16 de dec. de 2021

GOIÁN (TOMIÑO)

Cambio de lugar e horario do Concerto de Nadal a cargo da Agrupación Musical de Goián (Tomiño)

Será o vindeiro domingo (19 de decembro) ás 12.30h na praza de Goián, debaixo da carpa alí instalada




Infogauda / Goián (Tomiño)

 Debido á situación sanitaria que estamos vivindo e ao repunte da Covid-19, a Agrupación Musical de Goián vén de decidir, como medida de prevención, cambiar o lugar e o horario do Concerto de Nadal do domingo. 

 Será entón o vindeiro domingo, 19 de decembro, ás 12.30h na praza de Goián, debaixo da carpa alí instalada.

 Por mor desta circunstancia, tamén os horarios dos ensaios sufrirán algúns cambios, quedando deste xeito: 

 Venres, de 21 a 23 horas. E sábado, de 10.30 a 12.30 horas. 

 Prégase avisar á agrupación aquelas persoas que non poidan asistir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario