 m2 de zonas verdes e a creación de tres aparcadoiros municipais nos que se plantaron 50 carballos, entre outras actuacións.  

 Este será o terceiro ano no que o Concello de Tomiño participe no certame Vilas en Flor, un programa que pretende por en valor a mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a xestión sostible dos mesmos e a concienciación cidadá no coidado do medio ambiente. Nas edicións de 2019 e 2020 foi galardoado con dúas e tres Flores de Honra respectivamente.

TOMIÑO

‘Son de Monte’ presenta o seu proxecto de valorización en Tomiño  

O auditorio de Goián acollerá este sábado 2 de outubro unha xornada na que se dará a coñecer esta iniciativa e as súas experiencias piloto en xestión do monte  

O proxecto é froito da cooperación dos grupos de desenvolvemento rural Limia-Arnoia, Mariñas-Betanzos, Montes e Vales Orientais, EuRural, Condado Paradanta e Seitura 22 

 



Infogauda / Tomiño

 Unidos para coidar os montes e o rural galego. Seis grupos de desenvolvemento rural de Galicia presentan este sábado 2 de outubro en Tomiño o seu proxecto ‘Son de Monte’, unha iniciativa de futuro coa que se busca crear unha rede de traballo entre os diferentes axentes do territorio para contribuír de xeito activo á valorización do monte.  

 O proxecto é posto en marcha polos grupos de desenvolvemento rural: Mariñas-Betanzos (A Coruña), Montes e Vales Orientais (Lugo), EuRural (Pontevedra), Condado Paradanta (Pontevedra) e Seitura22 (A Coruña) e coordinado polo GDR Limia-Arnoia (Ourense), a través da medida 19.3 do PDR (Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia). 

 A orixe do proxecto situase en 2018 logo de coñecer as recomendacións da Comisión Parlamentar polos Lumes Forestais de 2017 e que tanto afectaron ao sur da provincia de Pontevedra. 

 Unidos estes 6 GDRs galegos para iniciar experiencias piloto de xestión do monte como a rexeneración tras un incendio, a posta en valor do rebolo e do bidueiro, a recuperación do cultivo do centeo ou a multifuncionalidade, o patrimonio e a compensación do CO2 en montes comunais.  

 ‘Son de Monte’ conta cun orzamento de 80.000 euros financiados ao 90% pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural, ao abeiro dos proxectos de cooperación da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader. Conta ademais coa colaboración do Concello de Tomiño, da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e da Asociación Galega de Tracción Animal. 

Unha completa programación 

 Os GDRs presentarán a iniciativa este sábado 2 no auditorio de Goián, onde as persoas participantes poderán desfrutar dunha intensa xornada na que se afondará sobre diferentes aspectos da xestión do monte. As xornadas abrirán as súas portas ás 11.00 horas cunha benvida a cardo de Sandra González, alcaldesa de Tomiño; de Gumersindo Lamas, presidente do GDR10 Limia-Arnoa e por unha persoa representante da Consellería do Medio Rural. Tras o acto de apertura, procederase á presentar o ‘Son de Monte’, os seus obxectivos xerais e específicos deste proxecto de cooperación.  

 A xornada continuará cunha charla sobre a organización do monte en Galicia e a súa multifuncionalidade ás 11.45 h a cargo de Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización galega de comunidades de montes veciñais en man común (OGCMVMC). Ás 12.30 horas será a quenda dos enxeñeiros de montes Alba Devesa e Antonio Soliño, que falarán sobre a pegada de carbono e a compensación por emisións de CO2. 

 Esta xornada é o punto de partida dun proxecto no que se traballará durante 12 meses nestas seis experiencias, para presentar, posteriormente, a Rede Galega de centros de información e promoción da cultura forestal, e que terá vocación de permanencia e ampliación a outros territorios. Xa pola tarde, o acto continuará cunha visita de campo e voluntaria ao Monte de Pinzás, en Tomiño, onde os e as participantes poderán coñecer de primeira man a experiencia de diversidade produtiva sustentable que se está a levar a cabo neste monte comunal.  

 As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través da web do proxecto. 

VAL MIÑOR

Presentación revistas REM 19 e 20 

O vindeiro 5 de outubro, martes, ás 20:00h, no vello Mercado de Sabarís




IEM / Val Miñor

 Despois do obrigado alto debido á pandemia do COVID 19, o Instituto de Estudos Miñoráns  inicia de novo as actividades públicas.  

 O vindeiro 5 de outubro, martes, ás 20:00h terá lugar a presentación dos números 19 e 20 da nosa REVISTA DE ESTUDOS MIÑORÁNS.  

 O acto terá lugar no vello Mercado de Sabarís, recentemente remodelado para exposicións e usos culturais, e onde nos acompañarán varios dos autores das achegas contidas nestes números.  

 Agardamos a túa presenza.

VIGO

Persoal do Banco Sabadell rexeita con protestas en Vigo o ERE e o peche de oficinas previstos pola entidade 

Desenvolveu concentracións diante de dúas oficinas ao berro de “Non hai motivos para os despidos”

 

A protesta conxunta desenvolveuse en dúas das oficinas que o Sabadell ten en Vigo

Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 Un nutrido grupo de traballadores/as do Banco Sabadell e delegados/as sindicais do sector da banca participaron hoxe en Vigo nas mobilizacións convocadas polas centrais con representación na entidade para rexeitar o ERE e o peche de oficinas (con 1936 despedimentos no conxunto do Estado e o peche do 38% das oficinas en Galiza).  

 A protesta conxunta desenvolveuse en dúas das oficinas que o Sabadell ten en Vigo: na da rúa Colón 26, de 11:00 a 11:30 horas, e na de Policarpo Sanz 3, de 11:30 a 12:00 horas. Alí despregaron unha faixa na que se podía ler “Non ao ERE no Sabadell” e berraron consignas como “Non hai motivos para os despidos” ou “Sabadell escoita, estamos en loita”. 

  Ao tempo que se desenvolvían as mobilizacións, na reunión de hoxe da mesa negociadora a dirección fixo unha tímida proposta de rebaixa de despidos (de arredor de 200), que concretará na vindeira xuntanza que terá lugar o martes. 

 Segundo explican dende a sección sindical da CIG no Sabadell, o banco, seguindo o camiño marcado por outras entidades, presentou un ERE para despedir en todo o Estado 1936 persoas máis, despois de desfacerse de 1800 traballadores/as no primeiro trimestre do ano. As xustificacións, segundo explica o secretario da sección sindical da CIG, Andrés Río, son iguais que as dos demais. De feito, quen asesora ao banco é o mesmo bufete de avogados/as especialistas en despedimentos no sector financeiro. 

 Entre outras cuestións a entidade alega a maior dixitalización da clientela, que a CIG cualifica de “forzada e inmoral”, para a que aproveitaron a situación de pandemia que vivimos desde o ano 2020, cando, afirman, “a clientela o que demanda é atención presencial”. Como demostración Río apunta as longas colas e a sobrecarga de traballo que se acumula nas oficinas. “Expulsan á clientela das oficinas para xustificar despedimentos”, lamenta. 

 Xunto a isto explica que o banco di que ten unha baixada de marxes e de rendibilidade, “mentres acribillan a comisións aos e ás clientes e restrinxen servizos, ao tempo que declaran beneficios de 220 millóns de euros no primeiro semestre deste ano, un 51% máis que o ano pasado”. Por iso considera que “a única meta do Banco Sabadell é repartir un dividendo do 30% do beneficio ao seu accionariado”, tal e como asegurou nos medios de comunicación o propio conselleiro delegado da entidade, César González-Bueno. 

Redución de custos de persoal 

 Para a sección sindical da CIG, o que busca o banco é unicamente reducir custos, mais recortando só os gastos de persoal, “que é quen produce os beneficios”. Nese sentido apuntan a contradición de terse a entidade desfeito de 1.800 persoas a principios deste ano para contratar 200 persoas despois “porque non daban feito co traballo”. 

 Isto xunto coa contratación dunha decena de colaboradores/as con salarios millonarios para reorganizar a cúpula directiva e a quen sinalan como “fichaxe estrela”, César González-Bueno, ao que acusan de estar “á fronte desta nova desfeita de despedimentos”. 

 Diante disto, as centrais sindicais elaboraron un calendario de mobilizacións que comezou o pasado xoves 23 en Santiago, que hoxe tivo continuidade en Vigo, e que, na vindeira semana, desenvolverase deste xeito: 

LUNS 4 OUTUBRO – en todas as oficinas: Paro de 15 minutos, de 10:00h a 10:15h. 

MARTES 5 OUTUBRO – en todas as oficinas: Paro de 60 minutos, de 10:00h a 11:00h. 

MÉRCORES 6 OUTUBRO: FOLGA 24 horas, con MANIFESTACIÓN NA CORUÑA, que sairá as 11:30h dende a oficina principal do Cantón Grande nº 6. 

VENRES 8 OUTUBRO: FOLGA 24 horas, con MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA, que sairá as 11:30h dende a oficina da Rúa do Hórreo 33

GALICIA

Guías da Colección Paisaxe Galega  

Teñen demostrado ser unha ferramenta efectiva para contribuír á conservación e ao mantemento das paisaxes onde se aplican


    Fonte: X.G.

Infogauda / Galicia

 Desde o ano 2012, e atendendo ás diferentes demandas sociais e ás necesidades que van xurdindo, a Xunta leva traballando de forma continuada na elaboración dunha serie de guías monográficas co fin de mellorar a xestión e a conservación de todas as formas de paisaxe.

 Ata o momento xa se publicaron un total de 11, pero hai varias máis en proceso de elaboración e outras propostas que se están a valorar. Na práctica, estas guías teñen demostrado ser unha ferramenta efectiva para contribuír á conservación e ao mantemento das paisaxes onde se aplican, e ademais invitan a seguir con esta iniciativa para homoxeneizar criterios e boas prácticas na planificación e deseño de futuras intervencións sobre o territorio.

 As 11 guías que no marco da Colección Paisaxe Galega xa están dispoñibles na web do Instituto de Estudos do Territorio para a súa descarga son:

1.- Guía estudos de impacto e integración paisaxística

2.- Guía de criterios de sustentabilidade e integración paisaxística dos establecementos de acuicultura litoral

3.- Guía de boas prácticas para a intervención nos núcleos rurais

4.- Guía de boas prácticas de intervención en sistemas praia-duna

5.- Guía de caracterización e integración paisaxística de valados

6.- Guía de cor e materiais de Galicia

7.- Guía de estudos da paisaxe urbana

8.- Guía de boas prácticas en intervencións en espazos públicos (tomo 1 e tomo 2)

9.- Guía de boas prácticas para a integración paisaxística das actividades extractivas

10.- Guía da paisaxe no tempo

11.- Guía de boas prácticas para a identificación e acondicionamento de miradoiros

Así mesmo, entre as publicacións que están en fase de redacción cómpre subliñar as seguintes:

12.- Guía de boas prácticas sobre deseño e instalación de cartelería comercial

13.- Guía de boas prácticas para a integración na paisaxe das instalacións de abastecemento

14.- Guía de recomendacións básicas para evitar o impacto na paisaxe das instalacións portuarias da Xunta de Galicia

15.- Guía de recomendacións básicas para a integración paisaxística de parques empresariais

FORMACIÓN

Luis López anuncia que a Xunta de Galicia concede 23 cursos de formación para desempregados nas bisbarras do Condado e Baixo Miño cun investimento de 1,1 M€  

O delegado territorial informa desta resolución da Consellería de Emprego e Igualdade, acompañado dos alcaldes de Mondariz e Covelo, Emilio Barrios e Pablo Castillo, no acto de clausura do obradoiro de emprego dual Medrando entre Todas/os


O representante autonómico, acompañado polos alcaldes de Mondariz e Covelo, no acto de clausura do obradoiro de emprego dual Medrando entre Todas/os

Foto: X.G.

As iniciativas AFD no sur da provincia comezarán o vindeiro mes de outubro a través de 10 entidades, empresas e institucións cunha carga lectiva global de preto de 12.000 horas  

“Tras a recente concesión de tres novos obradoiros de emprego a Ponteareas-As Neves, Tui e A Guarda, a Xunta segue apostando pola formación e a inserción laboral cos cursos AFD para o sur da provincia, onde se mellorará a empregabilidade de máis de 400 persoas con ambas iniciativas”, explica o representante autonómico


Infogauda / Mondariz

 O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe que a Consellería de Emprego e Igualdade vén de aprobar a celebración de 23 cursos de Acción Formativa para Desempregados (AFD) nas bisbarras do Condado e O Baixo Miño cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros.

 O representante autonómico informou desta resolución esta mañá, acompañado polos alcaldes de Mondariz e Covelo, Emilio Barrios e Pablo Castillo, no acto de clausura do obradoiro de emprego dual Medrando entre Todas/os, celebrado nas antigas escolas de Riofrío.

 “Tras a recente concesión de tres novos obradoiros de emprego a Ponteareas-As Neves, Tui e A Guarda, cun investimento de case 1,1 millóns de euros, dende a Xunta seguimos apostando pola formación, pola empregabilidade e pola inserción laboral e por iso imos impulsar 23 cursos AFD no sur da provincia con case 12.000 horas de carga lectiva”, explicou o representante autonómico, que revelou que no período 2021/2022 haberá un total de 329 cursos AFD na provincia de Pontevedra cun investimento global de 14,6 millóns de euros.

 Deste xeito, as comarcas do Condado e O Baixo Miño disporán, nos próximos nove meses, de obradoiros de emprego en Ponteareas, Tui e A Guarda, con 60 de participantes, e 23 cursos AFD con case 350 asistentes. Así, mellorarase a empregabilidade e as oportunidades laborais máis de 400 veciños do sur da provincia de Pontevedra cun investimento de case 2,2 millóns de euros entre ambas iniciativas.

 As Accións Formativas para Desempregados nas comarcas do Condado e O Baixo Miño comezarán o vindeiro mes de outubro e prolongaranse, segundo a súa carga lectiva, ata o remate da primavera de 2022. A impartición de contidos oscila entre as 53 e as 898 horas, dependendo das ensinanzas laborais, entre as que figuran programación de sistemas informáticos, ciberseguridade, xestión de microempresas, márketing e comunicación, atención ao cliente, soldadura, xestión de almacéns, extinción de lumes forestais, xestión administrativa, panadería e bolería e deseño gráfico.

 As entidades que impartirán este cursos no sur da provincia son as seguintes: Seguridad Gallega Nosa Terra, Centro de Negocios Asergalicia, Asociación EFA A Cancela, Bruno Antonio Vázquez Cuntín, Escuela Profesional de Hostelería del Baixo Miño, Moba Skill Training, Jaime Pérez Martínez, Cerrajería Gándara, Concello de Tui e Informática San Benito.

Clausura do obradoiro

 Polo demais, no acto de clausura oficial do obradoiro de emprego dual Medrando entre Todas/os de Mondariz e Covelo, o delegado territorial, Luis López, presidiu a entrega de diplomas e trasladou, en nome da Xunta, os parabéns aos vinte alumnos-traballadores “por aproveitar estes nove meses de formación, por mellorar a vosa empregabilidade en sectores cunha elevada saída laboral, especialmente no sur da provincia, por obter unha remuneración nestes difíciles meses de pandemia e por contribuír ao beneficio social cos servizos e infraestruturas públicos que se prestaron ao abeiro do plan formativo”.

 Os participantes no obradoiro de emprego recibiron formación nos módulos de Atención Sociosanitaria e Traballos Forestais e de Xardinaría e complementaron estes coñecementos con traballos de capacitación práctica no centro de día de Mondariz e nos servizos de Axuda no Fogar de ambos municípios e tamén, no caso do segundo, co acondicionamento das zonas verdes de Cela e A Lagoa, en Mondariz, e de Souto e a Finca do Caseiro, en Covelo.

CULTURA

Os filmes 'Malencolía' e 'Eles transportan a morte' galardoados co Premio Galicia – Xacobeo 


O delegado territorial da Xunta en Ourense, xunto co presidente da Deputación de Ourense, e membros da organización do XXVI Ourense Film Festival nun momento da rolda de prensa

Foto: X.G.

Infogauda / Ourense

 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na rolda de prensa na se comunicaron os galardoados co Premio Galicia – Xacobeo aos filmes Malencolía e Eles transportan a morte que concede a organización do 26 Ourense Film Festival e a Xunta de Galicia.

VIGO

O Underfest de Vigo reafírmase como referente do outono musical co apoio da Xunta a través da Marca Fest Galicia e das subvencións a festivais  


    Foto: X.G.

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participaron na presentación da programación que se desenvolverá do 7 ao 12 de outubro

O seu cartel ofrece 14 concertos en sete espazos da cidade, con nomes como Mala Rodríguez, Rigoberta Bandini, Maria Arnal i Marcel Bagés, Toundra, Lina e Raül Refree, Mastodonte, The Mystery Lights, BFlecha, Margarida Mariño ou Leifur James  


Infogauda / Vigo 

 O festival Underfest presentou hoxe a programación completa da súa cuarta edición, que se desenvolverá do 7 ao 12 de outubro en sete espazos de Vigo e coa que se reafirma como referente musical na oferta cultural de outono. Para a organización dos seus 14 concertos e das actividades paralelas, a promotora Sweet Nocturna volve contar co patrocinio da Xunta a través da marca FEST Galicia, ademais de recibir axuda por medio da convocatoria de subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a festivais profesionais de música.

 En nome do Goberno galego, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiron ao acto celebrado este mediodía no Auditorio Mar de Vigo, xunto aos representantes da organización e doutras entidades e empresas colaboradoras.

 Sutil subliñou que o Underfest é un dos 14 festivais adheridos a marca FEST Galicia, que este ano se reforzou para promocionar a nosa Comunidade non só como destino musical de calidade, senón tamén seguro. Esta vía de patrocinio enmárcase no compromiso económico e institucional da Xunta cos principais festivais de música galegos, para os que se incrementaron os fondos no marco do seu Plan de reactivación cultural fronte aos efectos da covid-19.

Fondo para festivais

 Así, ademais dos patrocinios de FEST Galicia, que supoñen un investimento de 500.000 euros, os festivais profesionais de música contan cunha liña específica de subvencións, a través da que este ao se distribuíron outros 340.000 euros entre 19 encontros beneficiarios nas catro provincias.

 En referencia ao Underfest, que conta con apoio destas dúas canles, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade subliñou a calidade da súa oferta no ámbito dos festivais urbanos, con nomes ben coñecidos da escena estatal e internacional como Mala Rodríguez, Rigoberta Bandini, Maria Arnal i Marcel Bagés, Toundra, Lina e Raül Refree, Vera Fauna, Colectivo Da Silva, Mastodonte, The Mystery Lights ou Leifur James. Destacou tamén a representación galega, con Margarida Mariño, BFlecha, Grande Amore, Sila Lua e The Bo Derek, así como o feito de que as artistas femininas supoñan máis do 50% deste cartel.

 Entre as súas actividades paralelas, o Underfest organiza a exposición O son do mar, que poderá visitarse a partir do 7 de outubro na Casa das Artes de Vigo, onde permanecerá aberta ao público durante un mes.

 O festival, para o que xa se esgotaron os bonos dispoñibles, mantén activa a venda de localidades para cada un dos concertos programados a través da plataforma entradas.ataquilla.com.

TURISMO

A Xunta de Galici salienta en Lisboa a vitalidade do Camiño Portugués como unha oportunidade para o turismo  

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, deu a coñecer a oferta turística galega aos principais operadores lusos, aos que asegurou que o Camiño de Santiago é un reclamo de éxito para os seus negocios  

O Camiño Portugués e o Portugués da Costa acapararon este ano o 22% do tráfico total de peregrinos, con case 30.000 camiñantes  

Destacou a importancia do modelo turístico galego baseado na seguridade, a calidade e un turismo tranquilo para obter bos datos no verán, situando á comunidade galega como a única de España que superou en agosto as cifras turísticas prepandemia


Infogauda / Lisboa

 O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, puxo o Camiño Portugués como exemplo de recuperación turística e animou aos empresarios do sector en Portugal a promocionalo como unha oportunidade de negocio e de promoción turística.

 Alfonso Rueda, que participou hoxe en Lisboa na presentación do Xacobeo 21-22, lembrou que o Camiño Portugués é a segunda ruta preferida polos peregrinos, despois do Camiño Francés. No que vai de ano, entre o Camiño Portugués e o Portugués da Costa, sumaron cae 30.000 camiñantes que recolleron a súa Compostela en Santiago, o 22% do total. Ademais, en canto se abriron as fronteiras, os portugueses animáronse a facer o Camiño de Santiago, de aí que o 5% dos que chegaron este ano a Compostela sexan de procedencia lusa.

 Alfonso Rueda fixo referencia aos bos datos en canto á afluencia de turistas no verán, con Galicia á cabeza na recuperación turística de España grazas ao traballo feito nestes meses para reforzar a imaxe de Galicia como destino seguro e de calidade cun modelo de turismo tranquilo e sostible, o que permitiu converterse o mes pasado na única comunidade en superar as cifras turísticas prepandemia. Así, lembrou que en agosto, Galicia acadou un 80% máis de ocupación que o ano pasado e situouse 27 puntos por riba da medida estatal respecto a 2019.

 Ao seu entender, o Xacobeo, que está a ser un dos motores da recuperación económica en Galicia, pode ser tamén un estímulo para Portugal, polo que animou a aproveitar as expectativas esperanzadoras para Galicia e os territorios que atravesan o Camiño para seguir sumando turistas e peregrinos en 2022, no segundo ano deste Xacobeo 21-22.

PATRIMONIO

Román Rodríguez destaca os achados arqueolóxicos na Catedral de Santiago como un novo exemplo dunha rehabilitación sobresaínte

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participou na inauguración da mostra sobre os restos atopados na cripta do templo  

Salienta os novos achados da cripta como unha oportunidade para enriquecer a perspectiva da historia e singularidades da Catedral de Santiago


O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o director da Fundación Catedral, Daniel participaron esta tarde na inauguración da exposición Descubrindo a Catedral. Novos achados arqueolóxicos 2017-2021

Fotos: X.G.


Sinala o Plan Catedrais como a ferramenta para continuar avanzando na posta en valor do patrimonio destes templos, desde a colaboración coas dioceses implicadas  

Destaca a unión de forzas que permitiu acometer no templo compostelán “un dos esforzos de conservación recentes máis grandes nun Patrimonio Mundial”


Infogauda / Santiago de Compostela

 O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o director da Fundación Catedral, Daniel participaron esta tarde na inauguración da exposición Descubrindo a Catedral. Novos achados arqueolóxicos 2017-2021, na que se amosan os descubrimentos realizados durante a intervención na cripta do templo compostelán. Neste contexto, o representante da Xunta de Galicia puxo en valor a unión de forzas que permitiu, a través dun convenio de 17M€, acometer “un dos esforzos de conservación máis grandes da historia recente nun Patrimonio Mundial”, o que fai un referente a nivel internacional.

 “Hoxe temos ante nós o resultado dun fantástico traballo colectivo –dixo–. Na parte técnica, cun traballo respectuoso ante un ben material, patrimonial e espiritual senlleiro, no que salienta o gran labor realizado desde a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e a Fundación Catedral; na parte da xestión, cun consenso firme entre Administracións, Arcebispado e a Fundación Catedral de cara a sumar forzas en prol do monumento”.

 Román Rodríguez destacou, ademais, o Plan Catedrais 2021-2027 como a ferramenta “para dotar aos cinco grandes seos galegos dos recursos necesarios para a súa conservación, pero tamén para o seu desenvolvemento”.

 “A Catedral de Santiago, así como o resto de grandes catedrais galegas continúan sendo símbolos do noso tesouro patrimonial e non escatimaremos esforzos á hora de protexer, preservar e revitalizar estes lugares”, engadiu o conselleiro, lembrando que o plan busca “integrar aos principais axentes protagonistas na avaliación, supervisión e composición dos traballos a executar”, así como “fortalecer e reforzar o papel que as catedrais xogan dentro do escenario patrimonial galego”.

Máis perspectiva histórica

 Respecto dos achados arqueolóxicos, “resultado dun esforzo colectivo”, atopados no transcurso dos traballos de restauración da cripta, o conselleiro sinalounos como unha nova oportunidade para ampliar a perspectiva das historia e singularidades do enclave catedralicio. “Falamos mesmo de restos arqueolóxicos do século X que permiten completar a evolución histórica do templo e que inclúen parte da fachada orixinal, ademais de representacións de santos degolados e do rei Salomón”, explicou.


Peza escultórica que representa a degolación dos Santos Inocentes

 No transcurso das obras na cripta da Catedral (que consistiron na substitución do pavimento, limpeza de paramentos, carpintería e instalación eléctrica), localizáronse preto dunha trintena de pezas escultóricas pertencentes, moitas delas, ao coro pétreo do Mestre Mateo, aínda que tamén a outras zonas da Catedral sen determinar. Delas, destacan as relacionadas coa degolación dos Santos Inocentes, que pertencerían a un ciclo dedicado á Matanza dos Inocentes descrita no Evanxeo de San Mateo, e que conservan a policromía.

 Localizouse tamén unha figura sedente que se identifica co rei Salomón, un fragmento de lauda sepulcral, que sería reutilizada como parte do pavimento nas obras da cripta dos primeiros anos do século XVII; así como varias pezas procedentes do coro do Mestre Mateo, entre elas varias torres do remate das fachadas exteriores do conxunto, representación dos muros da Xerusalén Celeste.

 Así mesmo, debaixo dunha parte do pavimento atopouse unha cimentación que percorre todo o ancho da cripta cunha bancada exterior, que podería pertencer a parte da fachada da Catedral en época románica e fragmentos de doelas de arcos que responden ao modelo utilizado no desaparecido claustro medieval da catedral e as súas capelas adxacentes. Tamén se localizaron tumbas, o foso da muralla do século X, construída polo bispo Cresconio, un forno metalúrxico de fundición de campás probablemente coetáneo á construción da Catedral románica, un segundo forno e un pozo.

PONTEVEDRA

O Museo de Pontevedra celebra o Día Europeo da Arte Rupestre con charlas e obradoiros creativos 

A Cova Eirós ou o Castro de Formigueiros serán dous dos lugares sobre os que versarán as actividades, destinadas a público xeral e familiar, os vindeiros venres 8 e sábado 9 de outubro  


O Museo de Pontevedra vai celebrar o Día Europeo da Arte Rupestre
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra 

 O Museo de Pontevedra vai celebrar o Día Europeo da Arte Rupestre cunha programación organizada para poñer de relevo a importancia cultural, artística e turística da arte prehistórica de toda a xeografía europea e que conta con numerosos exemplos no caso galego. A Cova de Eirós e o Castro de Formigueiros, de feito, serán dous dos eixos nos que se centrarán as actividades, destinadas tanto a público xeral como familiar, os vindeiros venres 8 e sábado 9 de outubro.  

 A primeira iniciativa será no Edificio Castelao, que acollerá o venres 8, ás 19:30 horas,  unha charla divulgativa a cargo do catedrático de Prehistoria da USC Ramón Fábregas titulada ‘Cova  Eirós e as súas manifestacións artísticas'.  

 O sábado, día 9, as actividades centraranse no taller ‘Unha mirada ao pasado, viaxando pola prehistoria de Galicia' que se desenvolverán ás 12:00 e ás 17:00  horas. Ao longo dunha hora, as persoas participantes asistirán a unha pequena introdución teórica que lles permitirá obter unha visión diacrónica da arte rupestre prehistórica galega, a través dunha exposición que irá desde os gravados e pinturas dos dolmens ata os da época castrexa, facendo fincapé nos atopados no castro de Formigueiros.  

 O apartado práctico desta proposta virará ao redor dos petróglifos da Idade do Bronce e das pinturas, tanto megalíticas como ás novas aparicións en lugares como  Casaio, Penedo Gordo ou Lobarzán. As familias inscritas nesta acción terán a oportunidade de coñecer técnicas, temas, ferramentas, pigmentos e  aglutinantes cos que plasmarán un motivo prehistórico real utilizando un calco sobre unha bolsa de tea de algodón que poderán levar. 

 Debido a que o aforo de ambas as dúas propostas está limitado polas restricións sanitarias, será necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico a reservas.museo@depo.gal.

TURISMO

A provincia de Pontevedra sitúase "como o destino máis potente de Galicia e un dos máis relevantes do Estado" cunha ocupación este verán do 66% 

Carmela Silva: "A ocupación en establecementos hoteleiros foi 20 puntos superior á acadada no 2020 e soamente cinco puntos inferior á rexistrada no 2019. Somos un destino resiliente e con grande capacidade de recuperación"   


Carmela Silva, presidenta da Deputación d Pontevedra, na rolda de prensa de hoxe
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 Cunha ocupación media nos establecementos hoteleiros da provincia de Pontevedra do 66% durante o verán, a presidenta da Deputación cualificou ao destino Rías Baixas como "o máis potente de Galicia e un dos máis relevantes do Estado".  Carmela Silva, que recordou que a media do verán supera en 20 puntos a rexistrada o pasado ano, e soamente cinco puntos inferior á alcanzada no 2019, resaltou a resiliencia do destino provincia de Pontevedra e a súa grande capacidade de recuperación.  

 Durante o verán todas as comarcas da provincia rexistraron un incremento con respecto á mesma temporada do pasado ano. Deste xeito, a comarca de Vigo acadou unha ocupación media entre xullo e setembro do 75% (24,1 puntos máis que en 2020), O Morrazo o 73% (11 máis), a comarca de Pontevedra o 72% (21 puntos máis), O Salnés o 70% (case 22 puntos máis), O Baixo Miño o 68% (20 máis), a comarca de Caldas o 66% (22 puntos máis), Deza e Terra de Montes o 53% (14 puntos máis) e O Condado e A Paradanta o 50% (17 máis).  No que respecta a concellos, Vigo acadou no verán o 75,4%, Baiona o 80%, Sanxenxo o 70%, Pontevedra o 69,4% e e O Grove o 66,5%. E xa en canto aos establecementos de turismo rural a media de ocupación rexistrada polo Observatorio de Turismo Rías Baixas neste verán ascendeu ao 66,5%, o que supón 7,1 puntos máis que o acadado no verán do 2020.  

 "Espectacular foi tamén a recuperación dos visitantes do Castelo de Soutomaior con respecto ao ano pasado", remarcou a presidenta Carmela Silva. Este verán "foi de récord", con 18.263 persoas que visitaron o Castelo. En setembro foron  2.760 as que se achegaron ata Soutomaior, o que supón 1.125 persoas máis que en 2020 e un dato similar a setembro de 2019, cando visitaron Soutomaior soamente 26 persoas máis que este ano. 

Datos de ocupación setembro  

 En setembro a ocupación media nos establecementos hoteleiros da provincia foi do 52,5%, 23,4 puntos máis que no 2020. Novamente todas as comarcas superaron os resultados do pasado ano, con ocupacións superiores ao 68,5% en Vigo (32 puntos máis), 62% na comarca de Pontevedra (30 máis),  53,4%  no Salnés (25,2 máis), 50,4% no Baixo Miño (18,4 máis), 49% no Morrazo (13 puntos máis), 47% na comarca de Caldas (24,5% puntos máis), 43% en Deza e Terra de Montes (19 máis) e 34% no Condado e A Paradanta (12 puntos máis). No que respecta aos concellos en setembro Vigo rexistrou unha ocupación do 74%, Pontevedra do 73%, Baiona do 67%, Sanxenxo do 52% e O Grove do 52%.  

 Pola súa banda, as casas de turismo rural tiveron de media en setembro unha ocupación do 46%, 17 puntos máis que o rexistrado no mesmo mes de 2020 e cun incremento xeneralizado en todas as comarcas da provincia. Deste xeito, a comarca de Caldas acadou un 62% de ocupación (19 máis), O Morrazo o 56% (8 puntos máis), O Baixo Miño o 52% (22 máis), a comarca de Vigo o 45,4% (30,4 puntos máis), O Salnés chegou ao 41,3% (6,8 máis), as comarcas do Condado e A Paradanta o 40,5% (9 puntos máis), Deza e Terra de Montes o 35% (24 máis) e a comarca de Pontevedra ao 34% ( 11 puntos máis).  

 No que respecta aos campings da provincia a ocupación media chegou ao 25% en setembro, superando o 32% no Morrazo e o 30% na comarca de Vigo. Na zona do Salnés rozou tamén o 30%, e nas comarcas do Baixo Miño, Condado e A Paradanta chegou ao 15%.  

 En canto ao perfil das persoas que acudiron ás Oficinas de Turismo Rías Baixas en setembro procedían na súa maioría de España (90%) e, en concreto, de Madrid, Barcelona, Biscaia e Asturias. No que respecta ás estranxeiras (10%) proviñan maioritariamente de Portugal, Alemaña, Francia, Estados Unidos e Italia.  A media de idade situouse entre os 35 e 60 anos e permaneceron na provincia entre 7 e 15 días.  

Previsión de ocupación cara outubro e a ponte da Hispanidade  

 Cara ao mes de outubro agárdase unha ocupación media en establecementos hoteleiros da provincia do 33%, chegando a máis do 45% durante a ponte da Hispanidade. Así, para a ponte prevese un 65% na comarca do Salnés, o 56% na comarca de Vigo, o 53% na de Pontevedra, un 40% na comarca do Morrazo, o 38% na de Caldas, o 47% na do Baixo Miño, o 28% no Condado e A Paradanta e o 34% en Deza e Terra de Montes.  Pola súa banda, nos concellos estímase unha ocupación do 62% en Vigo, do 61% en Baiona, do 58% no Grove e de preto do 50% en Pontevedra.  

"Sigue o teu instinto" busca ser a Mellor Película Turística do Mundo  

 O vídeo da campaña turística da Deputación en 2020, "Sigue o teu instinto", xógase o título de Mellor Película Turística do Mundo no Premio do Público do CIFFT (Comité Internacional de Festivais de Películas Turísticas). A presidenta Carmela Silva, fixo "un chamamento á cidadanía para pedir un gran favor para a provincia e para o noso sector turístico: voten o vídeo como se non houbera mañá", xa que, sinalou, "xogamos de novo na Champions League. Votándoo conseguiremos que o vídeo se vexa en todo o mundo e será unha campaña de promoción internacional que non teríamos recursos para acometer". As votacións abren mañá, 1 de outubro, e pecharán o vindeiro 25 de outubro na web do CIFFT.  

 Agora mesmo "Sigue o teu instinto" lidera a categoría de Produto Turístico do CIFFT cos galardóns acadados co voto do xurado: 34 fronte aos 29 obtidos polo vídeo que ocupa o segundo lugar e os 25 do terceiro posto. O vídeo, producido por Esmerarte, segue a estela de "Fame de experiencias?", que en 2020 obtivo 14 premios internacionais e tamén foi o vídeo que obtivo máis puntos na categoría de Produto Turístico do CIFFT. Polo de agora xa acadou 8 galardóns, dous deles aínda non públicos. No Premio do Público do CIFFT competirá a partir de mañá fronte a 40 candidaturas de todo o mundo. "Votar é traballar polo futuro da nosa provincia e por que teñamos un destino cada vez máis internacional", valorou a presidenta. 

PONTEVEDRA

Portugal "toma nota" do Revitaliza como modelo de xestión de residuos para os seus municipios 

O director de Zero Associaçao Sistema terrestre sustentable e persoal técnico visitaron varios centros de compostaxe comunitaria en Moaña e Poio   


Na xornada de traballo participaron o director da entidade, Paulo Locas, así como dúas persoas responsables técnicas do desenvolvemento de sistemas de xestión de residuos, Pedro Horta e Sara Correia

Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 Representantes de Zero Associaçâo Sistema Terrestre Sustentável, de Portugal, unha fundación sen ánimo de lucro que asesora aos municipios portugueses en materia de residuos, vén de realizar unha visita á provincia de Pontevedra para coñecer de primeira man o Plan Revitaliza de compostaxe e ver a posibilidade de trasladalo e adaptalo aos municipios lusos, principalmente da zona de Fátima e o Norte de Lisboa.  

 Na xornada de traballo participaron o director da entidade, Paulo Locas, así como dúas persoas responsables técnicas do desenvolvemento de sistemas de xestión de residuos, Pedro Horta e Sara Correia. A entidade coñeceu do traballo que está a realizar a Deputación a raíz do informe realizado sobre o Revitaliza trala visita de Zero Waste á provincia de Pontevedra e considerou interesante afondar sobre os datos concretos, o tempo que leva en marcha a iniciativa, o persoal que se destina ao programa e tamén as condicións nas que se realiza o tratamento de quilómetro cero.  

 A visita comezou nas instalacións do Revitaliza cunha exposición teórica sobre cifras de implantación na provincia de Pontevedra, os resultados, os investimentos e as perspectivas de futuro, a distribución dos centros de compostaxe comunitaria e o reparto de composteiros individuais, o proceso da compostaxe e a cantidade de poboación atendida con este sistema.  

 Posteriormente fíxose un percorrido práctico que pasou por Moaña –coa recepción do concelleiro Odilo Barreiro- visitando os CCC da rúa Daniel Castelao , da Praza de Abastos, o de Concepción Arenal e da Praza de Lola Diz, para logo cambiar de municipio cara a Poio e coñecer o funcionamento do composteiro da Praza de Ferrreirós. Segundo explicou o persoal técnico provincial todos os CCC implantados na provincia seguen os mesmos parámetros potenciando o tratamento en o quilómetro cero.  

 As representantes portuguesas, que subliñaron que en Portugal apenas existen iniciativas puntuais de compostaxe, amosáronse sorprendidas polo grao de implantación e a implicación da cidadanía pontevedresa, polo que consideraron que o Revitaliza é un exemplo a seguir.

PONTEVEDRA

O festival Portamérica grande protagonista dunha fin de semana na que a Deputación de Pontevedra volve encher de lecer a provincia 

PortAmérica 2021 pecha en Portas o cartel dos Rías Baixas Fest, os eventos musicais máis destacados do panorama musical galego  




Infogauda / Pontevedra 

 A Deputación de Pontevedra dálle á benvida ao mes de outubro facendo partícipes a dez concellos da provincia da súa interesante oferta cultural e deportiva. Serán Soutomaior, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Portas, Campo Lameiro, Baiona, Silleda, Vilaboa, Moraña e Catoira os que acollerán, ata o domingo, as actividades dos programas provinciais "Tornar as táboas", "Historias Cavadas", "Musigal", "Roteiros literarios", "Rutas de arquitectura" e "Visitas caracterizadas", "Rías Baixas Film Fest" e "Rías Baixas Fest",  o prato forte desta fin de semana.  Música e cine volven xogar un importante papel esta semana. No terreo musical, o venres e o sábado pomos fin en Portas aos "Rías Baixas Fest". PortAmérica 2021 pecha o cartel de eventos musicais máis destacados do panorama musical galego, que este ano levou, unha vez máis, aos nosos artistas durante todo o verán e parte do outono por toda a provincia. Celebrarase entre o 1 e 2 de outubro na Azucreira de Portas,  e o seu concepto xira en torno á orixe. "PortAmérica. Orixe" vai reunir a parte dos artistas cos que xurdiu, constituíndo o seu principal reclamo dous concertos únicos de bandas moi vencelladas para o festival: o concerto de Delux, antigo grupo de Xoel López que se reunirá por primeira vez tras 13 anos; e a volta de Le Punk, que permanecía inactivo desde 2009. Tamén haberá concertos de Vetusta Morla, Tropical Jesús, Novedades Carmiha e Ortiga, entre outros. Como cada ano, as campañas de sustentabilidade e igualdade da Deputación estarán moi presentes na cita musical, mais nesta ocasión cun novo formato. No caso de igualdade, cun audiovisual co que reafirma a denuncia da institución fronte ao acoso e a violencia machista e, no da sustentabilidade, cun espazo no que se animará ás e os asistentes a compartir un momento Rías Baixas nun sistema de transporte moi ecolóxico como o é un globo. Neste último posto, haberá información sobre a importancia do consumo da artesanía e o produto local nas nosas experiencias turísticas. Ademais, dentro da programación de "Musigal", o domingo 3, ás 20.00 horas, celebrarase  en Vilaboa o concerto de "De Vacas".  

 Pola súa banda, no terreo audiovisual, a cidade olívica celebra ata este sábado 2 de outubro o "Galician Freaky Film", que na súa quinta edición volve para achegar ás galegas e galegos unha coidada selección de pezas audiovisuais con grandes estreas mundiais, internacionais e nacionais. Ata decembro, os "Rías Baixas Film Fest", completarán o seu cartel co "Festival de Cine Inclusivo" (12-16 outubro) e "Novos Cinemas" (14-19 decembro).  

 Soutomaior volve acercar a historia do seu castelo con seis novas oportunidades para percorrer e coñecer os detalles máis cobizados da fortaleza e parque botánico no marco das "Visitas caracterizadas". Así, da man de María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria (representadas pola agrupación Aguias), os seus visitantes poderán gozar do castelo e a súa contorna o venres 1, ás 16.00 e ás 17.30, e, o domingo 3, ás 11.00, 13.00, 16.00 e 17.30. As visitas teñen unha duración estimada dunha hora e o seu prezo é de oito euros. Para asistir é necesario realizar reserva no portal web do castelo.  

 Amais, a Deputación reafirma o seu interese de achegar as artes escénicas aos seus concellos con outras dúas de "Tornar as táboas". O sábado 2, ás 20.00, Expresións Producións ofrecerá o seu espectáculo "Os limpa limpa" en Campo Lameiro e, o domingo 3, tamén ás 20.00, será a quenda de A Panadaría, que interpretará "Elisa e Marcela" en Baiona. Por último neste senso, a institución provincial pon fin á edición actual de "Historias Cavadas", que rematan este xoves, ás 20.00, en Castro Alobre (Marín).  

 A terceira das "Rutas Arquitectónicas" terá lugar este sábado 2, ás 10.00 horas, e arrancará no santuario dos Milagres de Amil, en Moraña, para ofrecer a continuación un interesante itinerario pola súa contorna, as torres de Oeste e a ermida e carballeira de San Cibrán de Dimo, en Catoira. Finalmente, no caso dos "Roteiros Literarios", será Silleda o concello que acolla a "Memoria e ficción no relato rural", que partirá ás 11.30 do Recinto Feiral Semana Verde para pór en valor, da man de Ana Cabaleiro, as pegadas literarias que a vila atesoura, tanto a partir de autoras e autores silledenses coma universais do sistema literario galego.