21 de dec. de 2021

A GUARDA

Á VECIÑANZA DO BAIXO MIÑO NON ACEPTA OS RECORTES NA SANIDADE PÚBLICA

· Persoas de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui e da comarca do Condado-Paradanta, participaron nunha manifestación en defensa da sanidade pública


Vista parcial das persoas que se concentraron na praza do Reló, diante do concello de A Guarda

Fotos: Santiago Baz Lomba


Infogauda / A Guarda

 Respondendo ás convocatorias das Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui, unha importante representación da veciñanza dos concellos do Baixo Miño e da comarca do Condado - Paradanta, acudiron á vila de A Guarda, para decir alto e claro, que á cidadanía non acepta a constante e sistemática estratexia de tentar finiquitar a atención primaria. 

 Os datos son tercos, e a xente non traga. A ninguén se lle escapa que a dotación de profisionais nos centros de saúde non é a que corresponde en cada concello, en consonancia co número de cartillas - como se vén decindo coloquialmente - que hai en cada localidade.

 Non vale, tampouco, que o conselleiro de Sanidade argumente que non hai médicos suficientes. O que hai é que ter vontade e determinación de dotar á atención primaria dos medios humanos e materiais axeitados para ofrecer á cidadanía unha sanidade de calidade. Iso é o que á veciñanza demanda. 

 E por iso, cando ás persoas comproban por sí mesmas como día tras día, a dotación de profesionais nos centros de saúde non é a que corresponde, chega un momento en que faise necesario decir basta. 

 E iso é o que este martes, centenares de persoas dixeron polas rúas de A Guarda.





 Desde á Alameda, pasando pola rúas Galicia, Concepción Arenal, Brasilino Álvarez, Joaquín Alonso, Ireira, praza de Juan Bautista Alonso Español e praza do Reló, mulleres e homes de todas as idades, corearon varias consignas reivindicativas en prol dunha mellor asistencia primaria e amosando críticas ao titular do Goberno galego.





 En todo caso, a manifestación transcorreu con total normalidade, sen rexistrarse ningún tipo de incidentes, e na praza do Reló foi lido un comunicado, no que foron expostos os datos que poñen negro sobre branco, os sucesivos recortes orzamentarios que o executivo galego vén aplicando desde o ano 2009 - en que Alberto Núñez Feijóo chegou á presidencia da Xunta de Galicia - ata a actualidade. E que se traducen no que todos sabemos e sufrimos na nosa propia pel. 

 A sanidade pública é un dereito, e é unha das tarefas que os nosos representantes políticos - neste caso á Xunta de Galicia - deben ter ben presente e dese xeito actuar en consecuencia. 

 Gañar unhas eleccións autonómicas e presumir, sacando peito, diante dos correlixionarios dese éxito político, conleva un compromiso permanente coa cidadanía. Desentenderse desa obriga, e un xeito de abandoar a quen os puxo onde están. Máis iso non vai durar in aeternum. É decir, para entendernos, non vai ser así sempre.

 Que tomen moi boa nota os dirixentes do partido maioritario - hoxe por hoxe - en Galicia. Torres máis grandes cairon. 

 A xente ten memoria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario