15 de dec. de 2021

O ROSAL

A Agrupación Musical do Rosal realizará este venres as audicións ao alumnado da súa escola  

Será ás 20.00 horas no Auditorio Municipal  


A Agrupación Musical do Rosal nun recente concerto no Auditorio Municipal do Rosal

Foto: Xesús González
 

Infogauda / O Rosal

 A Agrupación Musical do Rosal realizará o vindeiro venres ás 20.00 horas no Auditorio Municipal as audicións da súa escola de música. Un momento moi importante para o alumnado que traballa cada día para crecer no dominio dun instrumento.  

 A escola de música dispón de varios grupos de iniciación musical con nenos e nenas de 3 a 7 anos, varios de linguaxe musical, un de solfexo para adultos, un de harmonía, outro de análise e clases individuais dos seguintes instrumentos: óboe, frauta, clarinete, saxofón, fagot, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, violoncello, contrabaixo, percusión, piano, guitarra e gaita. 

 A alcaldesa, Ánxela Fernández, desexa moita sorte aos que van a afrontar estas audicións e agradece a Agrupación Musical do Rosal “o seu gran traballo na formación musical e persoal dos rapaces e rapazas do noso concello”, así como destaca “a súa labor para dinamizar a vida cultural e musical de todo o municipio”.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario