16 de set. de 2021

DEPORTES

Campaña nov@s xogador@s



Clube A Guarda Hockey Liña

 Dende o Clube A Guarda Hockey Liña queremos anunciar a todos os veciños e veciñas da Guarda e arredores que en vindeiras datas voltaremos os adestramentos coa vista posta na tempada 21/22. 

 Asimesmo queremos informar de que andamos na procura de xogadores e xogadoras de todas as idades para ir facendo adestramentos con varios grupos de iniciación ó hockey liña. Animamos a todos aqueles e aquelas que teñan curiosidade e desexen probar o noso espectacular deporte se poñan en contacto, ben a través das nosas redes sociais: buscando na lupa A Guarda Hockey Liña ou ben a través do número 653 222 754.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario