A petición da Asociación Avelaíña
O Concello de A Guarda aluméase de verde para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental
Infogauda / A Guarda
O 10 de outubro celébrase o Día Mundial da Saúde Mental, conmemoración que pretende sensibilizar e informar sobre a importancia do coidado da saúde mental e a defensa dos dereitos das persoas que teñen algún problema desta índole. Este ano, o tema elixido a nivel mundial para esta conmemoración é a saúde mental nun mundo desigual, chamando a atención sobre aqueles factores que impiden que o coidado da saúde mental poida chegar a todas as persoas en igualdade de condicións.
Co obxectivo de sensibilizar e informar á poboación sobre a enfermidade mental, o Concello de A Guarda súmase á campaña que leva a cabo a Asociación Avelaíña o longo do mes de outubro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario