1 de xuño de 2021

A GUARDA

A GUARDA CONMEMORARÁ O DÍA DO SEÑOR CON ALFOMBRAS NAS PRAZAS

O domingo día 6 de xuño de 2021


Nese plano - cuxo orixinal é da autoría de José Carlos Castro Martínez - figuran ás ubicacións das alfombras do Santísimo deste ano 

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Ainda que á situación sanitaria non é a que todos quixeramos, tamén é certo que comparativamente falando, estamos moito mellor que fai un ano. 

 Con todo, ainda non chegou o momento de botar foguetes, porque como nos relembran a cotío as autoridades competentes, o virus continúa circulando.

 En calquer caso, coa decidida participación da cidadanía na campaña de vacinación e o labor do persoal sanitario, os datos actuais permiten algunhas actividades, sobor de todo ao aire libre. 

 Dese xeito, e para conmemorar á festividade do Santísimo Sacramento, a Asociación Cultural Alfombras da Guarda, informou neste 2021 da convocatoria da actividade FAI A TÚA ALFOMBRA FLORAL NA PRAZA, convidando a deseñar ás alfombras tendo como tema Galicia ou o Xacobeo.

 Asemade o lema para esta ocasión é o seguinte: 

 A GUARDA, CAMIÑO DA COSTA, CAMIÑO DAS FLORES.

 Por iso, nesta ocasión, tendo en conta ás normas elementais de prevención (distancia social, máscara e limpeza de mans), e outras (nº máximo de persoas intervinientes nos labores de debullado e realización dos tapetes florales) directamente relacionadas co protocolo Covid-19, unha representación de cada un dos tramos alfombrados en anos precedentes - agás obviamente en 2020 que non pudo ser, debido ao confinamento que nos foi imposto e que todos aturamos, co propósito de protexer á saúde da poboación -, fará unha alfombra na praza ou ubicación que oportunamente lle asignou á xunta directiva da Asociación Cultural Alfombras da Guarda. 

 Así pois, neste 2021 - Ano Xubilar en Santiago de Compostela, ao igual que tamén no 2022 -, á veciñanza de A Guarda, conmemorará o Día do Señor coas alfombras de flores. Non serán das dimensións que viñan sendo habituais, máis será un xeito de retomar unha tradición que noso pobo ten un importante arraigamento. E ao mesmo tempo, servirá para voltar, pouco a pouco, deica unha ansiada normalidade. 

DEPORTES

CICLISMO

Uns 200 ciclistas daranse cita este sábado 5 de xuño no XV Trofeo Montes do Rosal  

· A carreira sairá ás 16.00 horas e contará con seis categorías. O Club Ciclista O Rosal, organizador da proba, celebra o seu 40 aniversario

   

Esta nova edición do Trofeo Montes do Rosal foi presentada no Concello coa alcaldesa,  que estivo acompañada polo concelleiro de Deportes; o xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia; o seleccionador e técnico da Federación Galega de Ciclismo; e presidente, a vicepresidenta e o secretario do club ciclista O Rosal

Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 A Praza do Calvario será este sábado 5 de xuño o punto de partida dos preto de 200 ciclistas que participarán no XV Trofeo Montes do Rosal, unha proba organizada polo Club Ciclista do Rosal en colaboración co Concello, a Federación Ciclismo Galego, a Fundación Deporte Galego, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, e que conta co patrocinio de outras entidades e empresas. 

 A proba sairá ás 16.00 horas da Praza do Calvario e percorrerá a rúa Simón do Mazo, a estrada da Morraceira, o Camiño de Gandarela, a estrada de Santa Ana e a rúa Jesús Noia para volver á praza do Calvario. A cita congregará a participantes de varios clubs de ciclismo galegos que competirán nas categorías Promesas, Principiantes, Alevíns, Infantís, Cadetes e Juniors, todas con categoría masculina e feminina. Dada a situación sanitaria, será unha proba sen público e con todas as medidas de prevención para garantir a seguridade de todas as persoas. 

 Esta nova edición do Trofeo Montes do Rosal foi presentada no Concello coa alcaldesa, Ánxela Fernández, que estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Germán Fernández; Daniel Benavides, xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia; Jacobo Ucha, seleccionador e técnico da Federación Galega de Ciclismo; Gerardo Álvarez, presidente do club ciclista O Rosal; Eva Lomba, vicepresidenta do club, e Ramón Villar, secretario. 

 Dende o Concello quere felicitarse ao Club Ciclista O Rosal pola organización deste trofeo e pola celebración este 2021 do seu 40 aniversario, “catro décadas de dedicación e loita polo ciclismo e polo deporte de base”. Concello e Club Ciclista tamén queren agradecer a inestimable colaboración da veciñanza na celebración desta proba deportiva.

OIA

PATRIMÓNIO

Considerações paisagistas em Oia   

(152ª parte)  

ENCONTROS POLIORCÉTICOS / Oia   

 Com  data  de  4  de  junho  de  1931,  na  Gaceta  de  Madrid  n°  155,  Ministerio  de  Instrucción  Pública  y  Bellas  Artes  publicava  o  seguinte  Decreto:    

 "De  conformidad  con  los  informes  emitidos  por  la  Junta  Superior  de  Excavaciones  y  el  Comité  Ejecutivo  de  la  Junta  de  Patronato para  protección,  conservación  y  acrecentamiento  del  Tesoro  Artístico  Nacional,  y  en  virtud  de  lo  dispuesto  en  el  Decreto-ley  de  9  de  Agosto  de  1926,  el  gobierno  provisional  de  la  República,  a  propuesta  del  ministro  de  Instrucción  Pública  y  Bellas  Artes,  decreta  lo  siguiente:    

 Artículo  1°:  Se  declaran  Monumentos  histórico-artístivos  pertenecientes  al  Tesoro  Artístico  Nacional  los  siguientes. 

PONTEVEDRA: 

 Catedral  de  Tuy-  Santa  María  La  Mayor,  en  Pontevedra -  Ruinas  de  Santa  Tecla,  en  La  Guardia -  San  Lorenzo  de  Carboeiro -  Monasterio  de  Armentecón  (Armenteira) -  Monasterio  de  Acibeiro -  Santo  Domingo  de  Tuy-  Monasterio  de  Oya".   

 Este  elenco  vem  acrescido  com  mais  889  imóveis  em  toda  Espanha  (dos  370  que  havia  dantes). Da  decisão  de  um  governo  provisório  republicano  até  medidas  atempadas  que  contemplavam  a  defesa  (acautelamento)  desses  bens,  vai  um  passo.  Lei  de  13  de  maio  de  1933  (LPTAN)  de  Proteção  do  Tesouro  Artístico  Nacional,  estabelece  no  seu  artigo  29  a  ineludível  obrigação  de  todo  possuidor  de  imóveis  declarados  monumentos  histórico-artísticos  de  permitir  quatro  vezes  ao  mês,  em  días  e  horas  previa  e  publicamente  assinalados,  a  sua  contemplação,  estudo  e  reprodução  fotográfica  ou  desenhada.  Da  sua  vez,  artigo  30  do  Regulamento  da  LPTAN,  aprovado  por  decreto  de  16  de  abril  de  1936,  estabelece  a  obrigatoriedade  de  instalar  em  todos  os  monumentos  histórico-artísticos  uma  inscrição  que  dé   conta  dessa  natureza.  O  longo  período  de  tempo  até  a  Lei  do  Património  Histórico  Espanhol  de  1985  (LPHE)  validava  essa  figura  do  Bem  de  Interesse  Cultural,  reforçando-se  o  seu  futuro  trespasse  às  comunidades  autonómicas  como  tal.  Boa  prova  disso  era  a  ordem  de  15  de  fevereiro  de  1980,  pela  qual  se  regulava  o  regime  de  visitas  gratuitas  nos  monumentos  histórico-artísticos.  À  partida,  o  artigo  45  da  Constituição  de  1931  dizia  isto:

 "Toda  la  riqueza  artística  e  histórica  del  país,  sea  cual  fuere  el  dueño,  constituye  un  tesoro cultural  de  la  nación  y  estará  bajo  la  salvaguardia  del  Estado,  que  podrá  prohibir  su  exportación  y  enajenación,  decretando  las  EXPROPIACIONES  legales  que  entienda  oportunas  para  su defensa". 

 

  

 É  importante  sublinhar  o  artigo  17  da  LPTAN,  que  diz  designadamente  assim: "(…)   prohibición  de  su  derribo  o  de  realizar  sobre  el  mismo  obra  alguna".  Assim,  31  anos  antes  da  'Carta  de  Veneza'  de  1964,  afigurava-se  a  necessidade  de  proteger  os  perfís  físicos  desses  BIC,  afastando  os  acréscimos  construtivos  (é  esse  o  problema  em  Oia).  Na  costa  sul  galega  aplica-se  à  risca  esta  lei  não  escrita:  'LPCG  de  2016  versus  LPCG  de  1995/  LPHE  de  1985',  'Tijoleiros  versus  paisagistas'.  FEIJOISMO  é  sinónimo  de  tijolo,  de  desenvolvismo  tipo  anos  setenta  ou  oitenta  e  de  liberalização  do  território  (incluídos  parques  eólicos).  De  novo,  crise  económica  de  2008  tece  a  sua  estratégia  futura,  tal  como  a  dos  anos  vinte  do  século  passado  relativamente  aos  bens  culturais  da  República  espanhola.    

 Desde  o  ano  de  2011,  vém-se  sucedendo  comemorações  da  declaração  BIC  do  mosteiro  de  Oia  (um  Bem  de  Interesse  Cultural  que  passaria  automaticamente  à  legislação  autonómica).  De  salientar,  o  80°  aniversário,  com  visitas-guiadas;  o  81°;  o  82°,  com  uma  'andaina'  A  Guarda- Oia;  o  84°,  com  visitas-guiadas  - um  triplo  menos  no  preçário  que  as  atuais- .  Chegamos  então  ao  90°  aniversário,  tentativa  única  de  assentar  um  "Caminho  Português"  que  não  é  tal.  À  partida,  LPCG  do  2016,  é  um  texto  crivado  de  armadilhas,  mesmo  vindicando  a  sua  aplicação.  Por  exemplo,  Procedimento  de  declaração  de  bens  de  interesse  cultural  constitui  um  somatório  exponencial  das  verdadeiras  intenções  dos  legisladores  submissos  ao  caráter  discricionário  e  político  do  PP.  Leiam  com  muita  atenção  os  artigos  12.2,  13.1,  15,  16,  17,  18,  19,  20,  21,  22.c,  22.d,  23  e  25.4.  dessa  normativa,  para  além  de  muitos  outros.    

 Afinal,  decreto  de  1931  serviu  para  o  que  serviu  (nada  mais  do  que  um  procedemento  genérico  e  enganoso).  Já  no  ano  1945  é  adquirido  o  mosteiro  pela  família  Bouso.  Em  1974  vai  para  González  García;  em  1989  cai  nas  mãos  do  grupo  asturiano  'Corporação  Massaveu',  sendo  que  no  ano  de  2000  é  vendido  ao  grupo  Banco  Pastor.  Finalmente,  'Vasco-Gallega  de  Consignaciones'  tira  o  coelhinho  da  cartola  e  escoa  interesseiramente  a  figura  do  consignatário- patrimonialista  (reticências).  Preços  estabelecidos  pela  'RMO'  alternam,  ao  que  parece,  com  acessos  gratuitos  todas  as  terças  feiras,  mas  sem  visita-guiada.  À  partida,  6  €  ou  2,5  €  (de  7  aos  14  anos)  sagram  a  ideia  de  que  o  visitante  financia  na  íntegra  a  sua  visita.  Um  escândalo  se  conferissemos  estas  importâncias  noutros  cenóbios. 

 Artigo precedente.  

TOMIÑO

Un documental das “traídas de augas” abre a Semana do Medio Ambiente de Tomiño  

· No mercado municipal de Tomiño pode visitarse dende hoxe e até o domingo 6 as obras presentadas ao concurso “Como ves ti as árbores senlleiras de Tomiño?”   


Mulleres da directiva da traída de Amorín 
Fotos: C.T.
Antigos membros da traída de Figueiró

Infogauda / Tomiño

 A estrea do documental “Da nosa man. As traídas de auga de Tomiño”, marca mañá o comezo dos actos organizados polo Concello, baixo o lema Tomiño Natural, para conmemorar o Día Internacional do Medio Ambiente.  

 Ás 20.30h a cinta será subida ao Facebook do Concello, e no Auditorio de Goián terá lugar a presentación do traballo ás directivas das traídas, con acceso restrinxido. O acto contará coa presencia da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e do presidente de COXAPO (Asociación de Traídas de Augas de Pontevedra), Juan Joaquín Pousa.  

 O vídeo, no que participaron unhas 25 persoas relacionadas coas comunidades de augas veciñais, amosa a historia das chamadas traídas de auga de Tomiño, da man dalgunhas das persoas que as fixeron posibles a partir dos ’70, desenvolvendo un traballo heroico; exemplo da boa xestión comunitaria dun ben común sen axuda, daquela, das administracións.   

 O traballo pretende ser unha homenaxe do Concello á xestión veciñal en man común da auga das 36 comunidades de augas existentes na actualidade en Tomiño, e das que se sirve máis dun terzo dos seus habitantes.   

 As Concellerías de Medio Ambiente e de Servizos Públicos, uníronse para a organización desta primeira Semana do Medio Ambiente, vertebrada polo impulso da compostaxe como forma de reducir os residuos e pola mellora integral das augas. 

 Por outra banda, a partir de hoxe e até o día 6, pode visitarse no primeiro andar do Mercado Municipal a exposición das obras presentadas ao concurso “Como ves ti as árbores senlleiras de Tomiño?”. A mostra reúne unha escolma de relatos e outras obras artísticas (pinturas, colaxes, etc.) nas diferentes categorías convocadas (benxamín, xuvenil e persoas adultas).  


     

Outras actividades programadas 

O xoves 3 de xuño haberá dúas actividades principais. Ás 17.00 horas, plantación de árbores autóctonas a cargo do Consello da Infancia e Adolescencia “Voces Novas”, e ás 20.30h no Facebook do Concello, “Conversa sobre alternativas para o tratamento e depuración das augas”, coa alcaldesa; o enxeñeiro experto en enerxías renovables e tratamento de augas residuais, José Luis Peraza, e a xefa de servizo de Aqualia en Tomiño, Marián Lago.  

 O programa continúa o venres 4 de xuño con outra conversa a través das redes do Concello (Facebook); neste día falarán sobre a compostaxe Ana Belén Casaleiro, concelleira de Medio Ambiente; Carlos Pérez, químico asesor de residuos da Deputación de Pontevedra, e Sandra Alonso, mestra composteira.  

 O sábado 5 de xuño será o día grande da Semana, coincidindo co Día Internacional do Medio Ambiente. Na Praza do Seixo haberá xogos e talleres infantís (de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00h) a cargo da Granxa Escola Corazón de Carballo, cunha temática vinculada ao Medio Ambiente e a riqueza natural de Tomiño. Sorpresas e agasallos relacionados co medio ambiente e a sustentabilidade para as persoas que se acheguen.  

 Ademais, ás 12.00h efectuarase a entrega de premios do concurso “Como ves ti as árbores senlleiras de Tomiño?”.  

 Por último, dende o mércores 2 de xuño até o sábado 5, haberá na Praza do Seixo un posto de información sobre compostaxe e reciclaxe, a cargo da Asociación Ecoloxista Amigos da Terra, con horario de tarde, de 18.00 a 20.00 horas, excepto o mércores que tamén estará de mañá. En Goián o posto informativo estará o día 3, entre as 11.00 e as 13.00 horas, coincidindo co mercadiño semanal.

A GUARDA

Centro Social Fuscalho

9° ANIVERSÁRIO!


Centro Social Fuscalho / A Guarda
  

 Pois sim, já vam fazer 9 anos desde que o Fuscalho abriu as suas portas, e para celebra-lo trazemos um cartaz cheio de atividades.  

 Começando pola apresentaçom do livro de Carlos Méixome "Catas na memoria. A persecución franquista no Val Miñor" esta quinta-feira no Centro Cultural e rematando o último sábado do mês com umha ceia-convívio e pinchada.  

 Por muitos anos mais! 

 E coma sempre, achega-te e difunde! 

TOMIÑO

O Concello de Tomiño investirá case un millón de euros en obras de asfaltado de camiños, saneamento e acondicionamento de edificios municipais  

· Entre as intervencións máis relevantes figuran as que se farán dentro do Plan de Mellora de Camiños Municipais 2021, por un importe de 350.000€ e do Plan Municipal de Saneamento (100.000€) 

 

A través dunha proposta da Alcaldía, o goberno municipal propuxo para a súa aprobación na sesión ordinaria de pleno que tivo lugar onte á tarde, unha serie de obras que se levarán a cabo con cargo ao citado remanente de tesourería

Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O goberno local do Concello de Tomiño levou a pleno un expediente de modificación de créditos de case un millón de euros (999.524,88€) financiados con fondos propios (Remanente Líquido de Tesourería para Gastos). 

 A través dunha proposta da Alcaldía, o goberno municipal propuxo para a súa aprobación na sesión ordinaria de pleno que tivo lugar onte á tarde, unha serie de obras que se levarán a cabo con cargo ao citado remanente de tesourería. Entre as intervencións máis relevantes figuran as que se farán dentro do Plan de Mellora de Camiños Municipais 2021, por un importe de 350.000€; o Plan Municipal de Saneamento (100.000€) e a parte financiada polo Concello para a construción do camiño escolar do CEP Pedro Caselles e arredores (85.870,52€), establecida nun convenio coa Deputación de Pontevedra.  

 Así mesmo, son salientables outros investimentos que se levarán a cabo con cargo a estes fondos, coma a construción dunha marquesina da entrada e remate do peche do CEIP Pintor Antonio Fernández (69.000€); acondicionamento do mercado municipal de Goián como centro de creatividade e emprendemento; muros en diversas estradas de Tebra (45.000€); acondicionamento da contorna do Centro Social de Estás (40.000€); acondicionamento dos vestiarios do Campo de Fútbol do Alivio (25.000€); acondicionamento de bens culturais e etnográficos (25.000€); Plan Municipal de Melloras nos Colexios (20.000€); acondicionamento de espazos públicos (20.000€) e sinalización horizontal e seguranza viaria (20.000€), entre outros.  

 O concelleiro de Urbanismo, Uxío Benítez Fernández foi explicando as diferentes actuacións que se realizarán con cargo a este expediente de modificación de créditos, coma o asfaltado de camiños e obras de saneamento en diversas parroquias; ou a rehabilitación de muros de elevado coste que se atopan en moi  mal estado.  

 Respecto do acondicionamento do edificio do mercado de Goián, explicou que na actualidade está a reformarse a estrutura do mesmo cunha subvención do IDAE (Instituto de Diversificación y Ahorro Energético). “A cantidade consignada nesta modificación servirá para acondicionar  un espazo nas instalacións para a realización de proxectos por parte de empresas e autónomos que se instalarán de forma temporal, algo semellante á aula de estudo creada na Casa da Cultura, ou a un centro de interpretación”, precisou. 

 A proposta da Alcaldía foi aprobada cos votos do BNG e PSdG-PSOE, absténdose o PP.

TURISMO

‘FAMTRIP’ POLO TERRITORIO LUSO-GALAICO DO MIÑO PARA CONVERTELO NUN  ‘DESTINO TOP’ DE NATUREZA E PATRIMONIO    

· Unha ducia de representantes de maioristas, axencias, ‘influencers’ e blogueiros de viaxes visitan esta semana os concellos miñotos galegos e portugueses grazas a unha iniciativa do AECT Rio Minho  

· Quérese potenciar a zona arraiana entre público europeo que busca viaxes non masificadas, de calidade e a medida  


No día de hoxe as actividades estiveron dirixidas a un grupo de xornalistas, influencers e blogueiros moi activos e dunha grande experiencia

Fotos: D.PO.

Infogauda / O Baixo Miño

 Conseguir que o Río Miño sexa coñecido como un ‘destino TOP’ de natureza e patrimonio entre as persoas viaxeiras. Ese é o obxectivo da ‘famtrip’ organizada polo AECT Río Miño e na que durante esta semana participarán representantes de maioristas, axencias de viaxes, ‘influencers’ e bloggers especializadas na promoción turística.  A ‘famtrip’ –explica o vicedirector do AECT Uxío Benítez Fernández - pretende familiarizar e atraer aos operadores turísticos achegándoos a cada rincón do territorio miñoto para que vivan a experiencia de coñecelo como persoas viaxeiras, en primeira persoa, e despois poidan ofrecelo a persoas que buscan experiencias coincidentes.   

 A presentación do Miño transfronteirizo a ‘influencers’ organizada polo AECT durará toda a semana. No día de hoxe as actividades estiveron dirixidas a un grupo de xornalistas, influencers e blogueiros moi activos e dunha grande experiencia tanto en medios estatais como internacionais. É o caso de Alberto Ribas, coñecido como ‘Alvientooo’, finalista en diferentes premios estatais de ‘influencers de turismo; Daniel Keral, responsable de ‘Un viaje creativo’, unha web que recibiu o Premio Internacional de Comunicación Turística en 2017 como mellor blog revelación de viaxes; Eva Abal, encargada de ‘Una idea de viaje’ e colaboradora de diferentes revistas e na páxina ‘Hostelworld’; ou os representantes do suplemento de viaxes Fugas, do xornal Público, de Portugal. 

 

Visita á Bienal de Vila Nova de Cerveira
Os blogueiros no singular conxunto etnográfico dos Muiños do Folón e do Picón

 A xornada foi do máis intensa e comezou cunha visita á Bienal de Vila Nova de Cerveira, para despois realizar un paseo en barco eléctrico polo río Miño observando a fortaleza de Goián e o Castelo de Cerveira, coñecer a historia da zona arraiana, así como a flora e fauna que existe no río, e presentando a rede de 400 quilómetros de sendeiros verdes.  

 Despois continuou por unha visita guiada aos Muíños do Folón e do Picón no Rosal, onde tamén se fixo fincapé no patrimonio inmaterial; visitouse a adega e viñedos de Terras Gauda cun aperitivo de produtos locais para dar a coñecer a gastronomía da zona; subiuse ao Monte Santa Trega cun guía oficial; visitáronse ás redeiras da Asociación Atalaia, en A Guarda, que traballan para dignificar e regularizar o seu oficio; e, finalmente, fíxose un traxecto pola ecovía de Caminha en bicicleta ata a praia e unha cea no coñecido restaurante ‘Casa das Velhas’.  

 No día de mañá comezará o ‘famtrip’ para as operadoras maioristas e axencias de viaxes, das que hai representacións de Andalucía, Cataluña, Lisboa e Porto, Braga, Galiza e incluso algunhas de ámbito internacional que nestes momentos de COVID-19 buscan redeseñar a súa oferta cara o mercado de destinos de proximidade. Entre elas hai especialización en produtos non masificados, de calidade e a medida, alternativos, con aloxamentos especiais, ou de viaxes de natureza, e dirixidos a públicos de mercado europeo, principalmente Francia, Alemania, Suíza, Holanda, Bélxica ou Austria.  

 Neste caso, as visitas prolongaranse entre o mércores e o venres, incluíndo tamén algunhas recepcións institucionais nos concellos da zona e percorridos polos municipios anteriores e tamén por Valença do Minho, Tui, Arbo, Monçao.  

 O ‘famtrip’ está organizado polo AECT Rio Minho como un fito de promoción do destino e a marca Rio Minho co obxectivo de desenvolver o produto turístico transfronteirizo baseado no patrimonio natural e cultural dentro do proxecto de preservación e valorización do territorio ‘Visit Rio Minho’, que baixo o lema ‘Un río, dous países, grandes experiencias’, está financiado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. 

O BAIXO MIÑO

RIFA SOLIDARIA PARA COMPRAR ALIMENTOS DE 1ª NECESIDADE 

Coa colaboración de  Acitui




SOS Tomiño Baixo Miño 

 A asociación asistencial SOS Tomiño Baixo Miño ten a necesidade de comprar alimentos para atender ás 156 familias que axuda. As reservas dá alimentos que obtén de doazóns e colaboracións non son suficientes.  

 Durante este tempo de pandemia derivada da Covid-19, algunhas empresas e algunhas persoas axudáronnos. Pero atender as necesidades de alimentos de 469 persoas, en Tui, Tomiño, O Rosal e Oia, non é fácil. As entradas periódicas que estabamos a recibir procedentes de actividades e eventos organizados con finalidade social (recollida de alimentos), canceláronse. Tampouco podemos facer operacións de recollida de alimentos nos centros comerciais.  

 Por iso, decidimos poñer á venda 10.000 rifas solidarias polo importe de 1€. Os premios serán 3 vales de compra, tal e como se indica a continuación:  

· Primeiro premio de 300€.  

· Segundo premio de 200€.  

· Terceiro premio de 100€.  

 Agradecemos a colaboración da Asociación de comerciantes de Tui (ACITUI) que nos prestou a súa colaboración na elaboración das rifas.  

 O sorteo celebrásese o 14 de outubro na radio municipal de Tui e será retransmitido en directo.  

 O diñeiro recadado destinarase integramente á compra de alimentos como leite, cacao, fariña, aceite, o peixe e a carne.

CAMINHA

Caminha celebrará Solenidade do Corpo de Deus com várias iniciativas


A Praça Conselheiro Silva Torres vai “acordar” engalanada com oito tapetes de flores, representativos de cada rua, que habitualmente elabora os tapetes floridos
Foto: C.M.C.

Infogauda / Caminha 

 Caminha vai assinalar a Solenidade do Corpo de Deus na próxima quinta-feira, dia 3 de junho, com várias iniciativas, com destaque para os Tapetes representativos das ruas e o Concerto com a Orquestra Con Spirito. Embora de uma forma diferente, o Arciprestado e Paróquia de Caminha, bem como a Câmara Municipal e a União de Freguesias de Caminha e Vilarelho quiseram assinalar a data.  

 Como é tradição na manhã do Dia do Corpo de Deus, a Praça Conselheiro Silva Torres vai “acordar” engalanada com oito tapetes de flores, representativos de cada rua, que habitualmente elabora os tapetes floridos. O este tapete poderá ser admirado durante todo o dia de quinta-feira.  

 A organização também elaborou uma Exposição Retrospetiva dos Tapetes Floridos de anos anteriores, que pode ser apreciada em cada uma das montras do comércio local nas ruas por onde, habitualmente, passa a Procissão.  

 Pelas 16H00, vai decorrer a Eucaristia com Exposição do Santíssimo Sacramento, na Igreja Matriz de Caminha.  

 As comemorações terminam com o Concerto com a Orquestra Con Spirito, sob a direção de Paulo Areias, que terá lugar pelas 19H00, na Igreja Matriz de Caminha. A Orquestra Con Spirito (Orquestra Sinfónica de Viana do Castelo) é uma formação musical clássica que foi fundada em 2015 por um grupo de músicos vianenses. Os seus principais desígnios são promover, dignificar e elevar a música erudita.  

 Composta por músicos profissionais tem como regra a procura da excelência nas suas performances. No ano de 2018 foi criada a “Orquestra con Spirito Associação Musical”, para dar suporte à ambição de crescimento da orquestra. Simbolizada pela sigla O.C.S.A.M. a associação pretende também criar eventos de carácter pedagógico/educativo de cariz musical na região do Alto Minho. A sede da orquestra é em Viana do Castelo e o seu diretor artístico é o maestro vianense Paulo Areias. 

MEDIO AMBIENTE

A Xunta de Galicia recorda que os arroaces son animais silvestres e insiste na necesidade de evitar interactuar con eles  

Os exemplares de ‘Tursiops truncatus’, como o que se avistou este fin de semana na ría de Muros-Noia, adoitan a convivir en grupo de 15 exemplares de media, polo que a soidade deste fai que se achegue aos humanos


A Xunta de Galicia recorda que os arroaces son animais silvestres, non mascotas
Foto: X. G.

Coincidindo coa Semana do Medio Ambiente, a Consellería lembra que un arroaz solitario non é unha mascota, polo que se recomenda non establecer contacto, absterse de darlle comida e respectar as súas áreas de descanso  

A Xunta xa trasladou ao Ministerio para a Transición Ecolóxica información sobre o comportamento deste exemplar, para que adopte as medidas oportunas que minimicen a interacción do animal coas persoas

Infogauda / Galicia

 A Xunta de Galicia recorda que os arroaces son animais silvestres, non mascotas, polo que non se debe interactuar cos mesmos. Con motivo da Semana do Medio Ambiente, a Consellería incide neste tipo de recomendacións ante o episodio rexistrado este fin de semana na ría de Muros- Noia, onde varias persoas se bañaron e interactuaron cun exemplar de Tursiops truncatus.

 A situación de illamento do arroaz da ría de Muros-Noia, e a súa soidade, fai que aumente a súa curiosidade polas actividades humanas, pero cómpre ter en conta que se trata dun animal silvestre, e non dunha mascota, polo que se non debe molestar, evitando en todo momento interactuar con el.

 Así, recoméndase non ofrecerlle nunca comida, non meterse intencionadamente na auga ao seu carón, nin entrar -deliberadamente- no seu radio de contacto. No caso de estar na auga, débese evitar tocalo ou aproximarlle as mans. Tamén se deben respectar sempre as súas áreas de descanso e, no caso de detectar un comportamento incómodo pola súa parte, débese saír da auga e afastarse do seu contacto.

 Se ben é certo que a presenza de exemplares de Tursiops truncatus é un feito común, posto que resulta habitual atoparse cos arroaces nas rías en calquera época do ano, o novidoso desta situación é que se trata dun arroaz solitario, un comportamento que non é frecuente, xa que adoitan convivir en mandas de 15 exemplares de media.

 A soidade deste exemplar pode deberse a que en ocasións non son aceptados nas manadas e se reclúen ata atopar outros individuos das súas mesmas características.

 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xa trasladou a semana pasada ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico información -facilitada pola Asociación CEMMA- sobre a evolución do comportamento deste exemplar de arroaz para que, no marco das competencias en biodiversidade mariña, adopte as medidas que estime oportunas para minimizar a interacción do animal coas persoas.

TURISMO

O programa 'Vexo veo Xacobeo' da Xunta de Galicia chega a Tui para impulsar a divulgación e promoción dos Camiños de Santiago e do Ano Santo entre os escolares  

O delegado territorial, Luis López, asiste ao espectáculo didáctico de contacontos no CEIP de Randufe e destaca “a implicación de toda a sociedade galega no Xacobeo, que terá aínda maior intensidade cando quede atrás a crise sanitaria” 

Esta actividade vaise desenvolver de xeito itinerante ata o 17 de xuño por dez colexios da provincia coa asistencia de 250 nenos e o vindeiro ano estenderase a toda Galicia coincidindo co segundo Ano Santo consecutivo


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, asistiu a este espectáculo didáctico e lúdico no CEIP de Randufe 
Foto: C.T.

Infogauda / Tui 

 O programa Vexo, Veo Xacobeo, impulsado de xeito coordinado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Turismo de Galicia, chegou na xornada de hoxe ata o Concello de Tui para seguir impulsando a divulgación e a promoción dos Camiños de Santiago e do dobre Ano Santo 2021-2022 entre os escolares.

 Con motivo desta actividade, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, asistiu a este espectáculo didáctico e lúdico no CEIP de Randufe da localidade tudense e destacou “o traballo transversal que está a realizar a Xunta para levar o Xacobeo a todos os recunchos do país e tamén máis alá das nosas fronteiras”.

 Así mesmo, subliñou a “enorme implicación de toda a sociedade galega no Xacobeo, algo que todos sentimos como propio e que nos enche de orgullo”, e vaticinou que este compromiso dos cidadáns “terá aínda maior intensidade a medida que avance a vacinación e a crise sanitaria vaia quedando atrás”.

 O espectáculo celebrado no colexio de Tui tivo como protagonista a figura do sapoconcho, un persoeiro que realiza o Camiño de Santiago, na súa ruta portuguesa, na compaña dunha mercader chamada Raquel. Ambos van facendo o percorrido ao tempo que contan historias e contos sobre as rutas xacobeas para dalas a coñecer entre a cativada.

 A actividade rematou cunha pequena quenda de intervencións por parte dos rapaces en torno ao Camiño e o Xacobeo e coa entrega de calendarios, dípiticos e outros materiais promocionais.

 “Os rapaces son os que máis rápido absorben calquera ensinanza e a importancia do Xacobeo deben figurar entre elas, xa que forma parte da nosa idiosincrasia, polo que estas iniciativas son fundamentais para seguir despregando o Ano Santo por toda Galicia”, indicou o representante autonómico, que tamén salientou a “ilusión que emanan os cativos cando descobren que a súa terra ten algo tan especial e único como o Camiño”.

 O programa Vexo, Veo Xacobeo arrancou hai dúas semanas e estase a desenvolver de xeito itinerante, ata o 17 de xuño, por dez concellos da provincia de Pontevedra: A Guarda, Oia, Baiona, Nigrán, O Porriño, Mos, Redondela, Caldas de Reis, Valga e Tui. Esta iniciativa pretende favorecer a divulgación, sensibilización e promoción do Camiño de Santiago e do Xacobeo, así como o seu valor patrimonial inmaterial e cultural, entre as distintas comunidades escolares. Está previsto que, nesta estrea, chegue a 250 nenos da provincia e que o vindeiro exercicio se estenda a toda Galicia coincidindo co segundo Ano Santo consecutivo.

MOBILIDADE TRANSFRONTEIRIZA

O delegado territorial da Xunta de Galicia aborda co presidente da Câmara Municipal de Arcos de Valdevez o acondicionamento da estrada OU-540, “fundamental” para as comunicacións co norte de Portugal  

Gabriel Alén explica que o Goberno galego considera fundamental as comunicacións entre a provincia de Ourense e o norte de Portugal, e que este proxecto da Xunta suporá a mellora cualitativa para os case 7.000 veciños da Baixa Limia 

O proxecto conta cun investimento de arredor de 10M€, para os que a Xunta xa ten solicitado fondos europeos do Plan de Recuperación  

A actuación permitirá que o 44% dos 34 quilómetros que separan a saída da autovía en Celanova sur e a ponte Lindoso dispoñan dun terceiro carril de adiantamento


O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Mantivo unha reunión, por videoconferencia, co presidente da Câmara Municipal de Arcos de Valdevez
Foto: X.G.

Infogauda / Ourense

 O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, mantivo unha reunión, por videoconferencia, co presidente da Câmara Municipal de Arcos de Valdevez, Joao Manuel Esteves, para abordar o proxecto que está a impulsar a Xunta para o acondicionamento da estrada autonómica OU-540, entre Celanova e a fronteira portuguesa.

 O delegado territorial explicou o Goberno galego está coa redacción do proxecto construtivo desta infraestrutura “fundamental” para as comunicacións entre a provincia de Ourense e o norte de Portugal. Gabriel Alén incidiu en que este proxecto da Xunta suporá a mellora cualitativa para os case 7.000 veciños da Baixa Limia que diariamente percorren a estrada, cun volume de tráfico diario de entre 1.500 e 2.500 coches, e que se incrementa considerablemente no mes de agosto ata preto dos 4.000.

 Así -continuou o delegado-, os residentes dos concellos de Celanova, Verea, Bande, Lobeira, Muíños, Entrimo e Lobios estarán máis cerca da fronteira e, ao mesmo tempo, de Ourense pois, entre outras, mellorarase a capacidade da estrada, coa execución de terceiros carrís de adiantamento. A intervención suporá un investimento de arredor de 10 M€, para os que a Xunta xa ten solicitado fondos europeos do Plan de Recuperación.

 As actuacións, encamiñadas ao aumento da capacidade da estrada e mellora da seguridade viaria, consisten no reforzo do firme en todo o treito, a execución de cunetas de seguridade, incrementado o ancho útil da sección transversal, o despexe e limpeza das marxes da estrada para mellora da visibilidade e a renovación da sinalización horizontal e reforzo da sinalización vertical, sistemas de contención e balizamento.

 Máis concretamente, dos 34 km que separan a saída da autovía en Celanova sur e a ponte de Lindoso, 8 disporán dun novo terceiro carril de adiantamento, o que unido aos terceiros carrís existentes, farán que 15 km, o 44% do percorrido, conten con terceiro carril de adiantamento. A isto hai que engadir a mellora do trazado, sumando 4 quilómetros e medio de rectificacións de curvas.

GALICIA

A Xunta de Galicia destaca a importancia da Heráldica como signo de identidade para divulgar as peculiaridades das entidades locais  

· O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación da lámina “Liñaxes e armerías no reino de Galicia (séculos XIII-XVI)” de Eduardo Pardo de Guevara y Valdés

· Alfonso Rueda sinalou a ampla experiencia do autor no estudo da historia medieval de Galicia a través de varios proxectos do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e como director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, así como o seu papel como vicepresidente da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia


O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, participou hoxe xunto coa directora xeral de Administración Local, e o secretario xeral de Política Lingüística, na presentación da lámina

Foto: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, participou hoxe xunto coa directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, na presentación da lámina Liñaxes e armerías no reino de Galicia (séculos XIII-XVI), de Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, investigador do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

 Alfonso Rueda destacou a ampla experiencia do autor no estudo da historia medieval galega, en concreto das relacións de parentesco e redes de poder, como demostra nesta obra na que fai unha recreación artística de escudos de armas de máis 150 liñaxes medievais galegos.

 Ademais, resaltou o seu papel como vicepresidente da Comisión de Heráldica, o órgano consultivo da Xunta que regula a aprobación, modificación e rehabilitación dos escudos e bandeiras das entidades locais da comunidade en base sempre a feitos históricos e xeográficos característicos do territorio. Por iso, incidiu na súa importancia como signo de identidade para perpetuar as peculiaridades de cada entidade a través dos seus símbolos.

PONTEVEDRA

O servizo de extinción de incendios e de salvamento é desde hoxe cen por cen público na provincia de Pontevedra 

· Entra en vigor o novo modelo aprobado polo Consorcio Provincial que realizará a xestión directa como forma máis sostible e eficiente da prestación do servizo   


Pazo da Deputación provincial de Pontevedra
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra 

 O servizo de extinción de incendios e de salvamento que presta o Consorcio Provincial,  adscrito á Deputación de Pontevedra e participado ao 50% pola Xunta de Galicia, é desde hoxe, 1 de xuño, 100% público. Esta medianoite pasada entrou en vigor o pase á xestión directa da prestación do Servizo culminando así o laborioso proceso que desemboca no cambio de modelo que, como reflectiu a Memoria que regulou os aspectos sociais, xurídicos, económicos, técnicos e financeiros, é o máis sostible e eficiente.  

 Así, a xestión dun servizo esencial para a cidadanía como é o salvamento e a extinción de incendios volve ser pública, co que a Deputación cumpre co compromiso que fixo no seu día á parte social, xa que o modelo directo supón a subrogación do persoal operativo que traballa nos catro parques do Consorcio: O Porriño, Bueu, Ribadumia e Vilagarcía. Desde as 00.00 h de hoxe pasou a ser persoal indefinido non fixo, ata que se cubran as prazas para a súa cobertura definitiva, e sigue a gozar das mesmas condicións nas que traballaba coa xestión indirecta ao través da empresa Matinsa.  

 A presidenta, Carmela Silva, expresou  o seu recoñecemento aos equipos por un "traballo moi complexo e laborioso" para levar a cabo con éxito o proceso, e subliñou o "enorme esforzo que se realizou para poder cumprir co procedemento en tempo en forma".  

 O orzamento 2021 do Consorcio Provincial e a adaptación do cadro de persoal e retribucións para este exercicio xa foron adaptados á nova situación de xestión directa, despois de que o pleno da Deputación dera luz verde á necesaria modificación de crédito para a súa tramitación dentro do Orzamento Xeral da institución, proceso que finalizou este pasado luns coa súa publicación no BOPPO.

PONTEVEDRA

A subdelegada propuxo achegar aquelas actividades dirixidas a fomentar unha navegación segura a través de Internet a outros colectivos debido ao aumento de ciberdelitos na provincia     

A provincia retoma o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos a partires do próximo curso 


A subdelegada do Goberno presidiu hoxe unha reunión da comisión provincial na que se planificou a posta en marcha do Plan de cara ao próximo curso 

Foto: S. de G.


Infogauda / Pontevedra

 A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu esta mañá a comisión provincial do “Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos”. 

 Este Plan é unha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional. o Ministerio do Interior e o Ministerio de Sanidade que ten como obxectivo por a disposición dos centros educativos diferentes conferencias e actividades educativas impartidas polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e encamiñadas, entre outros, a previr o acoso escolar, o consumo de drogas e alcol, condutas  incívicas, violentas e vandálicas, o racismo, a xenofobia e a intolerancia, a violencia sobre a muller, a discriminación por razón de sexo ou orientación sexual, así como a concienciar sobre os riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais. 

 A subdelegada lamentou que “durante o curso 2020-2021 non se puideran levar a cabo estas actividades por mor das restricións derivadas da actual crise sanitaria” e manifestou a súa satisfacción “pola reactivación do plan a partires do curso que vén, xa que a concienciación e a prevención son fundamentais para evitar condutas intolerantes ou violentas”. Neste sentido, a subdelegada informou de que  a día de hoxe, 9 vítimas dos 1152 casos activos de violencia de xénero da provincia son menores. “Unha cifra que só se pode reducir mediante unha aposta inamovible por parte de todos e todas pola educación e a prevención”, afirmou Larriba, ao tempo que advertiu tamén “sobre un preocupante fenómeno que se vén dando desde hai uns anos entre a mocidade, a violencia de xénero nas novas tecnoloxías e que este tipo de actividades contribúe a combater”.  

 A subdelegada agradeceu, así mesmo, “o traballo realizado pola Garda Civil e a Policía Nacional durante este curso, xa que nun momento de traballo tan intenso, continuaron colaborando cos centros educativos para contribuír á formación e prevención dos máis novos e novas. Unha labor fundamental para poder acadar unha sociedade máis xusta, tolerante e igualitaria”.  

 Asistiron tamén á reunión da comisión provincial a xefa da Unidade contra a violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, Manuela Vilaboy, o director da Alta Inspección de Educación en Galicia, Manuel Regueiro, o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César A. Pérez, o inspector de Educación e responsable do Plan Director en Pontevedra, José María Alén, os responsables na Garda Civil do Plan Director na provincia, a tenente Mª del Mar Hinojosa e o sarxento Luis Villamil, e os responsable na Policía Nacional do Plan Director, o inspector de Seguridade Cidadá, Miguel Vaamonde, o oficial Antón Méndez e o delegado de Participación Cidadá, Roberto Carrera.  

Formación para a prevención dos ciberdelitos 

 Por último, a subdelegada solicitou as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado trasladar este tipo de contidos, e en particular, aqueles relativos aos riscos de seguridade asociados a uso de novas tecnoloxías e Internet a outros colectivos.  

 A este respecto, Larriba recordou que nos primeiros cinco meses do ano, as estafas a través de tarxetas de crédito creceron na provincia nun 114 % con respecto ao mesmo período do ano pasado. “Estamos a observar unha tendencia moi clara e e preocupante do aumento de ciberdelitos na provincia, que debemos combater a través da prevención e da formación”, explicou a subdelegada, que propuxo ofertar este tipo de obradoiros e charlas á veciñanza da provincia a través da colaboración con asociacións culturais, de veciños e outras organizacións sociais. 

VAL MIÑOR

GALA DA I PRIMAVERA VIDEOLITERARIA DO VAL DE MIÑOR

· E a entrega de premios ás 22 gañadoras deste concurso celebrado no auditorio Lois Tobío en Gondomar




IEM / Gondomar

 O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), a súa sección PUGA (Promoción do Uso do Galego) e as alcaldías de Gondomar, Baiona e Nigrán, xunto cos premiados e premiadas no concurso celebramos o pasado venres 28 de maio ás 19:30h, a Gala da I Primavera Videoliteraria do Val de Miñor e a entrega de premios ás 22 gañadoras deste concurso celebrado no auditorio Lois Tobío en Gondomar en evento pechado por mor da COVID.  

 Nesta ligazón ofrecemos os vídeos gañadores nas súas distintas modalidades:  

 Videos premiados na I Primavera Videoliteraria do Val de Miñor