A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE TOMIÑO SOLICITA UNHA XUNTANZA DE TRABALLO CO CONSELLEIRO
Para poñer no seu coñecemento, de maneira directa, as eivas e deficiencias que afectan e danan gravemente o benestar e a saúde dos cidadáns tomiñeses.
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño presentou hoxe, no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, un escrito dirixido ó Conselleiro de Sanidade D. Julio García Comesaña, solicitando unha xuntanza de traballo coa Plataforma para poñer no seu coñecemento, de maneira directa, as eivas e deficiencias que afectan e danan gravemente o benestar e a saúde dos cidadáns tomiñeses. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño, manifesta que sería oportuno e lóxico acudir a esta cita coa información solicitada ao Concello de Tomiño sobre o estado e situación actual do Consultorio de Goián, pero ante o silencio incomprensible e mesmo inadmisible por parte do Goberno Municipal, optou por solicitar a reunión xa, pois o tempo corre na nosa contra.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño manifesta a súa intención de seguir traballando e loitando por unha Sanidade Pública de Calidade para todas e todos os tomiñeses.
Porque é o noso ben máis prezado e porque coa SANIDADE non se xoga!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario