9 de xul. de 2021

O ROSAL

A Feira do Viño do Rosal abrirá este sábado as inscricións nas súas actividades  

· As persoas interesadas poderán reservar praza a través da web para o que se desenvolva na Praza do Calvario e para o roteiro polos muíños do Folón e do Picón  

· A web tamén recollerá toda a información para participar nas visitas guiadas ás adegas e á cata comentada por Aurelio Vázquez Fachal, pregoeiro desta edición  




Infogauda / O Rosal

 A Feira do Viño do Rosal xa está a ultimar os detalles para celebrar a súa XXIX edición. Este mesmo sábado día 10 de xullo abrirase o prazo de inscrición en todas as actividades programadas para este ano, das que se poderán desfrutar en bloques horarios e con aforo limitado para garantir a seguridade das e dos participantes. “A Feira volve de forma presencial pero con toda a prudencia e contención posibles, poñendo en marcha todos os mecanismos de prevención necesarios e priorizando sempre a saúde pública”, salienta a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.  

 As inscricións para as actividades que se desenvolverán na Praza do Calvario e para o roteiro polos muíños do Folón e do Picón realizaranse de xeito cómodo e sinxelo a través da web da Feira do Viño. As persoas interesadas soamente deberán encher o formulario de reserva de praza para calquera dos bloques de actividades, que serán: 

- Vernes 16 de xullo 

De 20.00 a 21.00 horas entrada ao recinto. Ás 21.00 horas celebrarase o acto inaugural e darase paso ao pregoeiro, o enólogo Aurelio Vázquez Fachal. Ás 22.00 h comezará o monólogo de Sergio Pazos. 

- Sábado 17 de xullo 

 De 11.00 a 12.00 horas entrada ao recinto. Ás 12.00 horas poderase desfrutar dunha demostración de cociñado a cargo dos chef Iván Mendez e Alejandro Iglesias, unha actividade programada ao abeiro do proxecto de cooperación ‘Eurochef’ promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural. Ás 13.30 horas será a quenda co concerto lixeiro, no que se poderá escoitar a Weli Kings mentres se degusta un viño. 

 De 18.00 a 19.00 horas entrada ao recinto. Ás 19.00 h pódese desfrutar da actuación infantil a cargo de Barafunda. 

 De 21.00 a 22.00 horas entrada ao recinto. Ás 22.00 horas celebrarase o concerto de The Soul Jacket. 

- Domingo 19 de xullo

 Roteiro polos muíños do Folón e do Picón. 

 De 12.00 a 13.00 horas entrada no recinto. Ás 13.30 horas comezará o concerto lixeiro con Awen. 

 Durante todas as actividades poderán degustarse os viños das adegas D.O. Rías Baixas subzona do Rosal, pertencentes á confraría Cabaqueiros do Viño do Rosal: Aforado, Altos de Torona, Lagar de Cervera, Lagar Pedregales, Quinta Couselo, Santiago Ruiz, Adegas Novás, Terras Gauda e Valmiñor. 

 Ao abeiro da Feira do Viño, a confraría tamén organiza unha cata comentada de nove viños dirixida polo enólogo Aurelio Vázquez Fachal. O enólogo conta con formación no Centro Superior de Hostalaría de Galicia e cunha longa traxectoria en postos de dirección de negocios de restauración e hoteleiros. Ademais, foi gañador no ano 2012 do concurso ‘Nariz de Oro de Galicia’. A cita será o venres 16 de xullo ás 13.00 horas no restaurante Juan e para inscribirse hai que enviar un correo electrónico a confrariavinorosal@gmail.com, indicando nomes e apelidos da persoa participante. Data límite de inscrición: 15 de xullo ás 13.00 horas. 

 Os adegueiros tamén poñerán en marcha estes días visitas guiadas as súas bodegas. As persoas interesadas en participar teñen na web da Feira do Viño toda a información sobre días, horarios, contactos e modo de inscrición.  

 A Feira realizarase con todos os protocolos de prevención e restricións establecidos pola propia Xunta de Galicia para este tipo de eventos. É importante destacar que a Feira do Viño soamente poderá realizarse en caso de que o nivel de alerta epidemiolóxica no Rosal sexa medio-baixo, xa que a Xunta obriga á cancelación ou suspensión de calquera evento no caso de subir de nivel de risco.  

O BAIXO MIÑO

A CIG denuncia a “situación extrema” na que se atopan os  centros de saúde do Baixo Miño por falta de persoal 

· Dende a central sindical apostan por mellorar as condicións laborais e  por estabilizar o emprego para atraer profesionais

  

Vista dunha concentración en defensa da Sanidade pública realizada na vila de A Guarda
Foto: Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de A Guarda

Infogauda / O Baixo Miño 

 A CIG-Saúde de Vigo vén de denunciar publicamente a “situación extrema” na que se atopan “os  centros de saúde da comarca do Baixo Miño como consecuencia da falta de persoal”. Dende a central sindical apostan por mellorar as condicións laborais e estabilizar o emprego para atraer profesionais, xa que dos 16 residentes que completaron a súa formación na zona este ano só tres continuaron o  seu labor nela. 

 Como consecuencia desta situación, onte mesmo o centro de saúde do Rosal só contou cunha  médica, situación que se vén repetindo no últimos mes en varias ocasións. “A situación é grave, xa  que ten que asumir a asistencia dun concello de máis de 6.000 persoas, que no verán ve aumentada a súa poboación”. Isto provoca que no caso de ter que asistir a algunha urxencia que requira ir  acompañada ao hospital, a localidade quedaría sen persoal médico arredor de dúas horas debido á  lonxanía do hospital. 

 Por iso na CIG consideran que a sobrecarga de traballo do persoal coloca o centro nunha situación  insostíbel, “máis cando se sabe que non se trata dun problema puntual, senón que se vai repetir  durante o verán”. 

 Sinalan que algo semellante está a acontecer no centro de saúde de Oia, no que un único facultativo  ten que atender as dúas ausencias das médicas da localidade. Neste centro, un único médico pode  estar atendendo en torno a 75 consultas, entre programadas e as urxentes, “situación que se ten visto agravada nos últimos días pola situación sanitaria do concello”. 

 Isto está a traducirse nun aumento das asistencias do servizo de ambulancias da zona e do PAC da  Guarda, “este último que por primeira vez en anos non conta con reforzo de costa”. Así que no caso  de ter que asistir a unha emerxencia fóra do centro a partir das 21:00 horas a poboación da Oia, O  Rosal e A Guarda queda sen persoal sanitario na zona. “Hai que lembrar que o PAC dá asistencia a  preto de 20000 persoas dos tres concellos, poboación que experimenta un aumento significativo no  verán”. 

Deterioro da Atención Primaria 

 A CIG-Saúde cualifica de preocupante” a situación e incide en que a solución pasa por mellorar as  condicións laborais das profesionais. “É significativo que de 16 residentes que remataron a súa  formación na zona este ano só tres continuaron o seu labor nela por un descontento xeneralizado nas condicións ofertadas pola Xerencia”. 

 Por iso apostan por estabilizar o emprego cunha OPE que saque todas as prazas necesarias para ter  os centros cubertos co persoal necesario para asegurar unha asistencia digna “e para atraer de novo as profesionais que levan anos buscando mellores condicións noutras comunidades autónomas ou  noutros países”. 

 Finalmente, lembran que as Plataformas na Defensa da Sanidade Pública da Guarda e do Rosal  veñen alertando nas últimas semanas sobre as deficiencias dos centros e sobre o deterioro constante  da Atención Primaria nestas localidades, “así como reiterando a reivindicación histórica de dotar o  PAC cun dobre equipo”.

OIA

A ÁREA SANITARIA DE VIGO E O CONCELLO DE OIA TRABALLAN NA MELLORA DA ATENCIÓN SANITARIA 

· O xerente da Área e a alcaldesa da localidade mantiveron hoxe unha xuntanza para buscar fórmulas conxuntas que permitan mellorar a situación, motivada pola carencia de médicos para realizar substitucións 

· A dirección sanitaria conseguiu cubrir as ausencias dos profesionais a maior parte da xornada, e agora acordouse reforzar os circuítos administrativos para mellorar a xestión da demanda 


O xerente da Área Sanitaria de Vigo e a alcaldesa do Concello de Oia, mantiveron hoxe unha xuntanza

Foto: A.S. de V.

 Infogauda / Oia

  O xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente Prito, e a alcaldesa do Concello de Oia,  Cristina Correa Pombal, mantiveron hoxe unha xuntanza "para buscar fórmulas de mellora da atención prestada nestes momentos á poboación dese concello. Trátase dunha situación puntual e conxuntural, motivada pola carencia absoluta de médicos na listas de contratación para realizar substitucións nesta época estival". 

 Desde a Xerencia da Área Sanitaria de Vigo afirman que "a día de hoxe, os 2 médicos de familia do centro de saúde de Oia están en situación de baixa laboral  e  ante a imposibilidade de dispor de substitutos, a dirección sanitaria conseguiu dar cobertura a esas ausencias a maior parte da xornada, grazas á colaboración de facultativos doutros concellos, que aceptaron realizar prolongacións da súa xornada laboral en Oia. 

 Sen embargo, estas coberturas ten xerado algúns desaxustes das axendas de citación, polo que o xerente e a alcaldesa acordaron reforzar os circuítos administrativos para mellorar a xestión desa demanda e a comunicación coa poboación".  

4 persoas positivas no cribado 

 No transcurso da xuntanza ambos dirixentes tamén trataron o tema do "cribado realizado o pasado luns día 5 en Oia, ata onde desprazouse un equipo de profesionais sanitarios para realizar a proba PCR a 418 veciños convocados, a maioría nun rango de idade entre 18-40 anos. A participación acadada foi dun 55,9%; isto é, participaron 236 persoas nas que se diagnosticaron 4 casos positivos".

OIA

O Grupo Parlamentario Socialista presentou unha proposición non de lei para a mellora da atención sanitaria do no Centro de Saúde de Oia  

Mª Leticia Gallego (deputado do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia): "(...) os socialistas reclamamos á Consellería de Sanidade medidas urxentes no Centro de Saúde de Oia. A situación na que se atopa a Atención Primaria nesta vila é moi alarmante"


Mª Leticia Gallego Sanromán, deputada do Grupo dos Socialistas de Galicia
Foto: P. de G.

 Infogauda / Oia

 Na sesión plenaria do pasado xoves día 8 de xullo de 2021, os deputados do Grupo dos Socialistas de Galicia, Mª Leticia Gallego Sanromán, Julio Torrado Quintela e Marina Ortega Otero, presentaron ante o pleno unha proposición non de lei na que se pide ante o Parlamento Galego que se inste á Xunta de Galicia a:  

1. Garantir a correcta e plena asistencia sanitaria na Atención Primaria cubrindo as prazas vacantes de médicos de familia do Centro de Saúde de Oia. 

2. Garantir a consulta de dúas veces á semana do servizo de pediatría no Centro de Saúde de Oia. 

3. Dotar dunha ambulancia medicalizada para toda a comarca do Baixo Miño e así ter unha boa asistencia sanitaria. 

 "Estas peticións veñen motivadas ante o clamor popular e da veciñanza polas continuas deficiencias na atención sanitaria no centro de saúde do municipio, derivadas, por unha banda, da falta de médicos e a non cobertura das prazas vacantes, o que provoca unha precaria atención, que sofre día a día a veciñanza", afirma á deputada Mª Leticia Gallego.

 Asemade, a parlamentaria do PSdeG-PSOE refire: "Durante todo o mes de xuño, coas dúas médicos de atención primaria de baixa, só se substituíu unha, xa que a segunda só se substituíu 4 días en todo o mes. Se temos en conta que a poboación de Oia está moi envellecida cun segmento de poboación superior aos 50 anos de 1.495 habitantes, o que representa máis do 45% da poboación total do concello, podemos deducir o risco sanitario que está tendo a veciñanza. 

 O 30 de xullo de 2020 o grupo municipal socialista denunciou no pleno ordinario celebrado en Oia a falta do servizo de Pediatría que se prestaba dúas veces á semana, o que obrigou aos pacientes a desprazarse ata A Guarda para recibir atención. 

 En maio de 2021, o servizo de pediatría restablécese ao 50% coa asistencia do pediatra só un día á semana; Tendo en conta que a poboación de 0 a 15 anos en Oia é de 341 rapaces e rap azas. 

 E no presente mes de xullo volven a non ter pediatra. É unha vergoña a atención que se presta en Oia aos seus veciños e veciñas, non polos traballadores sanitarios do Centro de Saúde, que multiplican o seu traballo para poder paliar a situación de falla de persoal, tendo que atender cun só médico e en ocasiones sen ningún médico a unha poboación de máis de 3.000 habitantes, senón pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. 

 Neste contexto os socialistas reclamamos á Consellería de Sanidade medidas urxentes no Centro de Saúde de Oia. A situación na que se atopa a Atención Primaria nesta vila é moi alarmante". 

PONTEVEDRA

As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado vixilarán durante a fin de semana as zonas con maior concentración de persoas    

Maica Larriba apela á responsabilidade individual para frear o avance do virus 

A subdelegada do Goberno mantivo unha reunión por videoconferencia cos principais responsables policiais da provincia para deseñar os operativos de seguridade de cara o fin de semana. 


A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, mantivo un encontro por videoconferencia cos mandos provinciais de Garda Civil e Policía Nacional 

Foto: S. do G.

Infogauda / Pontevedra

 Tras a reunión de coordinación mantida hoxe polo delegado do Goberno en Galicia cos responsables autonómicos das Forzas e Corpos de Seguridade, a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, mantivo un encontro por videoconferencia cos mandos provinciais de Garda Civil e Policía Nacional para coordinar e definir os operativos policiais na provincia para o control das medidas sanitarias vixentes de cara a fin de semana.  

 Axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado estarán presentes nas zonas de maior afluencia da provincia para evitar as concentracións de persoas e, en especial, a celebración de botellóns.  

 Neste sentido, a subdelegada do Goberno lembrou que “na nosa Comunidade Autónoma está prohibido o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas públicas, así como noutros lugares de tránsito público, polos riscos que presenta esta práctica para a saúde pública”. A este respecto, Larriba pediu a todos os veciños e veciñas da provincia “responsabilidade para evitar situacións que poidan contribuír á propagación do virus e, por tanto, ao aumento dos contaxios”.  

 Os axentes acordaron, así mesmo, reforzar a vixilancia das localidades turísticas nas que se espera unha importante chegada de visitantes durante a fin de semana e, en especial, aqueles puntos costeiros que poden rexistrar unha maior afluencia de persoas.  

 Non obstante, Larriba lembrou que “alén dos operativos policiais que se poidan deseñar para garantir o cumprimento das medidas sanitarias vixentes, a responsabilidade individual é fundamental para frear o avance do virus e o aumento dos casos”. 

TURISMO

Miranda recibe a Michelle Miron, do histórico centro español “La Nacional” de Nova York, ao remate do Camiño Portugués pola Costa que realizou na honra do seu avó galego  

· O secretario xeral da Emigración agradeceu a representante deste histórico centro español con gran presencia de galegos, o seu interese por celebrar o Xacobeo, regresando así a Galicia tras 16 meses sen poder viaxar

· Miron recordou que o Camiño forma parte da identidade de tódolos galegos, e que cumpría así a promesa realizada ao seu avó con quen acordou realizar a viaxe “que nunca puidemos facer porque faleceu xusto o ano pasado”


Michelle Miron, representante do histórico centro español “La Nacional” conversa co Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, que recibiuna na praza do Obradoiro

Foto: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu na praza do Obradoiro a Michelle Miron, representante do histórico centro español “La Nacional”, que conta con gran número de representantes galegos, ao remate da súa viaxe polo Camiño Portugués pola Costa a Santiago, realizado en honor do seu avó, quen faleceu o ano pasado.

 Esta galega, xa nada en Estados Unidos, é unha das primeiras peregrinas de este país que completa o Camiño, e tal e como lle trasladou o secretario xeral, “para nós é precisamente un orgullo que esto sexa así, xa que ninguén como un galego do exterior para valorar o que o Xacobeo significa para a nosa identidade como pobo”.

 Michelle Miron explicou que as súas raíces atopábanse en Lorbé, Oleiros, e que o seu avó, “que era moi aventureiro”, sempre estaba a falar de percorrer con ela o Camiño de Santiago. “Lamentablemente faleceu o ano pasado, e decidín que, en canto puidera coller un avión, iría a facer o Camiño. Así que, 16 meses despois de que a pandemia nos impedira viaxar, collín un voo a Lisboa e percorrín 220 quilómetros entre Porto e Santiago para cumprir a promesa que lle fixen ao meu avó”.

 Rodríguez Miranda animou a Miron a invitar a cantos coñece a realizar a mesma aventura e a coñecer os diferentes camiños de Santiago, “que lles aportará unha explosións de sensacións físicas e de sentimentos, e que hai que facer, a lo menos, unha vez na vida”.

CULTURA

O ciclo ‘Danza 3’ celebra o Xacobeo 21-22 con baile e música tradicionais en 15 localidades  

· A Xunta de Galicia e o colectivo XOC promoven a novena edición do programa, que arranca esta fin de semana coas actuacións de Xacarandaina en Burela mañá sábado e de Cantigas e Agarimos en Marín e de O Fiadeiro en Moaña o domingo 11 

· O percorrido destas tres agrupacións estenderase durante todo o verán, viaxando tamén ata os municipios de Cambados, Carballo, Carnota, Carral, A Guarda, A Laracha, Negreira, O Carballiño, Poio, Ribadeo, Sober e Vedra  

· Ademais deste programa, durante este verán o Goberno autonómico está a impulsar máis de 3.000 actividades cun investimento superior aos 9 millóns de euros


    Foto: X.G.

Infogauda / Galicia

 A Xunta de Galicia ofrece esta fin de semana as tres primeiras das 15 citas protagonizadas por Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina dentro dunha nova edición do ciclo Danza 3. A Xunta de Galicia e o colectivo XOC, integrado polas devanditas agrupacións, promoven por noveno ano consecutivo esta iniciativa de difusión do baile e a música tradicionais, desta volta como parte da programación cultural do Xacobeo 21-22.

 Con este motivo, amplíase o percorrido do ciclo, que o ano pasado e a pesar das restricións sanitarias foi quen de manter a meirande parte das representacións previstas. Esta nova viaxe polas prazas e rúas dos 15 concellos participantes dará comezo mañá sábado en Burela, onde actuará a formación coruñesa Xacarandaina ás 20,00 h. na praza da Mariña.

 O domingo 11 será a quenda de O Fiadeiro, de Vigo, que se desprazará ata Moaña para despregar o seu espectáculo de danza tradicional ás 20,00 h. no parque San Bartolomeu de Meira; e da agrupación compostelá Cantigas e Agarimos, que se presentará ás 21,30 h. no parque Eguren de Marín.

Ata finais de setembro

 A programación completa estenderase ata finais de setembro por diferentes espazos ao aire libre e auditorios para compoñer un calendario de encontros festivos co público en 15 municipios: Cambados, Carballo, Carnota, Carral, A Guarda, A Laracha, Negreira, O Carballiño, Poio, Ribadeo, Sober e Vedra, ademais dos devanditos concellos de Burela, Marín e Moaña. Serán 12 citas centradas na danza e outras tres na música, nas que estas formacións artísticas exhibirán a pé de rúa unha mostra do seu amplo repertorio e nas que buscarán implicar os viandantes.

 Así, tras a súa actuación de mañá, Xacarandaina estará con Danza 3 en Carballo (16 de xullo), na localidade larachesa de Caión (18 de xullo), Ribadeo (24 de xullo) e Carral (24 de agosto). No caso de O Fiadeiro, os seus seguintes destinos serán A Guarda (17 de xullo), Poio (7 de agosto), Sober (18 de setembro) e Vedra (25 de setembro). Por último, Cantigas e Agarimos completa o calendario coas súas actuacións no Carballiño (8 de agosto), Cambados (15 de agosto), Negreira (21 de agosto) e Carnota (27 de agosto).

Difusión do folclore galego

 Coa edición de 2021 de Danza 3, colabórase por noveno ano consecutivo co colectivo XOC, integrado por estas tres asociacións culturais que traballan para lle dar visibilidade ao folclore galego, tanto a través das actividades de exhibición que realizan dentro e fóra das súas sedes como dos cursos de formación e de recuperación desta parte do patrimonio inmaterial galego.

 Ademais deste programa, durante o verán de 2021 a Xunta de Galicia está a impulsar máis de 3000 actividades por toda a xeografía galega cun investimento superior aos 9M€ ao abeiro do Plan de Reactivación da Cultura. Son actividades que se suman á programación especial do Xacobeo 21-22 e que favorecen a posta en marcha de numerosos eventos que abranguen todas as disciplinas artísticas e dirixidas a todo tipo de públicos, tanto en zonas urbanas como no rural.

CULTURA

O Gaiás amplía a súa conexión co Xacobeo coa intervención artística de Francisco Leiro ‘Zapatos no Camiño’  

· Este proxecto escultórico no Bosque de Galicia dialoga coa cidade compostelá e os espazos naturais da Cidade da Cultura, co Camiño de Santiago como pano de fondo

· O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade destacou que esta proposta, “contemporánea e universal, se converterá en obra de referencia e obrigada visita contribuíndo a aumentar o atractivo dos espazos naturais do Gaiás”  

· Francisco Leiro, un dos artistas galegos con maior proxección internacional, súmase así aos creadores que teñen realizado intervencións nos exteriores do Gaiás, como Manolo Paz, Clara Montoya ou Alicia Framis


O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado de Francisco Leiro, e da directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, presentou hoxe este proxecto escultórico, enmarcado no Xacobeo 21-22

Fotos: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 A Xunta de Galicia amplía o vencello entre a Cidade da Cultura e o Camiño de Santiago coa instalación no Bosque de Galicia dunha intervención escultórica de Francisco Leiro, Zapatos no Camiño, que pode visitarse desde hoxe. A obra, composta de tres pezas realizadas en diferentes materiais, sitúase na cima da ladeira do Monte Gaiás que se abre sobre Compostela, establecendo un diálogo visual coa Catedral de Santiago e a Vía da Prata, que discorre paralela ao complexo na súa entrada á capital de Galicia.

 O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado de Francisco Leiro, e da directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, presentou hoxe este proxecto escultórico, enmarcado no Xacobeo 21-22. O titular de Cultura do Goberno galego destacou esta peza como “unha intervención artística contemporánea e universal, que se converterá en obra de referencia e obrigada visita, contribuíndo a consolidar o atractivo natural e de lecer que xa posúe o Bosque de Galicia”.

 O conselleiro quixo tamén agradecer o seu traballo ao escultor Francisco Leiro, “un dos creadores de Galicia máis destacados de todos os tempos, cunha produción plástica inconfundible, que agora se suma aos nomes dos creadores e creadoras que deixan a súa pegada artística nesta contorna do monte Gaiás”.




 Producidas con materiais perdurables e cunha concepción formal conectada coa contorna natural na que se sitúa, co Camiño de Santiago como marco contextual, as esculturas realizadas por Leiro representan tres zapatos de peregrino: un realizado en granito, outro en formigón e outro en ferro fundido, tendo as tres unhas dimensións de arredor dos dous metros, para poder contemplarse desde a distancia. Os zapatos convértense neste caso en obxectos humanizados que simbolizan o esforzo e a vontade do camiño percorrido, mentres que a súa concepción formal chama á interactividade cos visitantes, podendo ser empregados como obxectos de descanso por parte do público.

 Zapatos no Camiño súmase á serie de intervencións artísticas e paisaxísticas que a Xunta de Galicia está a promover nos espazos exteriores da Cidade da Cultura, directamente ligadas co feito xacobeo e con Compostela como destino internacional da peregrinación. Entre elas, as persoas visitantes poden atopar xa a obra Espellos, do escultor Manolo Paz; Constelacións II, de Clara Montoya –coñecida tamén como o banco do peregrino–; ou a pirámide de metal de Alicia Framis titulada Deixa aquí os teus medos na contorna do Xardín Literario. As intervencións complétanse anualmente coas obras efémeras do ciclo Reb/veladas na paisaxe, que leva tres edicións poñendo en valor as creacións contemporáneas realizadas por mulleres, potenciando tamén as zonas verdes do Gaiás como lugar de creación e exhibición.

Francisco Leiro

 Francisco Leiro (Cambados, Pontevedra, 1957) é un dos escultores e artistas plásticos galegos en activo con maior proxección no panorama internacional, cunha actividade profesional que se desenvolveu durante décadas entre New York, Madrid e Cambados.

 Leiro ten realizado unha importante produción escultórica de carácter monumental en espazos públicos e/ou exteriores, entre as que destacan obras tan icónicas como a figura do animal fantástico coñecida como Sireno na Porta do Sol da cidade de Vigo. Foi recoñecido con premios e condecoracións como a Medalla Castelao da Xunta de Galicia no 2000 ou Premio das Artes na IIª Edición Galegos do Mundo no ano 2003.

 A súa obra está presente en destacadas coleccións de museos, institucións públicas e privadas galegas, nacionais e internacionais, como o Akron Art Museum (Ohio, Estados Unidos), o Museo de Arte Contemporánea de Barcelona, o Museo Marugame Hirai (Kagawe, O Xapón), o Stedelijk Museum (Ámsterdam, Holanda), ou, en Galicia, o Auditorio de Galicia, o Centro Galego de Arte Contemporánea, ou as coleccións de Abanca e Afundación.

MEDIO AMBIENTE

A Xunta de Galicia asesora a 24 concellos pontevedreses na aplicación das directrices da paisaxe

· O director do Instituto de Estudos do Territorio, Francisco Barea, reuniuse en Mos con representantes e técnicos municipais da provincia 


O director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Francisco Barea
Representación de técnicos e responsables municipais de varios concellos da provincia de Pontevedra que asistiron hoxe á xuntanza informativa

Fotos: X.G.

Infogauda / Mos

 O director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Francisco Barea, animou esta mañá a 24 concellos da provincia de Pontevedra a implicarse e colaborar na aplicación práctica das Directrices da Paisaxe de Galicia, a primeira ferramenta deste tipo coa que conta a Comunidade e que entrou en vigor o pasado 20 de febreiro.

 Así llo trasladou a unha representación de técnicos e responsables municipais dos concellos de Mos, Fornelos de Montes, O Porriño, Redondela, Tui, Gondomar, Mondariz, Nigrán, Mondariz Balneario, Baiona, O Covelo, Tomiño, A Cañiza, Oia, Crecente, O Rosal, Arbo, A Guarda, As Neves, Salceda de Caselas, Soutomaior, Vigo, Ponteareas e Salvaterra do Miño no transcurso dunha xuntanza informativa celebrada no auditorio Pazo de Mos.

 Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda leva catro meses celebrando este tipo de reunións para dar a coñecer a nivel municipal o contido e finalidade das Directrices. Neste sentido, Francisco Barea sinalou que están pensadas como unha nova ferramenta de protección, xestión e conservación da paisaxe, coa que Galicia afianza a súa actual posición á vangarda do país nesta materia.

 A Xunta de Galicia pon en valor este tipo de encontros porque é moi importante que se coñeza o seu alcance, por canto recolle normas e directrices que deberán integrarse na totalidade de iniciativas que se promovan no territorio galego. En definitiva, búscase compatibilizar a protección e mellora da paisaxe co desenvolvemento económico de Galicia.

ARCOS DE VALDEVEZ

Avenida D. Afonso Henriques 

Entrada a norte do concelho concluída

 


María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A Câmara Municipal terminou a obra de reabilitação do arruamento entre a Rotunda da Solidariedade e a Rotunda da Variante à EN101 em Prozelo, um investimento no valor global de 1 251 668,51€. 

 Com esta obra na entrada norte da sede do concelho, realizou-se uma intervenção de reabilitação urbana, de melhoria da mobilidade e da segurança rodoviária e de incremento da atratividade do concelho. 

 A este arruamento o Município atribuiu-lhe a designação de Avenida D. Afonso Henriques.  O reconhecimento da Câmara Municipal na sua toponímia da figura de D. Afonso Henriques é o assumir da ligação umbilical, de quase 900 anos, das Terras de Valdevez ao nosso primeiro rei, à fundação de Portugal e à vitória portuguesa no Torneio de Valdevez.

ARCOS DE VALDEVEZ

182 mil euros para apoiar as Juntas de Freguesia 


A Câmara Municipal celebrou protocolos de colaboração com mais 5 Juntas de Freguesia e Uniões de Freguesia
Foto: C.M. A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A Câmara Municipal celebrou protocolos de colaboração no valor de 182 831,00€ com mais 5 Juntas de Freguesia e Uniões de Freguesia, nomeadamente com Aboim das Choças, Álvora e Loureda, Couto, Souto e Tabaçô e Ázere. 

 Estes apoios serão direcionados para a realização de obras de beneficiação da rede viária, de edifícios e espaços, para a limpeza e conservação da rede viária vicinal, e, da rede viária municipal, no âmbito dos acordos de transferência de competências.

OPINIÓN

 Justicia para Samuel. ¡Basta de LGBTfobia!



Lucha Internacionalista

 A escasos días de haberse conmemorado el 52 aniversario de la revuelta de Stonewall -las protestas que marcaron el camino del movimiento moderno de la disidencia sexual y de género- Samuel Muñiz, un joven de 24 años, fue asesinado a golpes en A Coruña por su orientación sexual. A esta terrible noticia se suman, en menos de dos semanas, más de diez agresiones LGBTfóbicas en el estado español. A falta de más datos, se sabe que el Observatori contra l’Homofòbia ha registrado en Catalunya 113 incidentes LGBTfóbicos en lo que va de año, admitiendo la propia organización que esta cifra está muy por debajo de la realidad y que aumentaría si la entidad contara con más recursos. Además, estamos sufriendo a diario ataques a todo el colectivo: quema de banderas irisadas, pintadas nazis en símbolos LGBT, o vídeos alentando a la “caza de maricones”. Si existía alguna duda con respecto a la realidad del colectivo, lo ocurrido estas últimas semanas la disipa.

 La respuesta ante el asesinato de Samuel y en repudio a todas las agresiones LGBTfóbicas ha sido desbordante: más de 70 ciudades en todo el estado salieron a reclamar masivamente justicia y verdad para Samuel, con carteles de denuncia a la LGBTfobia, a la discriminación y a los crímenes de odio. Todo esto a una semana del Orgullo LGBT más combativo de los últimos años, en el que el Pride (máximo exponente del Capitalismo Rosa) no tuvo ningún protagonismo y donde las organizaciones LGBT anticapitalistas llevaron el volante.

 Debemos enfrentar los discursos y políticas que alimentan las agresiones y crímenes de odio. Hay que combatir y denunciar de forma directa a la ultraderecha de VOX, a la derecha reaccionaria del Partido Popular y a todas aquellas instituciones que alimentan y fomentan esta alarmante situación, como la justicia o la Iglesia Católica. Pero también a quienes -en nombre del progresismo- ni combaten a estas organizaciones ni responden a nuestras exigencias para garantizar nuestros derechos fundamentales. Sin ir más lejos, el gobierno PSOE-Podemos recién ahora comienza a tratar una ley LGBT, pero lo hace diluyendo en gran parte las especificidades del colectivo trans, dejando por fuera cuestiones fundamentales como la autodeterminación de género de los y las menores de 16 años o de todas las personas en situación administrativa irregular. Son necesarias una ley trans y una ley LGBT integrales que respondan a las demandas del colectivo y den cobertura estatal a todas las personas cuyos gobiernos autonómicos no tienen la voluntad política de avanzar en nuestros derechos. Lo vemos en Catalunya, donde el gobierno ERC-JxCat todavía no ha reglamentado la ley 11/2014 impulsada por el movimiento; y lo vemos en Galiza, donde el gobierno de Feijóo ha rebajado tanto la ley de igualdad 2/2014 para permitir su aprobación que ya ha quedado totalmente obsoleta.

 Debemos seguir impulsando movilizaciones masivas para exigir justicia y verdad para Samuel y en repudio a todas las agresiones LGTBfóbicas. Pero esto no pasa por reclamar penas más duras, reforzar el código penal o exigir más policía. Porque estas políticas son las mismas que después se aplican en nuestra contra; sin ir más lejos, varias movilizaciones del pasado 5 de julio fueron reprimidas por la policía. Lo que necesitamos son políticas de prevención y reparación y recursos para poder aplicarlas efectivamente; necesitamos protocolos efectivos en los centros de estudio y de trabajo con comisiones investigadoras independientes; y, sobre todo, necesitamos seguir desarrollando la auto-organización y la autodefensa, nos va la vida.

 Denunciamos el falso discurso de que no hay presupuesto para destinar a políticas públicas: la Iglesia Católica recibe aproximadamente 11 mil millones de euros anuales; en cambio al Ministerio de Igualdad el año pasado se han destinado poco más de 451 millones de euros (contando los fondos europeos). También por esto es fundamental luchar por la separación de la Iglesia del Estado, para que todos estos recursos se destinen a combatir las violencias cisheteropatriarcales y no a instituciones que, con sus discursos, promueven este tipo de violencias.

 Tenemos la tarea urgente de organizarnos, en todo el mundo, de forma independiente a los gobiernos y a las instituciones; de coordinar internacionalmente la lucha para combatir los crímenes de odio, la homolesbobitransfobia y el machismo. Apostamos por la unidad estratégica del movimiento LGBT y de las disidencias, del movimiento feminista, y de todos los y las oprimidas con el conjunto de la clase trabajadora. Porque nuestras opresiones tienen un origen y un enemigo común: este sistema capitalista, imperialista y patriarcal, que nos oprime y explota, que nos violenta y nos mata, para mantenernos sumisas y disciplinadas. Por esto mismo, para acabar realmente con esta situación, necesitamos acabar también con el sistema capitalista.

 Desde Lucha Internacionalista y desde la Unidad Internacional de Trabajadoras y Trabajadores–Cuarta Internacional llamamos a la más amplia movilización. Continuemos en las calles exigiendo #XustizaParaSamuel, basta de LGBTfobia y de crímenes de odio! ¡Los gobiernos son responsables!

CAMINHA

 CINEMA

Boletim da Sessão nº 452 

"O Homem das Mulheres" de Jerry Lewis (1961) 

Sexta-feira, 09 de julho às 21:45 no Teatro Valadares 

Uso de máscara obrigatório. Lotação Limitada. Entrada Gratuita


Locus Cinemae / Caminha

 Em “O Homem das Mulheres” o humor é “diversificado, num filme que abre com uma excepcional sequência surreal de uma cidade onde todos são nervosos.   

 Temos o burlesco visual (as camas de Herbert, o chapéu de Buddy Lester, o alimentar do «Bebé», todas as quedas e objectos quebrados nas limpezas de Herbert), o surrealismo (o quadro de Miss Wellenmellon cujo baton é real, as borboletas mortas que fogem, o «Bebé», o quarto de Miss Cartilage), o simples macaquear de Lewis (a sequência do colégio, a apresentação de Herbert a Katie), algumas sátiras ao próprio cinema e televisão (George Raft, a sósia de Marilyn Monroe, a equipa de televisão), e claro, as sequências musicais, desde os pequenos passos de dança na sequência da transmissão televisiva, à sequência no quarto de Miss Cartilage (Sylvia Lewis), com direito a orquestra de jazz de Harry James.  

 Notável é todo o cenário onde a maioria do filme é rodado, uma espécie de casa de bonecas gigante, aberta à frente, com todas as divisões vistas à transparência. É um cenário incrível, o qual Lewis faz questão de mostrar em amplos movimentos de câmara em grua, que o revelam como realizador de valor, numa quase quebra da quarta parede onde o cenário extra-diegético que é afinal o soundstage, se mistura com o filme (por exemplo nas filmagens da equipa de televisão a montar o seu equipamento na casa. É um exemplo da quebra da lógica interna da narrativa clássica por Lewis, que, revelando-se herdeiro de Buster Keaton, usa esse nonsense como fonte de humor.”. (…)  

https://ajanelaencantada.wordpress.com/2016/08/05/o-homem-das-mulheres-1961/        

FICHA TÉCNICA:  

Título original: “The Ladies Man”, EUA, 1961  

Realização – Jerry Lewis  

Produção – Jerry Lewis  

Argumento – Jerry Lewis, Bill Richmond e Mel Brooks  

Música – Walter Scharf  Fotografia – W. Wallace Kelley  

Distribuição – Paramount Pictures  

Duração – 106 minutos   

Jerry Lewis – Herbert H. Heebert/Marna Heebert  

FICHA ARTÍSTICA:  

Helen Traubel – Helen N. Wellenmellon  

Pat Stanley – Fay  

Kathleen Freeman – Katie  

George Raft – O Próprio  

Harry James – Harry  

Marty Ingels – O Próprio  

Buddy Lester – Willard C. Gainsborough  

Gloria Jean – Gloria



Programação   

Ciclo Comédia   

09 de julho, “O Homem das Mulheres”, Jerry Lewis, EUA, 1961, Sessão 452 (s/ classificação)  

16 de julho, “As Noites Loucas do Dr. Jerryll”, Jerry Lewis, EUA , 1963, Sessão 453 (M/12)  

23 de julho, “O Agente da Broadway”, Woody Allen,  EUA, 1984, Sessão 454 (M/12)  

30 de julho, “Balas sobre a Broadway”, Woody Allen,  EUA, 1994, Sessão 455 (M/12)