21 de dec. de 2021

OIA

Os Socialistas de Oia participaron na multitudinaria manifestación en defensa da Atención Primaria na Guarda 


Representantes da Agrupación Socialista de Oia participaron na multitudinaria manifestación en defensa da Atención Primaria celebrada na Guarda



Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia

 Este martes día 21 de decembro de 2021, representantes da Agrupación Municipal Socialista de Oia participaron na multitudinaria manifestación en defensa da Atención Primaria celebrada na Guarda. 

 Máis dun milleiro de persoas acudiron á convocatoria lanzada dende as diferentes Plataformas en defensa da Sanidade Pública da Comarca do Baixo Miño, respaldada tamén pola Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño. 

 Nesta manifestación participaron todas as Agrupacións Socialistas Municipais do Baixo Miño e representando ao Concello de Oia estivo presente Gerardo Rodríguez Refojos. 


De esq. á der.: Gerardo Rodríguez Refojos, portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia, e David Regades Fernández, secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra

 A manifestación acudiu tamén o secretario xeral dos Socialistas de Galicia, David Regades, manifestando unha vez máis o apoio do PSdG-PSOE á sanidade pública e de calidade. 

 A situación do Centro de Saúde de Oia continúa a ser moi precaria, dende o pasado día 1 de decembro os veciños e veciñas do Concello de Oia atópanse novamente cun só médico para atender a todos os pacientes que acoden ao Centro de Saúde e continúan sen servizo de pediatría, situación esta última que, arrastran dende marzo do ano 2020. 

 Dende o PSdeG-PSOE de Oia expresamos a nosa máis enérxica repulsa ante esta situación e pedimos aos responsables políticos, alcaldesa e ao Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, que se poña remedio a esta situación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario