16 de set. de 2021

OIA

I Torneo de Xadrez Concello de Oia 

O sábado día 25 de setembro, ás 15:30 horas, no adro da igrexa parroquial de Santa María de Oia  


Infogauda / Oia

 O próximo 25 de setembro desenvolverase a primeira edición do Torneo de Xadrez Concello de Oia, unha competición na que poderán participar xogadores e xogadoras das categorías  Sub-8, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e adultos.  

 A cita terá lugar no adro da igrexa parroquial de Santa María de Oia en horario de tarde. Así, ás 15.30h procederase á comprobación das listas e ás 16.00h comezará o torneo. En caso de choiva, trasladarase ao CEIP Mestre Manuel García.   

 A competición está organizada polo club de xadrez Albatros e conta coa colaboración do Concello de Oia. As inscricións poden realizarse a través da web www.xadrezalbatros.com (as prazas están limitadas a un máximo de 100 xogadores).   

 Para máis información, a organización pon a disposición o número de teléfono 649 889 884 (Miguel).

Ningún comentario:

Publicar un comentario