15 de dec. de 2021

SALVATERRA DE MIÑO

"MIÑO, DESTINO  NAVEGABLE": UN CORREDOR TURÍSTICO ÚNICO EN AUGAS DO MIÑO   

O proxecto, financiado con fondos POCTEP de  cooperación transfronteiriza, presentarase o venres en en Salvaterra de Miño   




Infogauda / Salvaterra de Miño 

 O embarcadoiro de Salvaterra de Miño acollerá este venres, 17 de decembro, ás 10  horas, a presentación do novo roteiro fluvial do Miño.   

 O novo roteiro  navegable - enmarcado no Programa INTERREG V-A, España-Portugal, financiado con fondos POCTEP (2014-2020) - Miño destino  navegable, dará a coñecer o diverso patrimonio natural, cultural e etnográfico dos catro municipios que integran este proxecto transfronteirizo (Tui, Salvaterra de Miño,  Monçao e  Valença do Minho) co río Miño como eixo  vertebrador.  

 O obxectivo principal deste proxecto, no que participan ademais a Axencia de Turismo de Galicia, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e Turismo Porto e Norte de Portugal, é situar o río Miño transfronteirizo, como un destino turístico de referencia, único e diferenciador, consecuencia da xestión sostible e integrada do destino transfronteirizo e da diversidade cultural e natural do val do Miño.   

 Estes roteiros fluviais non só poñerán en valor o río e as súas zonas de ribeira, tamén diversificarán a economía local e mellorarán a calidade ambiental da súa contorna. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario