A GUARDA CONMEMORARÁ O DÍA DO SEÑOR CON ALFOMBRAS NAS PRAZAS
O domingo día 6 de xuño de 2021
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Ainda que á situación sanitaria non é a que todos quixeramos, tamén é certo que comparativamente falando, estamos moito mellor que fai un ano.
Con todo, ainda non chegou o momento de botar foguetes, porque como nos relembran a cotío as autoridades competentes, o virus continúa circulando.
En calquer caso, coa decidida participación da cidadanía na campaña de vacinación e o labor do persoal sanitario, os datos actuais permiten algunhas actividades, sobor de todo ao aire libre.
Dese xeito, e para conmemorar á festividade do Santísimo Sacramento, a Asociación Cultural Alfombras da Guarda, informou neste 2021 da convocatoria da actividade FAI A TÚA ALFOMBRA FLORAL NA PRAZA, convidando a deseñar ás alfombras tendo como tema Galicia ou o Xacobeo.
Asemade o lema para esta ocasión é o seguinte:
A GUARDA, CAMIÑO DA COSTA, CAMIÑO DAS FLORES.
Por iso, nesta ocasión, tendo en conta ás normas elementais de prevención (distancia social, máscara e limpeza de mans), e outras (nº máximo de persoas intervinientes nos labores de debullado e realización dos tapetes florales) directamente relacionadas co protocolo Covid-19, unha representación de cada un dos tramos alfombrados en anos precedentes - agás obviamente en 2020 que non pudo ser, debido ao confinamento que nos foi imposto e que todos aturamos, co propósito de protexer á saúde da poboación -, fará unha alfombra na praza ou ubicación que oportunamente lle asignou á xunta directiva da Asociación Cultural Alfombras da Guarda.
Así pois, neste 2021 - Ano Xubilar en Santiago de Compostela, ao igual que tamén no 2022 -, á veciñanza de A Guarda, conmemorará o Día do Señor coas alfombras de flores. Non serán das dimensións que viñan sendo habituais, máis será un xeito de retomar unha tradición que noso pobo ten un importante arraigamento. E ao mesmo tempo, servirá para voltar, pouco a pouco, deica unha ansiada normalidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario