O BNG anima a participar na manifestación convocada para este martes na Guarda en defensa da sanidade pública.
A manifestación, que está convocada polas plataformas en defensa da sanidade pública do Baixo Miño, terá lugar este martes día 21 ás 19:30h desde a Alameda da Guarda. O BNG anima a todo o Baixo Miño a participar da mesa.
Infogauda / O Baixo Miño
O Bloque Nacionalista Galego amosa o seu apoio á manifestación convocada polas plataformas en defensa da sanidade pública e anima á veciñanza do Baixo Miño a participar da mesma.
Desde o BNG consideran insostible a situación que padecen o servizos sanitarios de atención primaria na comarca, unha situación que ven sendo gravísima en todo o país e que no caso do Baixo Miño chegou a unha situación extrema. Por este motivo, desde a organización nacionalista considera imprescindible a contestación social con actos como a manifestación convocada para este martes na Guarda.
Ante a falta de solución por parte da Xunta de Galiza, que lonxe de tentar paliar esta situación insiste en recortar en medios e persoal na atención primaria, a ciudadanía vese na obriga de dar unha resposta nas rúas e reclamar uns servizos sanitarios públicos de calidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario