16 de dec. de 2021

OIA

O delegado do Goberno en Galicia visita Oia


O delegado do goberno, José Manuel Miñones, con membros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Oia
 

Agrupación Local do PSdeG-PSOE / Oia

 O delegado do goberno, José Manuel Miñones, rendeu esta mañá visita a Oia, onde visitou o emprazamento do futuro camping de Mougás. 

 O camping de Mougás, mercado por parte do Concello coa aportación da Deputación de Pontevedra dentro del Plan Concellos, será rehabilitado dentro do Plan Nacional Xacobeo 2021 financiado polo Goberno Central de Pedro Sánchez cun importe total de 1.500.000€. 

 Na súa visita estivo acompañado por parte dos concelleiros socialistas da corporación municipal, agradecendo a súa visita ao noso municipio e dando os parabéns pola importante achega ao noso concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario