17 de dec. de 2021

LECER

“Merenda cos Bolechas” este Nadal   

A familia Bolechas estará 'en directo' todos os días coa cativada galega   




Teresa Rocamonde / Santiago de Compostela

 Desde o luns 20 de decembro e ata o día 7 de xaneiro, diariamente de luns a venres, Os Bolechas conectarán en directo (streaming) a través da canle oficial da Televisión de Galicia en YouTube para xogar, divertirse, aprender e celebrar estas festas de Nadal coas nenas e nenos de Galicia.  

 Cada día a familia Bolechas conectarase ás 17.00 horas, agás os días de Noiteboa (24 de decembro) e de Fin de Ano (31 de decembro) en que a conexión en directo será ás 12.00 h. As persoas que sigan o programa en directo poderán comunicarse cos Bolechas e ter unha interacción cos personaxes que participarán nesta nova serie audiovisual da Televisión de Galicia.  

 Braulio, Pili, Loli, Carlos, Sonia, Tatá e Chispa e o resto da parentela Bolechas (a nai, o pai, avós e avoas e ata Lusco e Fusco...) celebrarán este Nadal con todas as familias de Galicia xunto a outras persoas convidadas en cada capítulo que porán música, baile, diversión, maxia e unha chea de sorpresas nesta aventura audiovisual.   

 Unha nova proposta para conectar unha das familias máis queridas de Galicia coa cativada durante estas vacacións de Nadal. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario