O Concello lembra aos menores de 21 anos que poden viaxar gratuitamente en bus coa tarxeta Xente Nova
Os mozos e mozas poden tramitar a súa na oficina de Abanca de A Guarda ou de Tui
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal lembra aos menores de 21 anos que poden viaxar gratuitamente en bus coa tarxeta Xente Nova que poden solicitar a través da web bus.gal. Unha vez solicitada, os mozos e mozas poderán recollela nas oficinas de Abanca de A Guarda e de Tui. O concelleiro de Educación, Carlos Villanueva, anima aos menores a aproveitar este servizo que ten ata 60 viaxes interurbanos gratuítos, entre eles, o da liña de bus que une as parroquias co instituto.
Para poder utilizar a Tarxeta Xente Nova, unha vez obtida, é necesario ter suficiente saldo, polo que os mozos e mozas terán que cargar inicialmente o importe das viaxes que teñan previstas. Pódese facer nos caixeiros de Abanca ou nas oficinas habilitadas para expedila. A recarga pódese facer tanto con efectivo como cunha tarxeta de débito. Ademais, tamén pode ser recargada co móbil ou cun computador na Banca Móbil e/ou Banca Electrónica de Abanca. Despois bastará con introducila en calquera caixeiro Abanca para que a carga fágase efectiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario