Programación de actividades do concello de A Guarda
Con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero 2021 (25N)
Infogauda / A Guarda
O concello de A Guarda súmase ao Día Internacional contra a violencia de xénero cunha programación que arranca o 25 de novembro e que inclúe accións cos centros educativos da vila, espectáculos musicais, contacontos, charlas, teatro, entre outras actividades.
O xoves, 25 de novembro ás 20:00h o Centro Cultural acollerá o espectáculo O ben querer(se), por Aldaolado, onde as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada. Actividade financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade, da Xunta de Galicia, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
O sábado, 27 de novembro o Centro Cultural acollerá varias actividades a cargo de Cris de Caldas:
• Ás 17:00h contos en familia “A Igualdade como fío condutor”, da man de Cris de Caldas. Un espectáculo para crianzas de 1 a 5 anos. Contos con música, exposición de libros e conversa didáctica coas familias.
• Ás 18:30h arranca “Contos en lila”, dirixido a público familiar con contos para rir, emocionar e reflexionar sobre o mundo que queremos. Poñede as orellas para escoitar uns contos en lila, por unha sociedade máis xusta e igualitaria.
• Ás 20:30h terá lugar “Mulleres de conto”, una peza para público adulto, onde se fará un percorrido pola vida de mulleres anónimas que con intelixencia, retranca e pouco máis, pois nada tiñan, foron quen de vencer as inxustizas e saltar moitos dos obstáculos impostos.
Actividades financiadas Secretaría Xeral da Igualdade, da Xunta de Galicia, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
A inscrición para acudir a estes espectáculos pode facerse a través da plataforma www.eventbrite.es ou por vía telefónica no 986 614 648 ou presencialmente no Centro Cultural de A Guarda en horario de 17:00 a 20:00h.
Esta programación complétase coas seguintes accións :
• Colocación da pancarta no Concello por parte da Corporación Municipal, como símbolo de repulsa ante calquera manifestación da Violencia de Xénero
• Impartición de charlas de prevención da Violencia de Xénero, dirixida aos escolares da Guarda e do Rosal por parte da directora do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de A Guarda
• Entrega de exemplares do cómic “Amelia. Historia dunha loita” para a biblioteca dos centros de secundaria do Concello de A Guarda
• Colocación dun valado co deseño realizado polo alumnado de Plástica do IES A Sangriña como medida de concienciación entre a poboación máis nova
• Representación do espectáculo teatral pedagóxico Golpes, con Estíbaliz Veiga, que analiza o impacto da violencia de xénero e tenta concienciar á mocidade na súa prevención. Dirixido ao alumnado de 4º da ESO dos centros educativos de A Guarda.
Actividade financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade, da Xunta de Galicia, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
• Colaboración co IES a Sangriña na impartición dun obradoiro de novas masculinidades que se levará a cabo durante este curso escolar dirixido ao alumnado de 1º de Bacharelato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario