16 de set. de 2021

A GUARDA

O BNG chama a asistir á mobilización contra a estafa da luz convocada pola CIG este domingo 

O BNG chama a asistir á mobilización contra a estafa da luz convocada pola Confederación Intersindical Galega o vindeiro domingo día 19 de setembro ás 12 horas na Guarda, na Praza Avelino Vicente (Ás de Copas).

 

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, con membros do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionlista Galego, na data de presentación das sinaturas no rexistro da Xunta

 

BNG / A Guarda

 A CIG convoca mobilizacións na Guarda para este 19 de setembro ás 12 horas na Praza Avelino Vicente (Ás de Copas), baixo o lema “NON Á ESTAFA DA LUZ, Recuperación das Centrais Hidroeléctricas, Tarifa Eléctrica Galega”. O BNG chama a asistir ás mobilizacións e adianta que continuará na comarca coa campaña iniciada a comezos deste verán perante a escandalosa suba do recibo da luz. 

 Esta campaña levará, de novo, mesas de recollida de sinaturas a todas as localidades do Baixo Miño en favor dunha tarifa eléctrica galega. Após entregar o 21 de xullo 23.610 sinaturas no rexistro da Xunta, o BNG entende que aínda queda moita indignación que canalizar en forma de sinaturas sabendo das últimas e imparables subidas.  

 Desde a organización nacionalista afirman que “a mobilización é máis necesaria que nunca nomeadamente após o voto en contra do Partido Popular e Partido Socialista na proposta do BNG para baixar a factura da luz”.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario